Os arqueiros de Vimianzo copan o podio do torneo de Cambre
Ver unha final nun torneo como o do Club Arqueiros de Cambre protagonizada por dous arqueiros costeiros non ten prezo. Así o viviron os membros do club Dousxsetenta de Vimianzo, que levou un total de 7 arqueiros e arqueiras de categoría sénior e menores de 14 anos. O punto cumio foi esa final de categoría absoluta con sabor costeira. É que a cousa ten moito mérito, porque d total de 40 arqueiros, case todos adultos, a final foi protagonizada por dous arqueiros soneiráns de 12 anos de idade. Finalmente Laura Ramos impúxose a Jose Vázquez nunha bonita final na que os dous arqueiros deron o mellor de sí.
Ademais, Dorita Lema quedou terceira clasificada na categoría sénior feminina. En sénior masculino Isaac Varela caía eliminado en dezaseiavos de final, mentras que Juan Carlos Platas era eliminado en oitavos e o presi José María Lema caía en cuartos de final. En categoría de menos de 14 anos masculino os dous representantes do noso club protagonizaron unha bonita final na que Jose Vázquez se impoñía ao seu compañeiro Marcos Esperante.
Novas relacionadas
- Maio 2016: Santi Soneira arrasa no tiro con arco galego.
- O baiés Santi Soneira, Campión Galego de Tiro con Arco.
- Os pequearqueiros de Vimianzo triunfaron no Campionato Galego.
- Unha homenaxe virtual aos outros deportes da Costa da Morte.
- Os arqueiros de Vimianzo aproban con nota o previo ao Campionato Galego de Tiro con Arco en Sala.
- Os pequearqueiros de Vimianzo demostraron o seu potencial no Campionato Galego.
- Os miniarqueiros de Vimianzo con arcos novos.
- As miniarqueiras irmandiñas de Vimianzo seguen crecendo.
- Vimianzo ten canteira de arqueiros.
- A Costa da Morte envía aos seus mellores xogadores de Dardos ao Campionato Galego.
- Os arqueiros de Baio e Vimianzo cólanse entre os mellores de Galicia.
- Vimianzo volveu sacar os arcos de Dousxsetenta en Silleda.
- Retrato de dúas familias de arqueiros.
Fonte
- Dous x Setenta.