O Villa de Cee xa sabe o que e gañar
Xornada a medias do Fútbol Sala Feminino. Ao Fisober de 2ª División Estatal tocoulle descansar esta semana, mentres que o Ponteceso FSF da Liga Provincial aprazaba o seu choque co BeArt Coruña. Así que a xornada quedou para Fisober B e para o FSF Villa de Cee.
E as boas novas chegaron para o conxunto ceense. Primeira vitoria para as debutantes, con rotundo 2-5 ante o Mabegondo que saca aos de Carabanda ata a 10ª praza, por diante precisamente do Mabegondo e de A Baña.
Liga Provincial, xornada 7
- Resultado: Mabegondo - Villa de Cee FSF (2-5)
- VILLA DE CEE FSF: Belen, Ana, Tati, Carla, Andrea, Bea, Adriana e Alba Trillo.
- Goles: Andrea, Adriana, Alba Trillo e Tati (2).
A 7ª xornada foi a vencida, e dicir chegou a victoria para o Vila de Cee, e para mais valor fora da casa, nun intenso partido disputado no Pabellon de San Marcos en Abegondo.
Presentouse esta xornada o Vila de Cee con tres baixas por lesion importantes, María Perez , Andrea Muiño e Sandra Blanco, as cales lesionaronse a semana pasada nos etrenamentos.
O Vila de Cee empezou a primeira parte, cun plantemaiento estrano o que viña facendo ata agora, pois en sustitución da defensa lesionada Sandra o entrenador Jorge Calabanda puso a porteira titular Adriana coma defensa e de porteira puso a xogadora Belen Vigo. O equipo saiu así presionando con moita intensidade arriba o Mabegondo e conseguindo roubar o balón moi rapido, ase mesmo tempo as rapazas do Vila foron capaces de facer un xogo combinativo con largas posesións do balón co cal conseguiron a base do bo xogo abrir ocos no equipo contrario o cal estabase a emplear a fondo en defenderse. O Vila de Cee despois de un par de avisos estrenou o marcador con un precioso gol de Alba Trillo (o seu 1ª gol co equipo). Cada vez encontrabase mais comodo no campo o Vila de Cee, mentras que o C.D. Mabegondo defendiase coma podía dos ataques do Vila, chegando así o 0-2 gol de Andrea Romero e o 0-3 obra de Tati para pechar a primeria parte do partido.
Despóis dunha primeira parte de moi bo xogo do Vila de Cee, da comenzo a 2ª onde as Rapazas empezanban a creer que era posible conseguir a sua 1ª Victoria da liga, comenzan igual que na primeira parte con moita presión , roubando o balón e combinando, non obstante nunha perdida do mesmo o CD. Mabegondo, fai o 1-3. As rapazas do Vila a diferencia de outros partidos non se puseron nerviosas o recibir o gol, mantiveron o planteamiento inicial e continuaron a xogar como o estaban a facer, conseguindo así o 1-4 obra de Adriana.As rapazas do Mabegondo intentan subir a intensidade do partido e conseguen facer o 2-4 máis nun bo ataque do Vila pola banda ezquerda Andrea centra para que Tati marque o definitivo 2-5, e frenar asi calquera posibilidad de remontada do C.F. Mabegondo.
Primerira victoria Do Vila de Cee na liga, o cal crea moito optimismo para afrontar así o seguinte partido na casa contra o Troula F.S de Betanzos, e intentar ofrecer a primeira victoria o seu público o vindeiro domingo no Pabellón Municipal de Cee as 12:00.
Liga Provincial, xornada 7
- Resultado: FISOBER “B” - PORTOSÍN (2-4).
- FISOBER B: Martina, Paula Fandiño, Andrea, Alejandra e Laura; tamén xogaron: Noelia.
- Goles: 0-1 Virginia, 1-1 Anabel; (descanso), 1-2 Rebeca, 1-3 Virginia, 2-3 Noelia, 2-4.
- Resultado: FISOBER “B” - PORTOSÍN (2-4).
- FISOBER B: Martina, Paula Fandiño, Andrea, Alejandra e Laura; tamén xogaron: Noelia.
- Goles: 0-1 Virginia, 1-1 Anabel; (descanso), 1-2 Rebeca, 1-3 Virginia, 2-3 Noelia, 2-4.
Recibía o sábado en Vimianzo o Fisober B o líder Portosín e a pesares da derrota as rapazas do filial melloraron a imaxe dos últimos encontros e incluso tiveron opcións de puntuar. As baixas no equipo de Jemisa e Mauro obrigaron a que unha das porteiras Anabel tivera que vestirse como xogadora de campo e incluso chegou a marcar o primeiro gol do filial.
O partido foi igualado e as visitantes non se adiantaron no marcador ata ben entrada a primeira metade. A resposta foi cun balón o pau da local Andrea e o posterior gol da citada Anabel cando xa se chegaba o tempo de lecer.
Nos últimos segundos desta primeira metade Alejandra se atopou tamén co pau no que podía ser o dous a un para as locais e chegar por diante no electrónico o tempo de lecer. A volta dos vestiarios o Portosín tomou vantaxe de dous goles e puxo o un a tres a súa prol. Noelia reduciu vantaxe e tamén gozou dun lanzamento o pau.
As locais achucharon e tiveron opcións para a igualada pero un gol visitante a pouco máis de tres minutos para o fin acabou cas esperanzas locais e co partido.
Máis información
Novas relacionadas
- O Ponteceso FSF leva o derbi por goleada.
- O Fisober estreou o Pavillón de Dumbría con vitoria.
- O Concello de Ponteceso FSF quedou cun sabor agridoce.
- Semana feliz para a familia Fisober.
- O primeiro derbi oficial entre Fisober B e Vila de Cee queda en Vimianzo.
- Dúas derrotas e unha vitoria foi o balance da xornada no fútbol sala feminino.
- O Ponteceso FSF arrinca a campaña líder.
- O Fisober arrinca solventando a súa conta pendente: gañar na casa.
- O Ponteceso FSF arrinca un novo curso tras unha durísima pretemporada.
- O Fisober xa quece motores ca Copa Xunta e os amigables do filial.
- O Villa de Cee Novo equipo de futbol sala Feminino.
- As infantís do Ponteceso FSF pechan un ano completo.
- O Ponteceso FSF pecha un ano moi Íntegro.
Fonte
- Nota de prensa do Fisober e do Ponteceso FSF. E da man de Mon Lijó a través de unionclubcee.com.