Luns. 06.05.2024
El tiempo

O Calvo Xiria mantense na pelexa pola 2ª praza mentres o Goldie cede o liderato

O Calvo Xiria mantense na pelexa pola 2ª praza mentres o Goldie cede o liderato
O Goldie Xiria cede o liderato

Viña marcada a xornada pola suspensión do choque da categoría Sénior entre o BM Camariñas Conservas Boya e Teucro.

Os que si xogaron, e sumaron dous puntos importantísimos, foron os do Calvo Xiria, que seguen pelexando pola 2ª praza da 1ª División.

En categoría feminina, o Bm. Encaixe caía ante o Caselas, pero a pesar da boa pelexa das conserveiras non lles servíu para seguir subindo postos.
Tampouco tivo sorte o Goldie Xiria. Foi de menos a máis o equipo carballés nun duelo igualado onde se xogaban o primeiro posto do Grupo diante do Balonmán Cangas. Pero acabou caendo e con esta derrota o Goldie cede a primeira posición ao seu rival, pero terá unha nova oportunidade cando visite as terras do Morrazo.

1ª División Estatal, xornada 16

  • Resultado: Bm. Pontevedra - Calvo Xiria (26-29)
  • Marcador cada cinco minutos: 2-2, 4-6, 5-8, 7-8, 11-10, 13-13 descanso, 14-15, 14-19, 15-22, 19-25, 22-27, 26-29.
  • CALVO XIRIA: Alejandro Naya [p], Martín Gómez [p], José L. Fraga [p], Carlos A. Lema (2), Javier Rodríguez, Martín Alfeirán (3), Brais Puñal, Manuel Méndez (3), Jorge Bouzas (7), Alejandro Calvete (2), Pablo Iglesias (6), Sergio Facal (2), Gonzalo Pombo (4), Julián López, Mario García de Seárez.

Acadou a vitoria o Calvo Xiria no partido ante o Bm. Pontevedra disputado este domingo en Pontevedra. Dous puntos que lle permiten seguir na carreira polo ansiado segundo posto, na que están inmersos cinco equipos. O partido comezou ben para os intereses carballeses, que entre a fluidez en ataque que xeraba moi boas situacións de lanzamento e unha defensa que se impoñía ao ataque pontevedrés obtiña unha vantaxe no marcador de catro goles.

Pero unha troco no sistema defensivo local rompeu o ritmo ofensivo do Xiria, e viu coma o seu rival foi quen de se por enriba aproveitando catro minutos de superioridade numérica. Mais o paso polo vestiario serviu para ordenar as ideas e cun parcial de 1-0 o Calvo Xiria rompeu o partido e tivo uns quince minutos finais cómodos, permitíndose baixar o seu ritmo, o que aproveitou o Vitaldent para maquillar o marcador.


1ª División Galega Feminina

Comentarios