mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Fisterra frea a máquina camariñá

O Fisterra frea a máquina camariñá
O encontro da semana disputábase no Hermanas Patiño tralo destape do equipo camariñán. E deu para moito. O Fisterra conseguiu vencer aos de Manolín co que apretan, un pouco máis, a cabeza da táboa. O Ponteceso aproveitou o tropezo do líder e xa empata a puntos tras unha sufrida vitoria ante o Malpica. Non aproveitou a ocasión o Club do Mar, que podía empatar cos 2 de arriba pero non pasou do empate ante o Porteño nunha tarde caldeada en Paiosaco. Sofán, Fisterra e Castriz case que quedan xa unidos ao grupo de arriba e tan só hai 7 puntos entre os líderes e o 6º clasficado. Por abaixo, O Pindo deu un paso moi importante e deixou ao Carnota afundido. O Vimianzo tampouco levanta cabeza no que puido ser o último encontro de Juan Jesús no banco vimiancés. Agora, Buño, O Pindo e Corme forman un grupo empatado con 3 puntos de vantaxesobre o Porteño, que dada a situación do Zas na 1ª, marca o dencenso.

Camariñas – Fisterra (0-2)

  • Camariñas: Pombo, Pesqui, Maikel, Breo, Josiño, Moriño, De la Sierra (Nico, min.70), Brais, Sergio (David, min.46), Mané (Adrián, min.60), Juan oBello.
  • Fisterra: Joselu, Piti, Julito (Munitis, min.80), Borja Santos, Pana (Marco, min.40), Roco, Eddy (Martín, min.46), Nico, Nacho (José María Senra, min.70) (David, min.80), Guardiola, Manoliño.
  • Goles: 0-1, min.50: Manoliño; 0-2, min.90: Maikel en propia meta.
  • Expulsión: Guardiola ao comezo da segunda.
  • Lesións: Julito, cun golpe na cara; e Pana, e José María Senra cun corte nunha cella por parte fisterrá.
Era o encontro da semana e abofé que o demostrou. Foi un encontro cara a cara, con dous equipos moi fortes e cunha brega total. Os de Manolo Santos saían moi duros ao comezo e contaron cun colexiado certamente permisivo. A primeira parte transcorreu cun lixeiro dominio local, pero sen demasiadas ocasións, e tan só Mané puido adiantar aos de Manolín. Na segunda o Fisterra adiantouse nunha xenialidade de Manoliño. Recuou o Fisterra e o Camariñas, que por momentos facía verdadeiro fútbol de precisión, volcouse. A xogada clave foi o penalti que marrou Pombo co 0-1 e xa co Fisterra con 10 pola expulsión de Guardiola. Ademais tivo Juan oBello outra ocasión pero tras picar un balón moi bonito Joselu fixo unha das súas boas intervencións da tarde. No último treito o Camariñas seguía apretando pero o Fisterra cortaba o xogo con faltas ata que o partido morreu cun gol en propia de Maikel que daba a vitoria aos fisterráns.

Ponteceso – Malpica (1-0)

  • Ponteceso: Norberto; Fabián, (Charro, min.46), (Tucho, min.69), Dani Pallas, (Illote, min.92), David Abelenda, Carlos Mato, Pablo, Mario, Bolón, Toniño, (Alfredo, min.46), (David, min.82), Nando, Luisete.
  • Malpica: Suso; Charly, Víctor, Iago, Marco, Ismael, (Eloy, min.61), Neucha, (min.Dourado, min.74), Cheo, David Blanco, Andrés, Manu Pardo, (Casais, min.74).
  • Gol: 1-0, min.65: Marco en propia meta.
Encontro igualadadísimo o vivido no Pinguel, cun Ponteceso que controlou o balón e un Malpica que soubo manter unha defensa moi firme e saía á contra cos seus rápidos puntas. Bolón e Luisete tiveron boas ocasións para adiantar aos de Berto, pero o longueiro repelñiu o balón. Neucha tamén o intentaba de falta. Na segunda o encontro continuaba directo ao 0-0, pero un balón colgado remataba cun gol en propia de Marco, que escoitaba saír ao seu meta Suso, quedaba quieto e o balón colábase nas mallas. E iso que uns minutos antes Neucha marrara un centro de Cheo. No treito final, o Malpica protestou un posible penalti sobre Cheo.

Carnota - O Pindo (1-2)

  • Carnota: Peipo, David Brea, Adrián, Pedro, Tono da Caixa, Toniño (Demetrio, min.70), Joselu (Manuel Luis, min.60), Nico Alvarado, Casti (Oliver, min.80), Pablo Beiro, Miguel Beiro.
  • O Pindo: Garrido, Cesar, Jose, Pulpo, Cote, Diego (Rivas, min.60), Edu (Rafa, min.70), Víctor (Julián, min.60), Borja, Miguel, Aitor (Javi, min.90).
  • Goles: 0-1, min.75: Aitor; 1-1, min.80: Nico Alvarado; 1-2, min.88: Aitor.
  • Lesión: Demetrio cunha posible fisura nunha vértebra.
Máis dun cento de persoas en Lombáns para ver este intenso derbi, pero moi limpo, un dos máis igualados dos últimos tempos e que chegaba cos papeis cambiados das últimas temporadas. O Pindo chegaba para manter os seus 7 puntos de vantaxe e marcha con 10, afundindo ao Carnota na última praza da táboa. E iso que os carnotáns chegaron en máis ocasións á meta de Garrido, pero os de Pedrosa non estaban de todo afinados, emandaron un balón ao pao, por medio de Casti e varios de Nico Alvarado. Foi Aitor o protagonista do encontro, xa que adiantou aos seus a falta de 15 minutos, e cando o encontro marchaba cara o empate neutralizou o gol de Nico Alvarado para darlle os 3 puntos e moita tranquilidade aos de Sil.

Dumbría B - Sofán (0-1)

  • Dumbría B: Anxo, Jose Carreira, David Carreira, Sergio, Cives, Insua, Jesus, Pablo Lestón, Tantán, Ramiro, Fernando (Ivánete, min.70), Rodri (Miguel Pollo, min.70).
  • Sofán: Costa, Adrian, Gustavo, Miniño, Juanjo, Rabuñal, Mario, Diego (Roberto, min.85), Luis (Manolo, min.75), Bertin, David (Gende, min.46).
  • Gol: 0-1, min.68: Bertín.
Disputabase o encontro no Conco ante o mal estado do Carral. E o Sofán acadaba unha sufrida vitoria. Foi un choque moi intenso e igualado que puido caer de calquera lado. Foi o Sofán o que apretou á volta do descanso, logo dunha frouxa primeira parte na que o Dumbría foi mellor pero fallou arriba. Recuperaron a intensidade os de Baña na segunda, que da man de Bertín conseguíu unha vitoria que lles permite seguir soñando co ascenso. No treiro final, os de César Ferrío intentárono por todos os medios pero a defensa sofanista estivo moi segura.

Baio - San Lorenzo (2-3)

  • Baio: Felipe, Fermin, Manuel, Ramon Pablo, Pensado, Martin, Alberto, Canai, Jorge (Canario, min.45), MC.
  • San Lorenzo: Sergio, Casillero (Canteiro, min.86), Fabián (Quillo, min.75), Dubra, Puñal, Anxo, Omar (Jorge, min.60), Cachizo, Alexandre, Alex, Javi (Eloy, min.80).
  • Goles: 0-1, min.13: Cachizo; 0-2, min.25: Alexandre; 1-2, min.48: MC; 2-2, min.55: Martín; 2-3, min.75: Alexandre.
Encontro moi intenso e con constantes alternativas no Platas Reinoso. Os de Verdillo, tras quitar a roupa, amósanse moito máis soltos, e conseguiron unha vitoria moi traballada. Saíu mellor o conxunto de Óscar, e se puxeron 0-2 antes do descanso. O Baio reaccionou na segunda e MC e Martín acadaban o empate en 10 minutos furiosos dos baieses. Pero Alexandre, a 15 do final, deu 3 puntos aos carballeses que o afianzan na zona alta.

Club do Mar - Porteño (1-1)

  • Club do Mar: Borja, Chori, Luis, Alberto, Fran Borrazas, Abel (Jorge, min.85), Corral, Repi, Manu (Piñeiro, min.55), Jacobo, Tonecho (Brais, min.55).
  • Porteño: Asiel, Astu, Pejo, Manuel, Roi, Brais, Quilmes, Iván (Varela, min.55), Piti (Cousillas, min.65), Yago (Pablo, min.85) e Ismael.
  • Goles: 1-0, min.85: Abel; 1-1, min.93: Pablo de penalti.
Encontro moi intenso o xogado en Paiosaco. Foi un monólogo local completo cun Porteño que sabía a onde ía e colocou o autobús. Así, apenas houbo fútbol, e só a balón parado chegaban as ocasións. A numerosa afección local foise quentando a medida que se disputaban os minutos protestaton a actuación arbitral. A segunda metade o Club do Mar foi se cadra máis arriba ata que conseguíu, a falta de 5 minutos, porse por diante. Pero un penalti dubidoso tras balón colgado no borde da área dáballe o empate aos da Ponte nun partido que traballaron e moito. Os caioneses protestaron moito a actuación arbitral, xa que ademais do penalti, anuloulles un gol en fóra de xogo e polos constantes cortes no xogo. Así ao final, a afección sobresaltouse e incomodou ao colexiado ata o punto que sinalou puxo na acta que foi agredido cunha muleta por unha señora maior, e que o conxunto caionés non lle abriu a porta do vestiario ao final do partido. Por parte local afirman que non foi así e que foron eles mesmos os que escoltaron ao árbitro. Dende a Ponte afirman que a afección foi moi dura durate todo o encontro tanto co colexiado coma cos xogadores vistantes.

Corme - Vimianzo (4-1)

  • Corme: Suso (Javi, min.90), Adolfo, Abel, Rafa Valiña, Pandi (Gonzalo, min.88), Alejandro, Lucas (Xabier, min.90), Martinciño, Martín (Pipo, min.84), Diego (Alejo, min.70) e Iago.
  • Vimianzo: Sergio, Maikol, Amarelle, Sergio Quintáns, Camilo, Iván de Treos, Lagoa (Diego, min.77), Martín (Rafa, min.88), Maracas (Pablo Santacristiña, min.55), Arán e Javi Marroco.
  • Goles: 0-1, min.37: Lagoa, de falta; 1-1, min.45: Martín; 2-1, min.52: Martín; 3-1, min.67: Iago; 4-1, min.86: Iago.
Tres puntos importantes para o Corme que se aloxa un pouquiño máis dos postos de descenso coa súa primeira vitoria na casa da tempada, e tendo en conta que o Zas apunta a descenso o terceiro posto pola cola é moi perigoso. O Vimianzo mostrou unha boa cara na primiera metade. Lagoa marcaba un golazo cun lanzamento de falta impecable, pero xusto antes do descanso Martín aproveitavese dun barullo na área pequena tras un córner para empatar. Este gol deulle mota tranquilidade aos cormeláns que estaban a chegar con facilidade a área vimiancesas, pero sen crear ocasións de gol claras. O Vimianzo a balón parado creaba perigo, sobre todo con cornersa sacadospor Lagoa. Tralo descanso outro gol psicolóxico do Corme, de novo Martín, aproveitase dun rexeite do porteiro para marcar e darlle moita tranquilidade ao seu equipo. De aí ao final o partido foi por completo dos locais que puideron marcar algún gol máis. O equipo vimiancés baixou os brazos e Iago aproveitouse para marcar dous goles máis. Posiblemente foi o último partido de Juan Jesús no banco vimiancés, que esta semana podería anunciar a súa dimisión, que chega por problemas co presidente e non polos resultados.

Muros - Buño (4-1)

  • Muros: Rubén, Manu Dosil (Iván, min.55), Miguel (Edu, min.85), Teo, Mayu, Dani, Barito, Bibi, Gelu (Lupi, min.40), Toni (Yanki, min.55) (Gabi, min.75), Sexo.
  • Buño: Añón, Angel, Diego, Lolo (Pardiñas, min.65), Moscoso, Juan, Jorge, Mendieta, Santi, Emilio (Dourado, min.55), Victor (Rubén, min.40).
  • Goles: 1-0, min.35: Teo tras un córner; 1-1, min.40: Diego de penalti; 2-1, min.55: Toni; 3-1, min.75: Teo; 4-1, min.90: Mayu.
  • Expulsión: aos locais Rubén Santos e a Dani na primeira parte.
  • Lesión: Yanki cun forte golpe tras unha dura entrada e tivo .
Partido malo do Buño en Muros. O Muros controlou todo o partido pero tardou en adiantarse. Foi Teo, tras un córner o que abriu o marcador, pero o Buño empataba de penalti. Quedaba o Muros con 9 tras 2 expulsións ao fío do descanso, e cando todo parecía que estaba de cara para os de Pablo Mallón, o Muros estes saíron durmidos e o Muros a morder. Cada rexeite, cada balón morto tiña denominación muradá e a pesar de estar con 2 xogadores máis, o Buño apenas chegou e só o fixo con faltas dende lonxe. Aínda tivo Pablo Mallón que contar varias veces a ver se eran 9 de verdade, porque o Muros foi moi superior. Toni, Teo denovo e Mayu xa contra o final, foron os goleadores.

Castriz - Esteirana (3-0)

  • Castriz: Diego, Chinda, Álex, Toniño, Torreira (Sergio Pose min.62), Alberto (Bruno min.60), Cili, Dani, Sebas (David Brenlla min.70), Óscar (Suso min.55), Mauri (Rubén min.67).
  • Esteirana: Ramón, Roi, Simón, Suizo (José Varela min.55), Machi, Pepiño (Abel min.70), Godo (Vidal min.60), Álex, Adrián, Cajulo, Roberto.
  • Goles: 1-0, min.3: Sebas tras un centro de Óscar; 2-0, min.37: Sebas de volea; 3-0, min.85: Suso de gol olímpico.
Moitas baixas na Esteirana que non lle permitiron seguir coa sçua boa racha fóra de casa. Foi unha primeira metade igualada, pero que xa comezaba cun tanto de Sebas aos 3 minutos. Cajulo puido empatar pero o balón foi ao pao e Sebas puxo o 2-0 antes de ir ao descanso. Na segunda a Esteirana xa estaba bastante entregada e o Castriz controlou o choque. Con todo, os visitantes protestaron unha xogada na que o colexiado sinalou libre indirecto cando pedían penalti aínda co 2-0.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios