Nova fin de semana chea de partidos do Fútbol da Costa.
Non foi mala a xornada para os nosos na Preferente. 2 vitoras e 2 empates, que deixan aos nosos en cómodas posicións. Para cómoda a do líder, o Bergantiños, que volvía vencer na casa e segue líder con 22 puntos. Con 19 puntos e na 3ª praza, por detrás do Ribadeo, está o XSC, que superaba con relativa comodidade ao Dubra. Precisamente o Ribadeo deixouse 2 puntos en casa ante o Dumbría, un empatiño valioso para que os de Canosa non se descolguen da zona de ascenso, quedando 8º con 14 puntos. Mentres, o Soneira acababa outro meritorio empate en Viveiro, quedando 15º con 8 puntos, iso si, só cun punto de vantaxe sobre o descenso.
Na 1ª Autonómica, o Baio álzase á 3ª praza, aí é nada, tras vencer ao Arzúa. Impresionante o cadro de Félix, que mesmo adianta a un Malpica que non pasou do empate en Sigüeiro, quedando os baieses con 14 puntos por 13 do Malpica, a 4 e 5 respectivamente do líder. Un Noia que daba conta do Camariñas na casa, nun choque con poucas opción spara os de Berto. A Esteirana volveu de baleiro do choque ante o filial do Bertamiráns, mentres que o máis necesitado, o Ponteceso, tampouco sacaba nada positivo de Piloño, e queda pechacancelas da categoría.
A 7ª xornada da 2ª Autonómica deixa cousa interesantes. Como o feito de que o Outes siga sen baixar o pistón. E xa son 7 de 7 e 5 puntos de vantaxe sobre o 2º, que hoxe xa é o Sofán, tras vencer apuradamente ao Camelle e aproveitar o empate do Cee en Muros, tras remontalo partido e ver como lle empatana ao final. O Fisterra queda a 2 puntos de carballeses e ceenses tras vencer ao Castriz nun dos partidos máis importantes da xornada. O potencial dos verdes e Ara Solis foron claves para superar ao cadro de Corredoira na táboa. Entre uns e outros queda o Zas, que se aproveitaba dun Corcubión no que estreaba posto Senra. Ademais, o Corme vai entonándose e puido no Cairo ante o IDC, quedando aínda aí o Porteño, que se desinfla pero se mantén.
Por abaixo, primeira vitoria do Cabana, ante o Mazaricos, deixando en descenso ao San Lorenzo, que sufría unha dura derrota, abultada nos minutos finais, en Buño, e o Corcubión.
E arrincaba a 3ª Autonómica aínda que sexa só cun partido adiantado e por mor dunha boda. O Montelouro-Laxe abriu esta curta tempada, nunha categoría con 12 equipos, colocándose o cadro loureán de ˝líder".
Nos Xuvenís, polo Grupo 3, o Dumbría parece que se relaxaba na súa visita ao Muros e non pasaba do empate, ante un cadro local tremendamente serio. Os dumbrieses quedan só con 1 punto de vantaxe ante o Fisterra, que goleaba ao Mazaricos, e 2 puntos sobre a Esteirana, que tamén facía un sete ao Soneira. XSC e Cee descansaban e o Outes tamén goleaba ao Lira.
Polo Grupo 4, novo cambio de líder. Agora é o Malpica, un dos que parece máis fórtes, o que toma as rendas do liderato tras vencer con rotundidade a un dos rivais, o Ponteceso, e aproveitando que o Corme descansaba, e que queda un punto por debaixo. O Cabana, que gañaba hoxe ao Coristanco, queda a 2 do líder e 1 por riba do Ponteceso.
Na División de Honra Cadete segue o Dumbría facendo un papelón e se mantén 4º tras 3 grandes como Celta, Deportivo e Pontevedra, tras vencer ao Ponte Ourense.
Tamén gañou o Dumbría da Liga Galega Infantil, que sobe ata a 12ª praza. O Bergantiños goleaba ao pechacancelas, e o XSC aínda non sabe o que é sumar.
Xa podedes ollar os Cuartos da I Copa da Costa Cadete tralo remate da primeira fase.
Mentres, en Infantís Cee e Corme seguen imparables, con 6 de 6. O Fisterra ségueos de preto.
