O Dumbría venceu en Fontenla e colle o relevo do XSC como Campión da Copa da Costa
Menuda fin de semana de Fútbol da Costa en estado puro. Puidemos disfrutar da gran Gala do Fútbol da Costa - QPC, na que entregamos 34 premios aos mellores da Costa da Morte. E ademais tivemos 3 partidazos cheos de emoción, como a gran Final da Copa da Costa 2014, que levou o Dumbría, o segundo Mellor Equipo segundo as votacións abertas da Gala-QPC. Tendes un Álbum de Fotos de Jorge Parri no Facebook de Fútbol da Costa.
Houbo máis partidos, e ben interesantes, como a Final da Copa dos Veteranos, que vencía, tamén o Dumbría por 1-0 ante o Erbecedo, que xa podemos ler en QPC.
Ademais, o Dumbría Xuvenil deu un paso positivo cara a Liga Galega, sacando un 0-0 no campo do Val do Ulla que deixa todo para o Conco. Mañá tamén traeremos a crónica pero imos xa ca finalísima da #CopadaCosta.
A gran Festa do Fútbol costeiro
Ademais da Gala QPC, a Final da Copa é a gran festa do fútbol costeiro. Case un millar de persoas encheron o campo xalleiro de Fontenla, para ver unha final que empezaba con polémica pola disputa no campo dun dos finalistas. Presentábanse dous equipazos, probablemente dous dos mellores da zona, pero foi o Dumbría superior e acabou levando o título, o seu 4º título de Copa. O cadro dumbriés colle o relevo do propio equipo bicolor, que levaba o título da 50ª edición da Copa celebrada o ano pasado en Baio. E de feito, é un título que sabe especialmente ben para os que vencían o ano pasado a Copa coa camisola bicolor, como son Oscarín, Jota ou Doro.
Unha final que contaba con 5 membros do 11 ideal escollido polo Fútbol costeiro na Gala QPC. Por parte xalleira tivemos ao lateral Rubén Forján, mentres o Dumbría, o equipo con maior presencia no 11, estaban o porteiro Julián, o central Aarón Fdez., o lateral esquerdo Oscarín e o interior e escollido como Mellor Xogador da Costa, Doro.
XSC - Dumbría (1-4)
- XSC: David, Rubén Forján, Cristian (Alberto, min.85), Héctor, Rubio, Mata (Toño, min.69), César, Jesús, Richi, Darío (Marcos, min.80) e Arnejo.
- DUMBRÍA: Julián (Couto, min.93), Oscarín (David Carreira, min.85), José, Aarón Fdez., Jota, Aarón López, Adrián Makaay (Pablo Muñiño, min.69), Rivi, Doro, Jesús (Luisito, min.69) e Adrián Nieto (Dani Casal, min.46)
- Goles: 0-1, min.3: Adrián Nieto; 1-1, min.21: Arnejo; 1-2, min.39: Aarón Fdez. tras unha mala saída do meta xalleiro; 1-3, min.79: Pablo Muíño; 1-4, min.86: Doro.
- Expulsión: o xalleiro Jesús no min.62 por protestar, pero o xogador dixo que faláballe a un compañeiro.
Foi unha final ben bonita, sobre todo na primeira metade, chea de tensión, emoción e ocasións. I é que foi un toma e daca constante durante os primeiros 45 minutos, con chegadas claras nas dúas áreas. E se ben o XSC foi mellor durante o primeiro tempo, parece que o Dumbría tivo máis oficio e conseguíu acabar por diante, cun gol clave ao pouco para chegar do descanso, que desestabilizou aos verdes e laranxas.
Empezou moi enchufado o cadro de Coméndez, cunha gran ocasións nada máis comezar de Rubén Forján, probablemente o mellor do partido. Sen embargo foi Adrián Nieto o que na primeira que cazaba anotaba para os visitantes o primeiro gol. Non decaeron os locais e Arnejo e o propio Rubén deixaban claro que o XSC ía polo partido. Foi Arnejo o que aos 19 conseguía un empate, máis que xusto nese momento.
