Luns. 06.05.2024
El tiempo

O Bm. Camariñas levou o derbi co Goldie Xiria

O Bm. Camariñas levou o derbi co Goldie Xiria
O Goldie Xiria non puido co Bm Encaixe Camarinas

O partidazo da xornada de balonmán costeiro era o derbi conserveiro en categoría feminina. O partido celebrado o domingo a mañá no Municipal de Camariñas deparou unha clara vitoria das locais, que, en todo, non se xogaban nada.

Mentres, o Bm. Camariñas afianza o liderato trasla ampla vitoria en Chapela no partido aprazado da xornada 12 e mantén 1 punto de vantaxe sobre o Viña Costeira, tendo un partido menos. Agora chega un treito complicado ante grandes rivais nos que o equipo conserveiro necesita todo o apoio da súa afección.
Tamén acadou dous puntos o Calvo Xiria que unidos ao empate do Chapela en Bueu deixa aos carballeses momentaneamente na 3ª praza da liga, a tan so dous do segundo posto que ten nas súas mans o Seis do Nadal.

1ª División Galega Feminina

  • Resultado: Encaixe Camariñas - Goldie Xiria (28-18)
  • BM CAMARIÑAS (28): Nerea e Miriam (gardametas), Laura (3), Cris Barreiro (2), Aida(5), Karina (3), Sara Carril (4), Maria ( 5), Cristina Sande (2), Tinita, Andrea, Cristina Caamaño, Verónica e Alicia O. (3).
  • GOLDIE XIRIA (18): Juana (4), Maria (1), Sara (1), Aida, Adriana, Tamara, Jesica (4), Natalia, Brenda, Ángela, Patricia, Marta, Sheila 4 Zeltia (6).
  • Marcador cada 5 min .: /5-1/ /6-4/ /8-6/ /10-9/ /12-10/ /12-10/ (descanso) /14-11/ /18-12/ /19-13/ /21-15/ /25-15/ /28-18/

Non se xogaban nada os equipos, pero un “derbi” sempre ten a emoción e a intensidade engadida nas xogadoras. O choque deparou unha contundente vitoria do Encaixe fronte ao Goldie Xiria. A posta en escena das camariñanas foi visible xa nos primeiros minutos do encontro cun parcial de 5-1 onde o adestrador carballés solicitaba un tempo morto para solucionar problemas ofensivos, pero as do Encaixe, coas ideas tácticas moi claras, non permitiron ó Xiria adiantarse no marcador. O Camariñas saía moito máis metido, cunha defensa aberta sobre do ataque do rival, recuperando balóns e cobrando unha primeira vantaxe de 5 a 1. O Goldie adaptou o seu ataque con máis mobilidade das súas xogadoras e baixou en defensa a un 6:0, ao cal imprimiu maior intensidade de saída, o que equilibrou o encontro, chegando a empatar a 10 goles ao borde do descanso.

Na segunda metade as perdas de balón do Xiria, unido a efectividade goleadora do Camariñas, decantaban o encontro cun claro marcador para as locais. O Goldie veuse abaixo con ataques precipitados e excesivos desaxustes defensivos. Notáronse as ausencias nos cambios e na dosificación das xogadoras de primeira liña.

A gran actuación da gardameta local Nerea, confirma a versatilidade deste equipo que afronta a segunda fase con obxetivos e con optimismo.

1ª Autonónomica, xornada 12

  • Resultado: Bm. Chapela - Bm Camariñas Conservas Boya (23-37)
  • BM CAMARIÑAS: Víctor (p), Bruno (p), Alan (4), Fary (7), Eusebio (5), Checho (3), Quin (3), Damián, Fabio (1), Catalán (7), Héctor, Perón (3), Antelo (2) e Xabi (2).

Un partido fácil antes das próximas finais que lle esperan na etapa reina dos pirineos no mes de febreiro. I é que a próxima fin de semana visítase Pontedeume (un dos candidatos ao título), o seguinte visita o Arela un reforzado P. Ourense, equipo que presume de ser a mellor defensa do campionato, e á siguente semana visitamos ao sempre dificil e complicado Seis do Nadal, para daquela o 7 de marzo recibir ao Porriño, rival directo na loita polo título, e onde o Camariñas perdeu o seu único partido.

O partido aprazado do Chapela non tivo apenas historia, o rodillo camariñan foise impoñendo aos poucos durante os primeiros 30 minutos que dobrou de forma significativa ao seu rival no marcador ao final do primeiro tempo, para logo dar minutos aos menos habituais. O bo ambiente do vestuario, compañerismo e solidariedade, fai que todos os xogadores síntanse partícipes do bo momento de xogo que atravesa o conxunto conservero, que co apoio incondicional da afección mantense de líder unha semana máis. Todos a Pontedeume para apoiar ao equipo a próxima fin de semana

1ª División Estatal, xornada 15

  • Resultado: Bm. Lalín - Calvo Xiria (25-37)
  • CALVO XIRIA 37 (18 + 19): Alejandro Naya [p], Martín Gómez [p], José L. Fraga [p], Carlos A. Lema (4), Javier Rodríguez (1), Martín Alfeirán (2), Brais Puñal (3), Manuel Méndez (5), Jorge Bouzas (2), Alejandro Calvete (2), Pablo Iglesias (9), Sergio Facal (4), Gonzalo Pombo (4), Mario García de Seárez, Iván Campos (1).

Saíu dende o asubío inicial o Calvo Xiria co obxectivo de levar a iniciativa no xogo e, por suposto, no electrónico para encauzar o partido o antes posible e evitar que un Lalín sempre perigoso na súa casa se metera no partido. Moita seriedade na defensa e unha serie inicial de oito lanzamentos sen erro, permitiron acadar unha diferenza de cinco goles rapidamente, que non só se mantivo senón que foi ampliándose co paso dos minutos. Mais non deu o brazo a torcer tan facilmente o conxunto do Deza, e aproveitando no inicio do segundo tempo unha superioridade 4 contra 6 foi quen de se achegar ate os tres goles. Pero de novo ca igualdade numérica impuxo o Xiria unha velocidade de xogo que non puideron seguir os locais. Nin as diferentes defensas propostas polo Lalín puideron variar o rumbo do encontro, xa que os carballeses souberon rompelas a través do seu xogo colectivo, tanto foi así que dos doce xogadores de campo once conseguiron materializar algún gol.

Agora toca traballar moito durante a semana para os carballeses xa que o vindeiro sábado enfrontarase ao Atl. Novás, rival que lle infrinxiu unha dolorosa derrota na primeira volta, 34 – 17, da que de seguro non se esqueceron os carballeses e que fará que poñan todo o seu empeño en devolverlle a moeda aos rosaleiros.

Máis información

Os calendarios das competicións senior xa están colgados da páxina web da Federación Galega de Balonmán.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios