O Bm. Camariñas consegue un histórico ascenso a 1ª Estatal

Culminou a gran temporada o Bm. Camariñas co ascenso á 1ª Estatal. O cadro conserveiro acodía, aupado pola súa incombustible afección, a Aranda de Duero, a disputar a Fase de Ascenso á 1ª Estatal. E non fallou, sumou dúas vitorias nos dous primeiros partidos que xa os colocaban en 1ª. O último choque, co cadro local do Aranda, foi unha completa festa, cos dous equipos ascendidos, rematando nun empate que deixa ademais ao Conservas Boya líderes do grupo.

Culmina así unha temporada inmellorbale, despois de gañar a Liga regular de 1ª Autonómica, e quedar ás portas do doblete coa Copa. Pero o de onta foi un premio máximo, e para o ano teremos de novo derbi co Calvo Xiria.


Resultados da Fase de Ascenso disputado en Aranda de Duero

  • Bm. Camariñas - Puerto del Carmen (29-26).
  • Bm. Camariñas - Torrelavega (27.24).
  • Bm. Aranda Duero - Bm. Camariñas (31-31).

Crónicas da temporada

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).