O Fisober segue líder
O Fisober continúa líder, unhe semana máis, da Liga Autonómica de Fútbol Sala feminino. Este sánado supero ao Mosteiro con claridade e se mantén con 3 puntos de vantaxe sobre o Concello de Mos. Cómpre destacar do encontro das costeiras, os primeiros minutos en Autonómica para Laura e Inés, unha Inés que ademáis conseguíu marcar.
Pola súa en banda, en Liga Provincial, o Concello de Ponteceso FSF caían por 0-8 ante o Manureva Talleres Mundos, mentres que a A Salina de Esteiro facía o propio, por 3-1 na cancha do Mabegondo nunha mala xornada para as esteiranas. O filial do Fisober aprazou o partido ante o Meigas.
Liga Autonómica
- Resultado: FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – MOSTEIRO BEMBRIVE (6-1).
- FISOBER: Eva, Ylenia, Ana, Noelia e Myrella; tamén xogaron: Patri, Barca, Elsa, Olalla, Inés, Laura e Paula.
- Goles: 0-1 Lidia, 1-1 Barca, 2-1 Patri, (descanso) , 3-1 Barca, 4-1 Barca, 5-1 Patri , 6-1 Inés.
Comenzou o partido con moito respeto por ambas escadras e sin apenas ocasións. As visitantes moi ben colocadas solventaban fácilmente as tímidas chegadas locais. Ata que ós sete minutos unha contra das visitantes rematou co 0 a 1 por parte de Lidia. Ese gol cambiou o ritmo do encontro e as locais decidiron dar un pasiño máis. A resposta foi por parte de Myrella quen tivo a igualada nas súas botas.
Aos oito minutos un balón longo deixao pasar intelixentemente Elsa enganando a porteira e o balón vaise rozando o pau. Nese mesmo minuto é Patri a que dispón doutra ocasión para a igualada.
Mediada a primeira metade de novo Elsa recibía un balón de costas no borde do área pero a porteira moi rápida desbarata a ocasión. E nese mesmo minuto foi Ana a que tivo unha nova opción para a igualada. O gol parecía que non tardaría en chegar e así foi cando unha excelente xogada ca participación de todo o equipo foi rematada a pracer por Barca para poñer a igualada no electrónico.
Ós quince minutos de novo Barca andaba preto do gol pero Cristina mandaba a saque de esquina. Un saque de esquina que acabou co balón en Patri que batía por baixo a Cristina e poñía en vantaxe as locais. Un minuto despois foi Inés no segundo pau a que tivo a ocasión para incrementar diferenzas. Pero as visitantes non se rendían e ensinaban as garras a contra. Así ata en dúas ocasións a capitana visitante Lara dentro do último minuto probaba a Eva. Chegandose co 2 a 1 o tempo de lecer.
No comenzó da segunda metade foi Viviana a que quixo reducir diferenzas para as visitantes pero non acertou ante Eva.
Ós cinco minutos da reanudación foi de novo Barca a que conseguíu o terceiro gol local e poñer terra de por medio no electrónico. Un minuto que foi tolo para as locais, xa que Ana mandaba un zapatazo o pau e despois doutra gran combinación Barca facía o cuarto gol do Fisober e o terceiro na súa conta particular. O partido abriuse un pouco máis e ós nove minutos Patri dispuña dunha nova ocasión pero o seu disparo escapouselle por pouco. Nese mesmo minuto as locais dispuñan dunha falta indirecta na frontal, pero nin Noelia nin Myrella conseguiron o obxectivo do gol. As visitantes non se escondían decidindo adiantar as liñas de presión e por medio de Irene e despois de Lara tentaron reducir diferenzas. Unha Lara que tiña unha nova ocasión despois dun contragolpe.
Todo mudou cando Bembrive decidiu sacar a porteira-xogadora e a resposta local foi por medio dun novo gol desta vez de Patri. Fisober defendeuse como gato panza arriba do ataque de cinco e así Elsa dispuña dunha nova ocasión. Só unha vez puxeron en apuros as visitantes a meta defendida por Eva e foi cun lanzamento lonxano de Irene que se foi o longueiro. A dous para o fin unha contra por parte das locais rematou co sexto gol por parte da debutante Inés. E no último minuto Laura por dúas ocasións e Inés tiveron opcións para incrementar as diferenzas.
Vindeira cita
- Liga Autonómica: - F.C. Meigas - Fisober F.S.F.: sábado 03/03/2012 ás 16:00 no Polideportivo de Bertamirans.
- Liga Provincial:
- A Salina de Esteiro - Espartanas F.S.: sábado 10/03/2012 ás 19:00 no Pabellon Jose Lago.
- Fisober F.S.F. "B" - C.D. Mabegondo.
- Descansa o Concello de Ponteceso F.S.F.
Máis información
- Resultados da Autonómica Femenina.
- Clasificación da Autonómica Feminina.
- Resultados da Liga Provincial.
- Clasificación da Liga Provincial.
Crónicas da campaña 2011-2012
- Non descansa o Fisober.
- O Fisober segue implacable na Liga Autonómica.
- O Fisober B supera de novo ao Concello de Ponteceso FSF.
- O Fisober segue líder en Autonómica e A Salina vence ao Ponteceso na Provincial.
- O Fisober tamén gaña sufrindo e mantén o liderato da Liga Autonómica.
- O Ponteceso FSF consegue a súa primeira vitoria da temporada na Liga Provincial.
- O Fisober, campión de inverno da Liga Autonómica.
- O Fisober remata o ano líder da Liga Autonómica mentres en Camariñas se volca co FS.
- Ponte de derbis no fútbol sala costeiro.
- Unha primeira metade para esquecer rompe a racha do Fisober.
- O Fisober xa é líder en solitario tras unha remontada de cine.
- O Fisober segue facendo historia na Liga Autonómica.
- O Fisober non deixa o mando da Liga Autonómica.
- O Fisober no máis alto da Liga Autonómica.
- Un gol de Barca e a gran actuación de Eva na portería bastaron para superar ao Sada.
- Comezou a Liga Provincial con derbi e derrota vimiancesa.
- O Fisober celebra con vitoria do debut de Nuria Paz.
- O Fisober non puido co campión de Liga.
- O Fisober comeza o curso cunha vitoria apretada.
Máis novas
- Un novo reto para o Fisober.
- O Fisober busca novas xogadoras para ampliar a familia.
- Cee prepara os deportes de inverno e a Liga de Fútbol Sala.
Máis novas do Fisober
- O Fisober pecha a súa primeira tempada na Liga Autonómica nun meritorio 6º posto.
- Uns consellos de Fran Toba para os pais de novos deportistas.
- Debut da Selección da Costa feminina nun ambiente de festa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba..