O Carnota organiza unha homenaxe ao seu ex presidente Bautista


Conmocionada segue a vila de Carnota ante a inesperada morte de Bautista Martínez en terras africanas. O ex presidente da UD era moi querido na vila pola súa total implicación co clube e a nova percorreu cada casa a semana pasada con amargura. Os xogadores e equipo técnico do Carnota saltaban desta guisa ao campo de Lombáns esta pasada xornada, en recoñecemento á labor de Bautista á fronte, e á sombra, do clube.
Foi o ex capitán da entidade, Nico, agora xogador do Cee, o que tomou a iniciativa para facer un partido homenaxe. Así, este domingo 25 de decembro, día de nadal, ás 17:00 celebrarase no campo de fútbol de Lombáns, un encontro entre a UD Carnota e o UC Cee.
Será un choque entre os dous equipos máis queridos por el. Ao remate do encontro farase entrega dunha placa conmemorativa a familia do expresidente pola súa gran dedicación.
Máis información
Crónicas da semana
- Xuvenil Sur: Ferve a loita pola cuarta praza.
- Xuvenil Norte: A loita é pola cuarta.
- 3ª Autonómica: Fin de ano para unha liga máis que apretada.
- 2ª Autonómica: Peche quente de ano.
- Preferente: Boas sensacións para rematar o ano.
- 1ª Autonómica: Da necesidade dun parón.
- Resultados da última xornada do ano 2011.
Máis novas
- O Barsa de Preferente xoga de laranxa.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido co colexiado Marcos Ordóñez.
- A Copa do Mundo na fin do mundo.
- A Bitacora da Semana: O blog da Camelle.
- A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).