Luns. 06.05.2024
El tiempo

O Bm. Camariñas deu un paso clave cara o título e espera 6 finais

O Bm. Camariñas deu un paso clave cara o título e espera 6 finais

Un paso moi importante para achegarse a un título moi disputado o que pegou esta pasada fin de semana o Bm. Camariñas ca vitoria ante o Porriño. 2 puntos cos que mantén o liderato cun punto máis, e un partido menos, que o Viña Costeira.
Quedan agora 6 partidos de infarto, para terminar unha das ligas máis disputadas dos últimos anos, 4 puntos separan ao primeiro do cuarto clasificado, aínda que o cadro conserveiro ten un partido menos, xa que ten que xogar contra o Teucro un partido aprazado polo mal estado do campo. O favorito é claramente o conxunto camariñán, pero non pode fiarse xa que os perseguidores veñen pegando moi duro. O Golaverage particular gáñao co Viña e o Porriño, e pérdeo co Pontedeume. Ata o 19 de abril queda todo por decidir.

Mentres, o Calvo Xiria sumou dous puntos no derbi provincial co Ártabro Novo Mesoiro e segue nos postos altos da táboa.

Ademais, na 2ª Fase polo título da categoría feminina da Liga Galega, doble vitoria costeira. As encaixeiras caían e quedan 4ª, con 5 puntos, a 5 do líder, o SAR, e a 4 das do Carballal e Porrriño. Ademais, o Goldie Xiria resolveu o seu compromiso diante do Pabellón Ourense, e afianzada na 2ª praza, empatadas co líder, o Cangas, espera os encontros máis decisivos, como o da próxima semana en Tui, ante o terceiro clasificado.

1ª División Autonómica, xornada 21

Escudo do Balonmán Camariñas
  • Resultado: Bm. Camariñas - Bm. Porriño (23-21).
  • Bm. Camarilas: Bruno (p), Víctor (p), Alan (2), Fary (8), Eusebio, Jaime, Checho, Quin (5), Damián, Catalán (3), Héctor, Perón (4), Antelo e Xabi (1).

O partido contra o Porriño foi un choque de defensas, quizais xunto coa de Orense, as mais fortes da liga, o partido se decantó para o lado camariñán porque soubo facer valer a súa mellor transición defensa ataque, chegou a ter 5 goles de vantaxe a 8 minutos do final, pero desta vez soubo manter o resultado, ao contrario do que pasara en Porriño, que esa mesma vantaxe perdeuna nos cinco minutos finais.
Quedan 6 finais e o próximo fin de semana viaxa o equipo a O Grove.

1ª División Estatal

  • Resultado: Calvo Xiria - Ártabro Novo Mesoiro (32-20).
  • Marcador cada cinco minutos: 3-0, 5-2, 7-5, 10-7, 13-10, 16-11, descanso, 17-12, 19-15, 21-16, 25-19, 27-19, 32-20.
  • CALVO XIRIA 32 (16 + 16): Alejandro Naya [p], Martín Gómez [p], José L. Fraga [p], Carlos A. Lema, Javier Rodríguez (3), Martín Alfeirán (4), Brais Puñal, Manuel Méndez (5), Jorge Bouzas, Alejandro Calvete (2), Pablo Iglesias (7), Sergio Facal (7), Gonzalo Pombo, Julián López (3), Mario García de Seárez, Iván Campos (1).
Partido disputado no Pavillón Vila de Noia ante uns 200 seareiros. Controlou os sesenta minutos de derbi provincial o Calvo Xiria, mais tardou demasiado en poñerse serio no derbi provincial que o enfrontou ao Bm. Ártabro. Moitos minutos xogados sen demasiada intensidade se reflectían en que no minuto corenta o conxunto coruñés estivese a so catro goles no electrónico, motivado polo pouco traballo que os xogadores carballeses plasmaban no parqué do Vila de Noia. Mais todo trocou tras un tempo morto a falta de vinte minutos, o parcial a partir de ese intre: 13-5. Unha mágoa que non mantivese esa concentración ao longo dos sesenta minutos, nun partido que tivo moi pouca historia.

1ª División Galega Feminina - 2ª Fase - Grupo 1 polo título

  • Resultado: Bm. Camariñas - Rasoeiro Bm (21-28)
  • BM Camariñas: Oanes (2), Barreiro (3), Aida, Sara carril (4), Nerea (1), Vero (2), Sara, Sande, Caamaño (1), Laura (6), Ogando (2), Cris Blanco, Gloria.

Nova vitoria das encaixeras ante o Rasoeiro, que as mantén na metade da táboa. Dende o comezo de o encontro as xogadoras camariñanas non se sentiron cómodas na cancha. A pesares desto foron capaces de encontrar solucións cara o gol pero a gardaredes visitante impedía que as palilleiras anotaran. Aínda asi o partido chegou o descanso por un resultado axustado.

Na segunda parte poucos cambios se produciron no xogo, as xogadoras non deron encontrado o camiño do gol o cal impediu sacar un resultado favorable. O partido non foi fácil po Camariñas polos contratempos de Aida, Laura e finalmente o de Sara Carril que no minuto 10 da segunda parte lesionouse o xeonllo. A xogadora esta a espera da valoración médica para saber o alcance desta. A pesares deste contratempo o equipo dou a cara durante todo o encontro, tendo as menos habituais minutos para disputar o partido.

1ª División Galega Feminina - 2ª Fase - Grupo 1 polo título

  • Resultado: Goldie Xiria - Pabellón Ourense (26-17)
  • Marcador cada 5 min:/3-1/ /6-2/ /9-5/ /9-6/ /10-7/ /12-8/ /14-11/ /15-13/ /20-15/ /21-15/ /24-16/ /26-17/.
  • Goldie Xiria 26 (12): Brenda Noya e Aida Cangas (porteiras) Jessica Posse 9, María Gómez 1, Adriana Gómez 1, Angela Pena 1, Zeltia Landeira 1, Natalia Solis, Patricia García 1, Juana Garrochena 10, Lucía Vilariño 1 e Sheila Ferreiro 1.

Saía o Xiria con moitas baixas, e custándolle meterse no encontro, si ben, sempre dominando no marcador. Deixáronse pasar moitas ocasións craras ao contraataque o que permitía ao Pabellón estar no encontro.
Na segunda metade o Xiria, volveu a empezar con dúbidas, apremou en defensa e conseguiu unha renda tranquilizadora no marcador, chegándose con ese 26 a 17 final.


Máis información

Os calendarios das competicións senior xa están colgados da páxina web da Federación Galega de Balonmán.

Crónicas da temporada

Fonte

Comentarios