No ida e volta, Adrián Makaay mandaba raso a rentes do pau un minuto despois, e tras outros 20 de dominio xalleiro, xa coa defensa dumbriesa máis cómoda, chegaba o gol de Aarón Fdez. que aproveitou unha mala saída de David. Un gol importantísimo para o devir do partido
Tivo o cadro xalleiro o empate no min.47, antes de ir aos vestiarios, pero tras unha bonita xogada o propio Aarón Fdez. salvaba na liña de gol o que puido ser un gol pantasma.
Marchaba tocado o XSC aos vestiarios pois tras dominar o primeiro tempo quedaba por debaixo do marcador. Canosa subiu a Jota do central ao medio campo para intentar recuperar o balón e obrigou ao XSC a abusar do balón longo. Ademais, cos cambios e a entrada de Luisito e Pablo Muíño, o cadro dumbriés tiña dimanita para buscar ás contras.
Arrincaba a segunda metade e o choque rompíase definitivamente coa expulsión, por protestar, de Jesús, aos 15 da segunda, se ben o xogador indicou que estaba a falarlle a un compañeiro, non ao colexiado. Quedaba media hora, as forzas xa non eran ás do principio de temporada, e o cadro xalleiro non aguantou con 10 as perigosas contras dos de Canosa.
Aínda así, o equipo local tivo varias chegadas co 1-2 no marcador, sobre todo a balón parado. Rubén Forján probaba a Julián con sendas faltas no min.70 e no min.76, pero a primeira atallouna o meta carballés e a segunda marchou alta. Dani Casal avisou no 78 e foi Pablo Muíño, nunha contra mortal, o que marcou o terceiro gol, que case que sentenciaba o choque para os de Canosa. Doro, xa nos últimos 5 minutos, certificou a vitoria facendo que o Dumbría puidese levantar o título da 51ª edición da Copa da Costa.
A Gala do Fútbol da Costa - QPC
Finais de Copa
- Final Copa da Costa 2014: O Dumbría venceu en Fontenla e colle o relevo do XSC como Campión da Copa da Costa.
- Final Copa da Costa 2013: O Xallas de Santa Comba, campión da 50 edición da Copa da Costa.
- Final Copa da Costa 2012: Final da Copa da Costa 2012: Monocolor laranxa.
- Final Copa da Costa 2011: O Soneira campión da Copa da Costa 2011.
- Final Copa da Costa 2010: Vídeo da Final da Copa 2010 entre Dumbría e Cee.
- Final Copa da Costa 2009: As imaxes do Soneira Campión.
- Final Copa da Costa 2008: O Ponteceso leva a Copa da Costa 2008 nun final de película cómica.
Máis información
- Os cadros das Copas e as Fases de Ascenso en: www.copadacosta.com.
- www.futboldacosta.com.
- Facebook “Fútbol da Costa”.
Crónicas da Copa da Costa 2014
- O Dumbría acodirá á final da Copa da Costa pero explica a súa contrariedade.
- Volta das Semis: Os favoritos non perdoan e se plantan na final.
- Ida das Semis: A tensión e a calor marcan os dous derbis.
- Volta dos Cuartos: Doble derbi para as Semifinais.
- Ida dos Cuartos: Menudos Cuartos.
- Volta dos Oitavos: Quedan uns Cuartos fantásticos.
- Final da Copa 2013: O Xallas de Santa Comba, campión da 50 edición da Copa da Costa.
Crónicas da semana
- O Dumbría gañou tamén a Copa da Costa dos Veteranos, nun agónico final.
- Fútbol Base: O Dumbría, a 180 minutos da Liga Galega.
- Crónica dun agónico e histórico ascenso do Sofán.
- Crónica dunha fin de semana espectacular co ascenso do Sofán e os xa finalistas de Copa.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Información e fotos da man de Modesto Parga, do Comité de Fútbol da Costa de Veteranos.