mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Bm. Camariñas fai pleno a esvaróns

O Bm. Camariñas fai pleno a esvaróns
Balonman Camarinas Encaixe -Foto-Jorge Parri

Tanto a pista de O Areal como a de Ponte do Porto non eran as adecuadas para facer deporte, escorregábase moito debido á humidade ambiental, impedindo o xogo normal dun partido de balonmano. Os dous equipos e os árbitros aceptaron de mutuo acordo a proposta da directiva camariñana de trasladar o partido á Ponte do Porto, xa que logo de xogar o equipo feminino, resbalaba moito.
Así e todo, con esvaróns incluídos, o Bm. Camariñas foi moi superior ao Lavadores, e acadou unha xusta vitora que o deixa nunha cómoda 6ª praza a 7 puntos do liderato.

Mentres, máis de 300 seareiros apoiaron dende gradas do Vila de Noia ao Calvo Xiria na súa cómoda vitoria ante o Bm. Ártabro. O protagonista foi o carballés Jesús, que nestes intres milita nas filas do equipo coruñés, e que recibíu todo o apoio da bancada e dos seus ex compañeiros.

Ademais, na 1ª División Autonómica Feminina, gran partido das de Camariñas ante 150 espectadores contra un dos gallitos da categoría, despois do horrible encontro da semana pasada as camariñanas encontráronse co bo xogo e ca actitude que as está a manterse nos postos altos da clasificación.
As que non puideron sacaron os 2 puntos foron as carballesas do Goldie Xiria, que visitaban ao líder e colleitaron unha abultada derrota.

1ª División Autonómica, xornada 9

  • Resultado: Bm. Camariñas - Lavadores 5Jotas (28-22)
  • Balonmán Camariñas: Bruno (p), Iván (p), Fary (8), Diego Alonso (1), Eusebio (2), Jaime, Checho, Ángel, Borja (7), Fabio, Catalán (6), Damián (1), Antelo (3).

Na Ponte do Porto ao principio xogábase ben, pero co paso do tempo a condensación foi cubrindo a pistafacendo dificil o xogo, que por outra banda, pouca historia déixanos, un partido con moita diferenza entre os dous equipos, pero que debido ao estado do terreo, non forzaron ningún dos dous.
Xusta vitoria do Camariñas, cuxo mellor xogador foi Fary con 8 goles, por parte do filial do Lavadores, o mellor foi o seu lateral Nicolás.

Para o próximo fin de semana, preséntase un partido complicado, ante o Rasoeiro de O Grove, un partido que diranos as verdadeiras aspiracións do Boya, si loita polo grupo de cabeza, ou se queda no pelotón de cola.

1ª División Estatal, xornada 16

  • Resultado: Calvo Xiria - Bm. Ártabro Novo Mesoiro (33-21)
  • Calvo Xiria: Iago [p], Ramón, Sergio (3), Chimpo (4), Rubén (2), Manuel (5), Jorge (1) - equipo inicial- Zúpez [p], Calvete (2), Brais (3), Martín (6), Pablo (4), Javier, Gonzalo (3).
  • Marcador: 3-0, 7-2, 9-3, 12-5, 13-9, 15-12 (descanso); 17-14, 18-14, 22-16, 24-18, 27-19, 33-21 (final).

Partido resolto con solvencia polo Calvo Xiria, que impuxo a súa intensidade defensiva ante as individualidades do conxunto coruñés. O resultado final de 33 a 21 non deixa lugar a dúbidas sobre o acontecido no parqué dun Municipal Vila de Noia que vibrou co xogo dos xogadores Dende o inicio deixaron ben claras as súas intencións os carballeses que romperon o encontro con moita velocidade no xogo ofensivo e continuas axudas na parcela defensiva que facían que o xogo do Ártabro fose lento e previsibles ao que se lle engadía a aportación de Iago baixo paus. O resultado non se fixo agardar e no minuto quince do primeiro tempo o Calvo levaba unha vantaxe de seis goles. Pero pouco despois complicouse a situación para os carballeses, por unha parte os cambios de xogadores non deron o resultado, de inicio, agardado e a intensidade carballesa baixou enteiros, e por outra a segunda exclusión de Ramón deixaba tocada a zona defensiva central verdibranca. Con este panorama chegouse ao descanso, logo de ter o Ártabro a opción de se poñer a un gol, mais non tirou proveito e no seguinte ataque, xusto antes do descanso, os carballeses perforaron a portería visitante para marcharse ao vestiario cun parcial de 15-12 e ca sensación de ter traballo por diante para levarse os dous puntos en xogo.

