O Volei Dumbría loita polos postos de honra no Campionato de España

Aló están, en Castellón, os rapaces do Volei Dumbría competindo no Campionato de España Cadete Masculino de voleibol. E non comezaron mal a súa participación, e despois de dúas vitorias por 3-0 ante Tarragona e Rio Duero de Soria e unha derrota por identico resultado ante o actual campion o Cajamar de Almeria, está a disputar a segunda fase onde loitará polos postos do 1º ao o 12º.

Onte no 1º partido desta fase o equipo dumbriés perdeu no tiebreak nun partido intenso e emocionante ante Don Benito de Extremadura. O equipo da Costa da Morte empezou perdendo o primer set despois de ir empatados ata o punto 20, para acabar perdendo por 19-25. No segundo set despois de comezar por debaixo remontaron ata chegar a un 22-22, pero nese momento uns erros decataron o set para os extremeños.
A reacción chegaría no 3º e 4º set no que o ataque de David Redonda non puido ser controlado polo equipo rival e vencian por 25-22 e 25-19.
Con todo por decidir no 5 set o equipo do Voleibol Dumbría empezou dous puntos por debaixo durante todo o set ata chegar nun axustado 11-12. Neste momento notouse a presion de loitar cos mellores nun campionato nacional e un par de imprecisións levaron o marcador ata un definitivo 12-15 para o Don Benito.

Hoxe enfróntanse o CV Andorra ás 12:00h. Intentaremos actualizar a información aquí mesmo.

Novas relacionadas

Fonte