Luns. 06.05.2024
El tiempo

Balonmán: Dous equipos líderes e dous ben colocados

Balonmán: Dous equipos líderes e dous ben colocados
Imaxe do Goldie Xiria

Xornada completa para o balonmán costeiro. Comezando por un Balonmán Camariñas que xogou dous partidos, con resultados dispares. O sábado gañaba na casa e vencía ao Lavadores, pero o domingo caía en Pontedeume nun choque aprazado. Uns resultados que deixan aos camariñáns aínda no liderato da 1ª Autonómica, cun punto de vantaxe sobre o Bm. Porriño.

Mentres, na 1ª Estatal, o Calvo Xiria vivíu un partido de infarto e trouxo de volta os 2 puntos de Bueu cun gol no último segundo. 2 puntos que unidos aos resultados da xornada o deixan a 4 puntos do 2º posto.

En féminas, as mozas do Encaixe caían ante o SAR quedando na 4ª praza do seu Grupo. Mentres, o Goldie Xiria sufría unha dura derrota en Lalín. Unha derrota que non lle impide seguir líder do Grupo.

1ª Autonónomica, xornada 19

  • Resultado: Bm. Camariñas - Lavadores Las Cinco Jotas (35-25).
  • BM CAMARIÑAS: Bruno (p), Víctor (p), Alan (6), Fary (2), Jaime, Eusebio (2), Héctor (1), Quin (3), Catalán (5), Antelo (1), Damián (1), Fabio, Perón (7), Antelo (1) e Xabi (7).

Houbo que esperar ao 2º tempo para distanciarse no marcador. Un primeiro tempo moi igualado, propiciado polas facilidades defensivas que daba o equipo local, pois recibiu 17 goles na primeira metade, algo inédito para a defensa camariñana. Logo nun arranque espectacular fíxose cun partido, que ao cabo resultou fácil.

1ª Autonónomica, xornada 16 (aprazado)

Comentarios