Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O peques do Manuela Rial, ao Campionato Provincial e Galego de Volei

O peques do Manuela Rial, ao Campionato Provincial e Galego de Volei
Equipos de Benxamins do Manuela Rial de Volei

Segue o volvei costeiro dándonos alegrías. E esperemos ter esta fin de semana un par de novos éxitos, xa que os benxamíns e alevíns do Manuela Rial participan nos Campionatos Provinciais, que se celebran o sábado nas instalacións de Monte das Moas en A Coruña.
Pola mañá dispútanse as semifinais mentres que pola tarde xogaranse as finais para os vencedores e 3º e 4º para os perdedores da mañá.

Na categoría benxamín, o equipo do Manuela Rial enfróntase a Calasancias da Coruña, en alevín mixto a Franciscanos e en alevín feminino ao Liceo coruñés.

Pero non queda aía cousa, pois o domingo, os alevíns disputan o domingo o Campionato Galego en Lugo. Neste caso pola mañá enfrontaranse a Narón e Vigo e pola tarde, dependendo dos resultados obtidos, xogarán as semifinais e a final.

Alevin Feminino do Manuela Rial

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios