Luns. 06.05.2024
El tiempo

A Festa do Balonmán encheu Camariñas

A Festa do Balonmán encheu Camariñas
Presentacion dos equipos do Bm Camarinas

Nova xornada de balonmán costeiro, pero esta foi especial por Camariñas. I é que tiña lugar a festa do balonmán no Concello de Camariñas coa presentación dos equipos de balonmán da localidade. Tivo lugar a presentación de todas as categorías do club conserveiro, dened os prebenxamín ata os sénior masculino e feminino.

E precisamente xogaron os maiores, cunha boa vitoria do camariláns ante o Grove, que lles permite manter o liderato a tiro.
E doble boa nova para a familia feminina, pois ademais da contundente vitoria na xornada, volveron celebrar a convocatoria para disputar o Torneo de Cambados ca Selección Galega das xogadoras Sara Carril Rey (xuvenil) e Minia Calvo Canosa (cadete).

Presentacion dos equipos base do Bm Camarinas

Pola súa banda, polo norte, o Calvo caía na casa ante o Cisne, mentres o Goldie Xiria facíase coa vitoria ante un Balonmán Lavadores que amosou en Carballo moitas dificultades de cara a portería contraria. Tampouco tivo o seu día en ataque o Goldie, de aí os poucos goles do encontro.

1ª Autonónomica, xornada 8

  • Resultado: Balonmán Camariñas - Rasoeiro Bm Grove (27-20)
  • BM CAMARIÑAS: Víctor (p), Alan, Fary (7), Eusebio, Jaime, Checho (2), Quin (5), Damián (1), Fabio, Catalán (5), Héctor, Perón (3), Antelo (2) e Xabi (2).

Un gran segundo tempo do Conservas Boya, borrou as dúbidas do inicio. Un inicio titubeante, fixo pensar que os de Camariñas non se refixeran da inxusta derota da semana pasada, pero non foi así, tralo descanso, Juan Ramón recompuxo as liñas desde o banquilo e os conserveros fixéronse co dominio absoluto do partido, endosandole a un rival crecido, un parcial de 16-8, tras ir por detrás do marcador os primeiros treita minutos.

Destacar a recuperación dos lesionados a pasada xornada, Xabi e Alan, aínda que non están ao 10x10, e xa están entrando en xogo os recuperados recientemente Catalán e Quin. Destacar tamén o gran partido de Fary, que está facendo unha gran tempada.

Queda o cadro conserveiro na 3ª praza, a 1 só punto dos líderes, Bm. Porriño, que vencía a semana pasada aos camariñans, pero que caía ante o Pontedeume esta xornada, e o Viña Costeira.
A próxima fin de semana, desprazarase o Camariñas a Culleredo, para disputar, esperemos que un bonito partido entre dous clubs moi ligados entre si, e con moitos coñecidos na cancha.

1ª Estatal, xornada 11

  • Resultado: Calvo Xiria - Cisne Bm. (23 - 24)

(Pendentes de recibir e compartir a crónica).

1ª División Galega Feminina, xornada 8

Choque do Bm Camarinas
  • Resultado: Bm Encaixe Boya - Bm. Ferrolterra (28-19)
  • BM ENCAIXE (28): Sara e Miriam; Laura (7), Cris Barreiro (4), Aida (5), Maria (2), Sande (3), Sara (3), Cristina Caamaño (4), Verónica, Tinita, Andrea, Alicia e Nerea.

O Encaixe enfrentábase a un Ferroltera que en campo local fixo sufrir as camariñanas. Éstas, presentaban a baixa de Karina para dito encontro pero o equipo foi quen de apoderarse tanto no xogo como no marcador dos dous puntos. Moi centradas sairon as palillerias ó campo pensando na importancia de acadar a vitoria. Unha boa actuación do equipo en ataque creando situacións claras de gol que aproveitaban para adiantarse no marcador e así chegar ó descanso cun 12-9. Xa na segunda parte, a rotación das xogadoras favoreceu na claridade no xogo liderado en defensa pola gardaredes Sara. “Moitas xogadoras están atopando o seu sitio aportando todas e cada unha delas para acadar resultados como o desta fin de semana. Si seguimos traballando así aínda temos moito que decir nesta liga” afirma a adestradora.


1ª División Galega Feminina, xornada 7

  • Resultado: Goldie Xiria - Balonmán Lavadores (21-11)
  • Parcial ao descanso (9-5)
  • Goldie Xiria 21 (9): Brenda Noya e Aida Cangas (porteiras) Juana Garrochena 3 , Tamara Pombo 1, Jessica Posse 3, Sara Pombo 1, María Gómez 4, Cristina Gende 2, Raquel Gómez , Adriana Gómez, Patricia García, Marta Regueira 5, Zeltia Landeira 1, Natalia Solis, Ángela Pena e Sheila Ferreiro 1.

Comezou o Goldie con moitas imprecisións no ataque, o que mantiña ao seu rival no partido, a defensa adiantada do Lavadores non permitía a fluidez na circulación do balón, e desperdiciaban as ocasións para coller distancia no marcador. Mediada a primeira metade, e a base de combinacións co pivote e a circulación dos extremos o Xiria conseguía superar a defensa rival e cobrar distancia no marcador, 9 a 5 ao descanso.

Nunha segunda metade con máis continuidade de balón e con maior intensidade defensiva, decantábase a vitoria local por un claro 21 a 11.

A vindeira semana o Goldie Xiria volverá a xogar en Carballo, recibindo a ao Balonmán Porriño en partido correspondente a 8ª xornada e que fora aprazado no seu día.

Máis información

Os calendarios das competicións senior xa están colgados da páxina web da Federación Galega de Balonmán.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios