Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O tenis de mesa pechou unha exitosa I Liga Intermunicipal cun gran ambiente e vitorias corcubionesas

O tenis de mesa pechou unha exitosa I Liga Intermunicipal cun gran ambiente e vitorias corcubionesas
Familia do Tenis de Mesa intermunicipal

Esta pasada fin de semana tivo lugar en Ponteceso a clausura desta I Liga Intermunicipal de tenis de mesa patrocinada por Reale Seguros. E o fixo cun grande éxito, non tanto polo número de participantes como pola calidade dos mesmos tanto no eido deportivo e no persoal. Pois un dos obxectivos desta liga que era que se coñecesen os distintos deportistas afeccionados ao tenis de mesa (ping pong), foi superado con creces, e agora non só se coñecen se non que van formar conxuntamente un equipo para competir na vindeira temporada na liga federada (3ª división galega).

Outros dos obxectivos era o de afianzar este deporte nos concellos onde se competise. E polo que parece a Liga serviu para que os que xa practicaneste deporte se poñan as pila e durante estes meses xa vimos auténticos adestramentos, nada de "pachanguiñas", nos equipos de Corcubión, Muxía e Ponteceso. Ademais, todos prometeron ir entrenar a Zas coa familia do Anorthosis, convertindo o Pavillón zaense case que nun Centro de Alto Rendimento.

Final por equipos

Equipo corcubiones formado por Martin Perez Mario Iglesias e Carlos Pazos

O pasado venres tiña lugar o encontro desempate para a vitoria final por equipos da I Liga, e foi o Corcubión o que se proclamou campión:

Muxía 3-4 (13-14) Corcubión
Eduardo Rey 3-0 Antonio López
José Luis Toba 3-2 Mario Iglesias
Santiago Pérez 0-3 Martín Pérez
José Luis Toba 3-0 Antonio López
Eduardo Rey 2-3 Martín Pérez
Santiago Pérez 0-3 Mario Iglesias
J.L. Toba/E. Rey 2-3 Mario/Martín

Encontro reñido, disputado, igualado e con incertidumbre ata o final donde os de Corcubión remontaron un 0-2 no último partido de dobres. A igualdade refléxase no marcador de sets (14-13), un só set de diferencia, o conquerido nos dobres. Puido gañar calquera, Muxía tivo as súas oportunidades, con Eduardo Rey no último dos seus individuais, ou nos dobres donde parecia que os muxiáns se ían impoñer con claridade, mais non foi así os de Corcubión remontaron e dende aqui darlle a noraboa aos campions desta 1ª liga intermunicipal que superou con creces as espectativas creadas.

Así a clasificación final desta I Liga Intermunicipal de Tenis mesa quedou:

  • 1º - Corcubión.
  • 2º - Muxía.
  • 3º - Ponteceso.

Final Individual

A cita dosábado en Ponteceso serviu para dilucidar o campión individual, quedando de novo os corcubioneses por diante:

  • 1º- Martín Pérez do Corcubión.
  • 2º- Mario Iglesias do Corcubión.
  • 3º- Eduardo Rey do Muxía.
  • 4º- Miguel Canedo do Ponteceso.

Participaron neste torneo individual 10 xogadores dun total de 18 que participaron na liga, distribuidos en grupos:

  • Grupo A: 1º Mario Iglesias (Corcubión), 2º Miguel Canedo (Ponteceso), 3º Fabio Domínguez (Muxía) e 4º Xusto Pose (Ponteceso).
  • Grupo B: 1º Martín Pérez (Corcubión), 2º Santi Pérez (Muxía) e 3º Miguel Lema (Ponteceso)
  • Grupo C: 1º Iván Cousillas (Ponteceso), 2º Eduardo Rey (Muxía) e 3º José L. Pérez (Ponteceso)

E logo eliminatorias que foron así:

  • Cuartos de final:
    - Mario - Miguel Lema 3-0;
    - Miguel Canedo - Ivan Cousillas 3-2;
    - Eduardo Rey - Santi Pérez 3-1;
    - Martín - Fabio Domínguez 3-0.
  • Semifinais:
    - Mario - Eduardo 3-1;
    - Martín - Miguel Canedo 3-2.
  • 3º - 4º posto: Eduardo - Miguel 3-2.
  • Final: Martín - Mario 3-2.

Ao final a concellala de cultura e deportes do Concello de Ponteceso, Mª do Mar Durán Mato, e o xerente de Reale Seguros, José Manuel Mato, fixeron entrega dos trofeos e dos agasallos a todos os participantes.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios