mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os regatistas do Carrumeiro representan á Costa da Morte no Campionato Galego de Vela

Os regatistas do Carrumeiro representan á Costa da Morte no Campionato Galego de Vela
Regatistas do Carrumeiro na Coruna

Nova fin de semana activa para a famiila do Club Marítimo Carrumeiro participando a pasada fin de semana 4 e 5 de outubro na Regata Clasificatoria do Real Club Náutico da Coruña.

Acodiu o club corcubionés con 8 regatistas, tanto do Grupo Amarelo (dentro do 60 primeiros da táboa) e do Grupo Azul (no segundo corte por non ter disputado o ano pasado suficientes probas), que representaron a toda a Costa da Morte na sección Vela lixeira Clase Optimist no Campionato Galego:

  • PAULA TRINIDAD LEO (Grupo Amarelo).
  • NACHO RODRIGUEZ CORONILLA (Grupo Amarelo).
  • TOMAS FERREIRO SANTOS (Grupo Amarelo).
  • JESUS ROMEU GARCIA (Grupo Azul).
  • JUAN CARLOS BEIRO EZARA (Grupo Azul Novel: Tempada pasado non realizo o 70% das regatas).
  • NICOLAS TOBA QUINTERO (Grupo Azul).
  • IOSUNE MUIÑO BERMUDEZ DE CASTRO( Grupo Azul).
  • ANTIA GONZALEZ CASTRO (Grupo Azul Novel: Tempada pasada non realizo o 70% das regatas).
Equipo do Carrumeiro na Coruna

O sábado foi unha manga con moitísimo mar, vento racheado e choiva, finalizando a proba inicial pero había moito vento e non se puido facer mais probas. Houbo moitos barcos retirados e vuelcos. Pola contra, o domingo, a intensidade de vento non era suficiente para realizar ningunha proba.

Así e odo, o equipo do C. M. Carrumeiro obtivo da patona Iosune Muiño Bermúdez de Castro un 8º posto no Grupo azul cun total de 73 rivais moitos dos cales retiráronse polas condicións, pero nosa mozo regatista demostrou que o esforzo, a paciencia e resistencia ten resultado.

Vindeira proba

Esta fin de semana do 11 e 12 de outubro toca ir á Coruña, a unha regata Internacional, o “Meeting das Nacións” en clase Optimist.

Calendario

Ademais, o calendario para Ranking 2014/2015:

  • Clasificatoria: Master o Corte Ingles RCN Sanxenxo. 12 e 14 setembro 2014.
  • Clasificatoria: Meeting Gadis de optimist RCN Coruña 4 e 5 outubro 2014.
  • Campionato Galego RCN Sanxenso 14,15 e 16 febreiro 2015.
  • Copa Galicia RCN Aguete 14 e 15 Marzo 2015.
  • Clasificatoria: Regata RCN de Portosin 11 e 12 Abril 2015.
  • Clasificatoria: Regata RCN de Vigo 16 e 17 de Maio 2015.
  • Campionato Galego Por Equipos Centro Galego de Vela Villagarcia 5 e 7 de Xuño 2015.

E xa hai probas para o Ranking 2015/2016:

  • Clasificatoria Regata R.C.N Sanxenxo 12 e 13 Setembro 2015.
  • Clasificatoria Regata R.CN Coruña 3 e 4 de outubro 2015.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios