Luns. 06.05.2024
El tiempo

O balonmán carballés pon un pé no Campionato de España

O balonmán carballés pon un pé no Campionato de España
O Laber Xiria ao Campionato de Espana

A boa nova do balonmán costeiro desta semana protagonízaa o equipo Laber Xiria que onte acadou o subcampionato galego e polo tanto conseguíu clasificarse para disputar o Campionato de España da categoría xuvenil. Quedaban dous partidos de liga para conseguir o obxectivo, pero os xogadores do Laber Xiria non quixeron esperar ao partido aprazado en Vigo e conseguiron o billete para o campionato de España este Domingo ante a súa afección e contra un combativo BM.Porriño.

Polo demais, o Bm. Camariñas caía no Grove, nunha derrota merecida pois o cadro conserveiro estivo moi “fallón”. Un serio tropezo, que fai perder a vantaxe na clasificación, deixando todo para este fin de semana con dobre xornada en Camariñas.

En categoría feminina, malas novas. Nova derrota do Encaixe na cancha do Bueu onde as de Camariñas, unha semana máis, vense resentidas polas lesión ( Sara Carril, Cristina Barreiro, Aida, Laura…). Ademais, o Goldie Xiria viuse superado na súa visita a Tui, nun puido aguantar as investidas do seu rival e non materializou as ocasións no ataque.

1ª División Autonómica, xornada 22

  • Resultado: Bm. Rasoeiro - Bm. Camariñas (29-24)
  • Bm. Camariñas: Bruno (p), Víctor (p), Alan (2), Fary (5), Eusebio, Jaime, Checho, Quin (2), Damián, Catalán (7), Héctor, Perón (1), Antelo (3) e Xabi (4).

8 tiros ao poste e 5 penaltis fallados, din claramente o sucedido no partido. Un Rasoeiro que en casa é forte levou o ritmo do partido e soamente deixou achegarse ao Aboiar a dous goles no minuto 45, logo dun primeiro tempo para esquecer onde os de Camariñas non foron capaces de marcar en 12 minutos, entre o minuto 15 e o 27.

O venres contra o Teucro (partido aprazado por mal estado da pista) e o sábado contra o Culleredo. O Pabellón ou Areal de Camariñas será testemuña das posibilidades do equipo onde nun fin de semana vibrante diranos cales son as nosas opcións. Esperan que se encha o pabellón para estes dous partidos.


1ª División Galega Feminina – 2ª Fase – Grupo 1 polo título

  • Resultado: Bueu At. - 27 - Bm. Camariñas (27-21).
  • BM. ENCAIXE: Sara e Gloria (gardaredes), María (4), Cristina Barreiro (2), Andrea, Aida (1), Nerea, Verónica (2), Cristina Caamaño (3), Laura Rodriguez (7), Tinita e Cristina Sande (3).

Non comezaba ben o encontro onde o ataque do Camariñas non atopaba o gol. Gracias a diversas paradas de Sara o marcador non se disparou permitindo a éstas na segunda parte seguir loitando e acortando distancias. As pontevedresas atopaban claras situacións en ataque. Pola contra, un número elevado de erros no pase e toma de decisión fronte a portería rival carácterizaron o xogo das palilleiras.
Destacar o xogo da pivote Verónica e a actuación da gardaredes Sara. O Encaixe baixa un posto na clasificación e pasa o 5º lugar por debaixo do Rasoeiro, enfrentándose a vindeira fin de semana o 3º clasificado, Sar de Redondela. A vitoria deste encontro permitiría o Camariñas loitar por esa cuarta plaza na 1º Autonómica Feminina.

1ª División Galega Feminina – 2ª Fase – Grupo 2 polo título

  • Resultado: Balonmán Tui - Goldie Xiria (30-18)
  • Marcador cada 5 min: /1-1/ /4-3/ /9-4/ /12-5/ /14-7/ /18-8/ /18-10/ /20-12/ /21-13/ /23-15/ /25-17/ /30-18/.
  • Goldie Xiria: Aida Cangas (porteira) Jessica Posse 5, María Gómez, Adriana Gómez, Zeltia Landeira, Natalia Solis 1, Tamara Pombo 2, Patricia García, Juana Garrochena 9, Lucía Vilariño 1 e Sheila Ferreiro.

Comezou o encontro con intensidade nas dúas defensas, pero a diferenza de acerto de cara a portería foi marcando o transcurso do marcador, o Goldie perdoaba e o Tui aproveitaba cada perda de balón para distanciarse.
Na segunda metade o Xiria saíu moito máis metido no encontro, cun parcial de 0 a 4, pero as lanzadoras en especial os extremos non tiñan o día diante da porteira do Tui, o que transmitía presas por finalizar e continuas perdas do balón en ataque.
Tampouco a labor arbitral axudou as carballesas, moi castigadas por la tolerancia arbitral ante a dura defensa do balonmán Tui.


Xuvenil Masculino, División de Honra

  • Resultado: Bm. Porriño - Laber Xiria (22-29).
  • LABER XIRIA: (13+16). Dani Buño, Iván Campos (7), Gabriel Castiñeiras (4), Diego Gago, Lolo (3), José Pereira (2), Iván Calvo (6)-Equipo Inicial- Antonio Mato, Andrés Barca, Damián Rodríguez (2), Alex Figueroa, Borja González (1), Borja Rodríguez (1), Dani García (3), Tito, Digo Morandeira.

Os carballeses, que fixeron un encontro moi serio, tomaron a dianteira no electrónico desde o inicio e xa non a deixaron, aínda que non foi até o segundo acto cando puxeron terra polo medio e ampliaron a diferenza a unha cómoda vantaxe que posibilitou un final tranquilo. A intensidade e solidariedade defensiva que impuxeron os de Xiria desde o primeiro momento, foi clave no transcorrer do envite, así como a velocidade no contragolpe. Isto permitiu que, a pesar de ter algún momento de incerteza ao longo do sesenta minutos, os verdinegros non pasasen maiores apuros ante o seu rival.

O BM.Porriño, un dignísimo rival, estivo a un gran nivel competitivo e tan só sucumbiu na continuación despois de chegar ao tempo de descanso cun axustado 13-11. Os bergantiñáns eran capaces de manter e mesmo incrementar o altísimo ritmo que expuxeran desde o primeiro minuto e os visitantes chegaban ao último tramo coas forzas máis que xustas. Un parcial de 6-2 no primeiros quince minutos da segunda parte, abría o camiño de forma definitiva cara ao obxectivo final e os seareiros locais estalaban nunha gran algarabía co asubío que anunciaba a conclusión do choque. O soño conseguiuse, o obxectivo estaba cumprido e o equipo poderá viaxar a semana que vén até Vigo para enfrontarse ao Octavio nun partido intranscendente cara á clasificación, xa que o billete cara ao campionato de España, queda en Carballo.

Aquí vemos ao capitán:


Máis información

Os calendarios das competicións senior xa están colgados da páxina web da Federación Galega de Balonmán.

Crónicas da temporada

Fonte

Comentarios