Ademais, en Veteranos, a cousa segue moi igualada no alto da 1ª División. O Coristanco mantense líder tras vencer ao Laxe nun partido de poder a poder, onde os dous equipos chegaban no máis alto. Agora o Laxe queda 4º, por detrás do Baio, que empataba cun Soneira que parece que comeza a carburar, e o San Lorenzo, que caía ante outro que parece que espabila, o San Román. Por abaixo, o Dumbría disfrutaba da súa primeira vitoria da historia na categoría.
Na 2ª División o Milagrosa segue intratable, e Corcoesto e Malpica intentan manter o seu imponente ritmo.
E se tamén comezamos o seguemento da Liga Futsal Carballo que comezaba onte ca SuperCopa, na Liga Intermunicipios de Bergantiños manteñen 3 equipos imbatidos tralas 3 primeiras xornadas, Baldaio, Cereo e Rus.
Viveiro F.C. | 1-1 | Soneira S.D. |
Bergantiños C.F | 2-1 | Narón |
Xallas de Santa Comba CF | 1-0 | Dubra S.D. |
Ribadeo F.C. | 1-1 | C.F. Dumbría |
Bertamiráns B | 4-2 | S.D. Esteirana |
C.D. Baio | 2-0 | C.S.D. Arzúa |
Sigüeiro C.F. | 0-0 | S.C.D. Malpica |
C.F. Noia | 4-1 | Camariñas F.C. |
S.D. Piloño | 1-0 | Ponteceso S.D. |
U.D. Corcubión | 0-2 | Sp. Zas |
Cabana S.D. | 4-1 | Mazaricos C.F. |
U.D. Carnota | 1-1 | Porteño C.F. |
S.D. Fisterra | 2-0 | S.D. Castriz |
Corme C.F. | 3-1 | Indep. Carballo |
Muros S.D. | 3-3 | U.C. Cee |
Outes C.F. | 2-1 | Volantes F.C. |
S.D. Sofán | 4-3 | Camelle S.D. |
Buño S.D. | 6-2 | S.D. San Lorenzo |
U.D. Montelouro | 4-1 | S.D. Laxe |
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 8
Muros S.D. | 0-0 | C.F. Dumbría |
S.D. Esteirana | 7-0 | Soneira S.D. |
S.D. Fisterra | 6-2 | Mazaricos C.F. |
Lira C.F. | 0-8 | Outes C.F. |
- Descansan Xallas Santa Comba e Cee.
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 8
Camariñas F.C. | 6-6 | S.D. Laxe |
Muxía C.F. | 2-2 | C.D. Baio |
S.C.D. Malpica | 5-1 | Ponteceso S.D. |
Porteño C.F. | 3-1 | S.D. Castriz |
Cabana S.D. | 3-2 | S.D. Coristanco |
C.F. Dumbría | 2-0 | Ponte Ourense |
C.F. Dumbría | 4-2 | C.D. Boiro |
Val do Ulla | 0-11 | Bergantiños C.F |
Xallas StComba | 0-4 | Víctoria C.F. |
- G1: As Baleas - Cee (1-3) (descansa Muros).
- G2: Baio - Esteirana (1-2) (descansa Fisterra.
- G3: Zas - Coristanco (0-2) (descansa Muxía).
- G.4: Cabana - XSC (0-2) (descansa Outes).
S.D. Fisterra | 4-1 | E.M.F. Vimianzo |
U.C. Cee | 16-0 | S.D. Sofán |
S.D. Coristanco | 6-1 | C.D. Baio |
Ponteceso S.D. | 2-3 | Muxía C.F. |
Outes C.F. | 2-2 | Cabana S.D. |
S.D. Esteirana | 0-4 | Corme C.F. |
Ligas de Veteranos, xornada 6
Soneira | 2-2 | Baio |
Coristanco | 2-1 | Laxe |
Xv. Bergantiños | 5-3 | Nantón |
San Román | 3-0 | San Lorenzo |
Zas | 4-0 | Camariñas Vet |
Cabana | 0-3 | Bértoa |
Dumbría | 5-2 | Castriz |
Ponteceso | 0-3 | Muros |
Sofán | 2-1 | Cerqueda |
Malpica | 2-1 | Corcoesto |
Erbecedo | 3-1 | Porteño |
Poniente | 5-2 | Leiloio |
Vimianzo | 1-3 | Dep. Carballo |
At. Milagrosa | 6-2 | Corme |
Camelle | 4-1 | Buño |
Cances | 2-3 | Valenza |
Xornes | 5-1 | Laxe |
Rus | 4-3 | Peña Galicia |
A Piña | 0-1 | Baldaio |
Cereo | 6-0 | Sp. Seaia |
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
Fonte