Mais motio trocou a actitude do conxunto local, e cos mesmos xogadores que remataron o tramo final do primeiro tempo o traballo na pista foi ben distinto. Na parcela defensiva -sen Ramón xa que so xogou cinco minutos no segundo tempo o que tardaron os colexiados en sinalar a súa terceira exclusión logo dunha acción máis que dubidosa- o bloque do Xiria impuxo o seu xogo colectivo e pouco a pouco minou as forzas duns xogadores coruñeses nos que as poucas rotacións feitas pasaron factura e desembocaron en moitas perdas de balón e lanzamentos pouco claros que deron moita vida ao contraataque carballés. Ofensivamente a aportación de todos os xogadores en canto a construción e finalización foron claves para obter moita vantaxe ante os porteiros visitantes, e os goles foron caendo no marcador dos carballeses que remataron o encontro acadando a máxima diferenza do partido, un +12 que leva de novo ao camiño da vitoria ao Calvo Xiria.

A vindeira xornada o Calvo Xiria disputa un novo derbi na Coruña ante o OAR. O sábado ás 18:30 no San Francisco Javier.

16ª Xornada da Primeira Autonómica Feminina

  • Resultado: Bm. Camariñas - Bm. Rasoeiro (27-21)
  • Bm Camariñas: Karen (p), Tina (4), Sara (3), Aida (3), Laura (4), Alicia, María Oanes (3). Tamén xogaron: Monica (7), Cris Barreiro (3), Cris Sande, Cris Caamaño, Judith, Raquel e Vero.
  • Parcial ao descanso: (16-13).

Primeira parte moi seria dos dous equipos donde deron un gran espectáculo sobre todo en ataque con xogo rápido e grandes individualidades, primeira parte 16-13 a favor das de Camariñas que deixaban aberto o partido donde todo podia suceder.

A segunda parte saliron moito mais concentradas en defensa donde deixaron as do Grove con só 8 goles e en ataque estiveron eficaces na porteria contratia sabendo controlar o partido en todo momento, O mellor partido da temporada. Noraboa e a seguir asi xa que esta semana enfrentanse o segundo clasificado que esta a 3 puntos e onde teñen que dalo todo para seguir soñando co obxetivo marcado.

16ª Xornada da Primeira Autonómica Feminina

  • Resultado: BM Porriño - Goldie Xiría (41-7)
  • GOLDIE XIRIA: Sara 1 (Lucía) (p), María 1, Adriana, Cris , Raquel, Tamara, Jessica 1 (equipo inicial) Zeltia 3, Manón, Sandra e Isa.
  • Parcial ao descanso: (21-2)

Abultada derrota do Goldie Xiria diante do líder. Notou en exceso as numerosas baixas, sobretodo a das suas máximas realizadoras Juana e Marta, faltándolle ritmo competitivo e deixándo moitos espacios en defensa. A defensa presionante do Porriño converteuse nun incesante roubo de balóns e goles ao contrataque para as locais, pola sua banda o Xiria xogou con moitos nervios que fixeron precipitarse nas suas accións de ataque. Reseñar o debut de Zeltia nas filas do Goldie Xiria, xogadora que viña adestrando dende principios de tempada e baixa de Patricia que se vai a traballar 3 meses a Canada.

A vindeira semana visita Carballo o Carballal de Vigo, será o sábado as 6 da tarde no pavillón Vila de Noia.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Balonmán Xiria.

Comentarios