Martes. 07.05.2024
El tiempo

O Bm. Camariñas asalto o liderato

O Bm. Camariñas asalto o liderato
Equipo do Bm Camariñas

Cheo no pabellón de Camariñas, desde a fase de ascenso pasada non se volveu a ver un ambiente tan animado nas gradas de "O Areal”. I é que era un choque pola loita do liderato. Enfrontábanse o Viña Costeira, líder cun partido máis, e o Conservas Boya, que chegaba 2º clasificado, aínda que cun partido menos. Resolveuse o partido merecidamente a favor do Camariñas, e co golaverage ao seu favor, xa que se gañou en Rivadavia e en Camariñas.

Mentres, en 1ª Estatal, iniciou a segunda volta o Calvo Xiria ante o Poio Artai, pechacancelas da categoría, nun partido dominado dende o inicio por partes dos carballeses.

En categoría Feminina, o Encaixe e Goldie Xiria preparan o derbi desta vindeira semana cunha vitoria camariñá e unha derrota carballesa.

1ª Autonónomica, xornada 9

  • Resultado: Bm Camariñas Conservas Boya – Viña Costeira Sar (34-26)
  • BM CAMARIÑAS: Víctor (p), Alan (3), Fary (6), Eusebio, Jaime, Checho, Quin (3), Damián (1), Fabio, Catalán (6), Héctor, Perón (5), Antelo (7) e Xabi (3).

Empezou mandando no marcador o equipo visitante, que chegou a ir 4 goles por encima, pero aos poucos a rapidez do Aboiar foise impoñendo aos do Ribeiro, equipo moi experimentado, pero que non puido aguantar o forte ritmo imposto polos locais, que aos poucos foron afogando aos rivais ata impoñerse por unha merecida diferenza de 7 goles. Merece destacarse a boa formulación técnica local, onde todos os que xogaron cumpriron co guión establecido, e por parte do Viña Costeira destacar á súa figura Celso Sotelo, que con 12 goles foi o mácimo goleador do encontro.

O vindeiro domingo, aproveitando que lle toca ao Camariñas xornada de descanso, desprazarase a Vigo para xogar contra o Chapela o partido que tiña aprazado da primeira volta.

1ª División Estatal, xornada 15

  • Resultado: Calvo Xiria - Poio Artai (31-23).
  • CALVO XIRIA 31 (16+15): Alejandro Naya [p], José L. Fraga [p], Martín Gómez [p], Carlos A. Lema (2), Javier Rodríguez (3), Martín Alfeirán (4), Brais Puñal (7), Manuel Méndez, Jorge Bouzas (2), Alejandro Calvete (2), Pablo Iglesias (3), Sergio Facal (2), Gonzalo Pombo (2), Julián López (1), Iván Campos (2), Mario García (1).

Dez minutos de intensidade defensiva en cada parte foron suficientes para que os locais puidesen levar os puntos en disputa, e cando a defensa baixou un pouco a súa intensidade, a velocidade nas transicións ofensivas propiciou moitas opcións de lanzamentos dende os seis metros impedindo deste xeito a reacción dos pontevedreses. Xogaron os verdibrancos nos día de hoxe gardando forzas para as vindeiras xornadas, que de seguro vanlle facer moita falta nun ciclo de tres partidos moi complicados nas vindeiras xornadas.

1ª División Galega Feminina

Bm Encaixe Boya
  • Resultado: Campus Aurea - Encaixe Camariñas Conservas Boya (13-30).
  • BALONMÁN ENCAIXE BOYA: Miriam (gardaredes), Laura (7), Sara Carril (12), Cris Barreiro (2), Nerea, María (3), Andrea, Alicia O., Aida (6), Tinita e Alicia Rodriguez.

Primero encontro do 2015 para o Encaixe que viaxaba a Ourense a sabendas de que non estaba nada en xogo. O desenlace presentábase favorable para as Camariñanas debido os resultados acadados con anterioridade. Unha defensa moi presionante provocaba perdas de balón das Ourensás que aproveitaban as do Encaixe para ampliar o marcador.

A vindeira xornada, ainda que sin importancia na clasificación, pretende ser un encontro igualado xa que o Encaixe enfréntase o Goldie Xiria nun derbi no que esperamos que ambos equipos nos fagan disfrutar deste deporte. A pesares do resultado o Encaixe está clasificado para a segunda fase na loita polo título.

1ª División Galega Feminina

As mozas do Goldie Xiria-Foto-Nuria Cancela
  • Resultado: Goldie Xiria - S.D. Teucro (19-24).
  • Parcial ao descanso: (11-14).
  • Goldie Xiria 19 (11): Brenda Noya e Aida Cangas (porteiras) Tamara Pombo, Jessica Posse 8, Sara Pombo 1, María Gómez 1, Juana Garrochena 2, Cristina Gende, Adriana Gómez 2, Patricia García, Marta Regueira 1, Zeltia Landeira 3, Natalia solís 1, Angela Pena e Sheila Ferreiro.

O pouco acerto cara a portería contraria, con tan so 19 goles, nun partido decisivo foi determinante para que o Goldie non puidese facer fronte ante un rival moito máis entoado e que dominou o encontro dende o inicio.
Dende o inicio o Xiria intentou imprimir ritmo ao ataque, subindo rápidas transicións e dándolle velocidade ao balón, pero as xogadoras non eran capaces de materializar as ocasións, unhas por desacerto e outras por paradas da porteira. O rival, si que convertía os seus ataques, polo que as locais arriscaron cunha defensa mixta sobre dúas das súas rivais. Recuperáronse moitos balóns, pero a ineficacia cara a portería contraria lastraba no marcador ao equipo, que caía no descanso por 11 a 14.

A segunda metade seguiu de xeito semellante, o Goldie era quen de aguantar o ataque do Teucro, pero víase incapaz de resolver ante o gol. Chegouse nesta segunda metade a meterse na loita polo triunfo, pero os minutos pasaban e as forzas foron cedendo no tramo final ata ese 19 a 24 para as pontevedresas, que deste xeito métense no Grupo polo ascenso e relegan ao Xiria ao outro grupo.


Máis información

Os calendarios das competicións senior xa están colgados da páxina web da Federación Galega de Balonmán.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios