Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Os cadetes do Volei Dumbría seguen na loita

Os cadetes do Volei Dumbría seguen na loita
Cadetes do Volei Dumbria

Non foi a mellor semana para a familia do Volei Dumbría, pois dos catro partidos disputados, só obtiveron unha vitoria: a dos cadetes.

Pero unha vitoria sabrosa, a dos cadetes do Voleibol Dumbría ante CV Vigo por 0-3 (18-25 / 21-25 / 17-25) nun partido no que foron superiores en dous sets e so no segundo tuveron que remontar o marcador. Con este resultado manteñen as opcións polo liderato onde van terceiros a unha soa vitoria dos primeiros.

Polo demais, derrota clara dos xuvenís ante CV Vigo por 3-0 (25-17 / 25-11 / 25-16) ante o líder da categoría cun equipo coas baixas dos receptores que só pudo opoñer resistencia no primer set. Con este resultado manteñen a 4ª posición que da dereito a xogar a fase final do campionato galego.

Derrotas tamén das rapazas cadetes e infantis ante Teis por 3-0 . As cadetes perderon cos parciais de 25-14 / 26-24 / 25-13 onde poderon gañar un set xa que tuveron bola de set non o superon aproveitar.
As infantís perderon claramente por 3-0 (25-14 / 26-24 / 25-13). Con estes resultados as rapazas seguen en postos de descenso que esperemos que remonten.

Vindeira xornada

Para este fin de semana:

  • Sábado 17:
    - 11:00h Infantil femenino: Manuela Rial - Liceo;
    - 12:30h Cadete femenino: Voleibol Dumbría - Liceo.
  • Domingo 18:
    - 10:30h Senior 2ª: Voleibol Dumbría - Pontevedra;
    - 12:00h Infantil femenino: Manuela Rial - Pontevedra;
    - 12:00h Cadete masculino: Voleibol Dumbría - Narón.

Novas relacionadas

Crónicas da temporada

Fonte

Comentarios