Martes. 15.10.2024
El tiempo

O Bm pecha con vitoria unha primeira volta espectacular

O Bm pecha con vitoria unha primeira volta espectacular

Bo comezo de ano para o Balonmán costeiro. O Bm. Camariñas pechaba con vitoria unha fantástica primeira volta. O Areal agarda o partidazo do vindeiro sábado, pois o Conservas recibe a todo un Viña Costeira, líder cun punto de vantaxe sobre os conserveiros.

Por Carballo, o Xiria vencía, pero cunha imaxe regular, o que non empaña o feito de ter intactas as opcións de pasar á Promoción.

Gran participación costeira nos Campionatos de España de Seleccións

4 conserveiras de Camarinas ca Seleccion Galega de Balonman

As vacacións deixaron boas novas para a parroquia feminina da vila do encaixe, pois 4 grandes do Balonmán Camariñas participaron cas seleccións galegas. Aida Vizcaíno Regueira, Minia Calvo Canosa, Monica Barreiro Alvarez conseguían unha merecida medalla de bronce no campionato de España de Seleccións coa selección Galega Cadete. Ademais Sara Carril acadaba un impresionante quinto posto coa selección xuvenil.

Tamén por Carballo estiveron de homenaxe. O choque celebrado no Vila de Noia, comezaba co recoñecemento ao traballo dos rapaces de Escolas Balonmán Xiria que participaron no Campionato de España de Seleccións Autonómicas; Iván Campos Varela na categoría xuvenil e Antonio Mato Gómez, Juan Carlos Rodríguez Ortiz e Carlos Vilanova García en categoría cadete.

A canteira do EB Xiria na Seleccion Galega de balonmán

1ª Autonónomica, xornada 9

Gran primeira volta para o Bm Camarinas
  • Resultado: Bm Camariñas Conservas Boya - S.A.R. (37-16)
  • BM CAMARIÑAS: Víctor (p), Alan (4), Fary (8), Eusebio (5), Jaime (1), Checho (1), Quin (2), Damián, Fabio, Catalán (3), Héctor (1), Perón (2), Antelo (1) e Xabi (9).
Terminou a 1ª volta do campionato, aínda que o Camariñas ten un partido aprazado contra o Chapela, e resultou espectacular, nunha liga bastante igualada, onde os gallitos para gozar das dúas prazas para a fase de ascenso, xogan unha liga particular, sen desprezar a outros equipos que se poden enganchar, o Viña Costeira, o Pontedeume, o Porriño e o Camariñas. Adivíñase unha segunda volta impresionante, cuxo primeiro prato sérvese o vindeiro sábado cun duelo nas alturas, no Pabellón Munipal O Areal de Camariñas a lñas 6 e media da tarde: Club Balonmano Camariñas Conservas Boya - Viña Costeira de Ribadavia. Cheo seguro no Areal.

Con respecto ao partido do pasado sábado, foi un encontro sen historia, onde os locais iniciaron cun parcial de 5-0 e aí prácticamente acabouse o partido, os de Redondela foron sempre a remolque e nunca puideron meterse no partido. Moncho deu entrada á xente máis nova, para que fose collendo minutos e experiencia.

1ª División Estatal, xornada 14

  • Resultado: Calvo Xiria - Las Cinco Jotas Lavadores (38-33)
  • Parciais: 4-1, 7-5, 10-8, 15-10, 17-12, 21-17 descanso, 25-20, 28-23, 32-26, 34-31, 38-33.
  • CALVO XIRIA: Martín Gómez [p], José Luis Fraga [p], Alejandro Naya [p], Brais Puñal (7), Martín Alfeirán (2), Jorge Bouzas (4), Pablo Iglesias (9), Gonzalo Pombo (5), Iván Campos (1), Carlos A. Lema (4), Mario García de Seárez (1), Julián López, Manuel Méndez (3), Javier Rodríguez (1), Alejandro Calvete (1).

O partido desta xornada supoñía a chegada ao ecuador da liga para o Calvo Xiria, e cómpre quedar co resultado final de 38 a 33, que deixou os dous puntos en Carballo, de seguro o mellor do encontro, permitíndolle manter a cuarta posición da táboa clasificatoria.

Non foi un bo partido o que xogaron os locais, con moitas imprecisións no eido ofensivo e sobre todo pouca intensidade defensiva, nada comparable co visto ultimamente no Vila de Noia, se ben tamén é certo que dominaron o encontro dende o asubío inicial ate o remate. Pesou o parón de Nadal e tamén os poucos adestramentos que se puideron realizar debido á praga de gripes que viviu o Xiria nestas semanas. Dende logo agora toca traballar e incrementar a concentración para retomar o bo xogo defensivo que viñan amosando os verdibrancos e afinar no ataque para encarar os vindeiros partidos que terán unha dificultade crecente.

As verbas de Pablo á XiriaTV:

Xornada clave para as féminas

Esta pasada fin de semana non houbo liga nin senior feminina, nin xuvenil feminina. As camariñás renovan a liga este fin de semana, viaxando a Lugo as xuvenís e a Orense as Senior, en teoría partidos fáciles para as mozas.

O Goldie Xiria xogarase este sábado gran parte das súas aspiracións por meterse no Grupo que loite polo ascenso.
Recibirá este sábado en Carballo o Goldie Xiria a S.D. Teucro a partir das 8 da tarde no Pavillón Vila de Noia. Directo rival co que loita por esa cuarta praza que da dereito a entrar no grupo polo ascenso.

Máis información

Os calendarios das competicións senior xa están colgados da páxina web da Federación Galega de Balonmán.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios