Xornada pasada por auga no Fútbol da Costa cun novo e intenso carrusel a través da APP "Fútbol da Costa" e de www.futboldacosta.com. Unha fin de semana marcada por varios derbis de urxencia, da que vos traemos os 75 resultados.
E comezamos o repaso pola Preferente, onde a necesidade non foi necesaria para que o Soneira sacase algo positivo na visita do veciño Xallas de Santa Comba. Tamén lle facía falta ao cadro bicolor unha vitoria tras 5 derrotas consecutivas, e sacouna a pesar de rematar pedindo a hora. E iso que se metía 0-3 na primeira media hora. Agora o cadro soneirán, tras 14 xornadas consecutivas sen gañar, queda xa a 9 puntos da salvación, e o XSC levanta lixeiramente e a deixa a 5.
Mentres, o Dumbría non pasaba do empate en o Castro, e se mantén 7º, a 6 puntos da 3ª praza.
Xa na 1ª Autonómica tamén tiñamos un derbi, pero de non tanta urxencia. O Malpica ponse 3º a só 5 do 2º tras vencer a unha Esteirana que baixa ata a 12ª praza. Ademais, o Baio non podía co líder. Pola zona baixa, malas novas para o Camariñas, que sufría unha durísima derrota cun rival directo o Sigüeiro, que queda a 4 puntos cando podría ter quedado por abaixo. Os camariñáns xa son alcanzados polo Ponteceso, que sumou a súa segunda vitoria consecutiva ante o potente Unión e se poñen a só 3 da salvación.
Espectacular o carrusel da 2ª Autonómica. Ata o último suspiro, por exemplo, a emoción foi a protagonista no Zas-Cee, con remontada incluída nos últimos minutos e gol do porteiro suplente, para deixar ao cadro zaense a só 2 puntos dun Sofán que tamén sufriu para vencer en Lombáns. O Corme tampouco fallou en Camelle e o Outes non puido cun Fisterra que deu a cara e se volve colocar entre os 6 primeiros.
Por abaixo, gran vitoria do Muros en Castriz, e importante a vitoria do Cabana en Muros ante o Volantes, ao que supera na táboa.
Ademais, na 3ª Autonómica, o Montelouro non quere perder a estela do líder, un Baíñas que non fallaba co Seaia, a sorpresa da tempada. E no partido máis igualado o Lira remontou en Coristanco e se coloca 3º.
Fantástica a xornada nos Xuvenís da Costa, a penúltima da Liga. Polo Norte, e tremenda vitoria do Coristanco sobre o Malpica, como vemos na foto que nos achega o cadro verde. Pero o 5-4 non lle chega para meterse por diante de cara a última xornada porque ao final de campaña conta o golaverage individual, e o Malpica vencía 2-0 na ida. Co Cabana xa campión tralo empate en Corme , os cormeláns, malpicáns e coristanqueses xogaranse as dúas prazas na última xornada.
No Sur, o Dumbría segue ao seu; a Esteirana certificou o seu pase, e o XSC, a pesar da derrota ante o Fisterra pecha tamén os 3 que pasan á Liguilla.
Na División de Honra Cadete o Dumbría volve meterse 4º tras golear en Val Miñor. Pero malísima foi a derrota do cadro dumbriés na Liga Galega Infantil, que o deixa, a falta de 2 xornadas ao fío da Liguilla polo Título e o mete na Liguilla por evitar o descenso. O XSC sumou un puntiño máis pensando na Liguilla por evitar o descenso.
E foi tamén importante a xornada na 1ª Cadete, pois o XSC métese a 1 punto do Fisterra tras gañarlle, manténdose aínda invito. Zas e Cabana seguen de preto.
Mentres que en Infantís, descansaba o Fisterra e Cee e Corme aproveitaron para escapar lixeiramente.
Ademais, nos peques, Dumbría e Fisterra suman 8 de 8 en Alevín, F-8 Costa Sur, igual que o Outes en Benxamín F-8 Costa Sur.
E atentos tamén ás LCFs que tamén están actualizadas.
Volvemos aos grandes porque a xornada 18 deixa de novo ao Soneira como líder da 1ª División de Veteranos. Recibiía a un Laxe que levaba moitas xornadas de líder e tras un partidazo, os vimianceses toman o relevo e volven convertirse nos máximos aspirantes. Atentos tamén á fermosa loita na 2ª División entre Milagrosa e Corcoesto.
E pechamos ca Liga Intermunicipios na que o Cances e o Baldaio seguen ca súa fermosa loita particular.
Castro | 1-1 | Dumbría |
Soneira | 2-3 | Xallas StComba |
Malpica | 4-1 | Esteirana |
Ponteceso | 1-0 | Unión |
Camariñas | 1-2 | Sigüeiro |
Noia | 4-0 | Baio |
Camelle | 1-2 | Corme |
Volantes | 2-3 | Cabana |
Porteño | 5-2 | Corcubión |
Mazaricos | 2-0 | San Lorenzo |
Carnota | 2-3 | Sofán |
Castriz | 0-2 | Muros |
Zas | 4-3 | Cee |
Outes | 1-2 | Fisterra |
Indep. Carballo | 3-0 | Buño |
Ameixenda | 2-1 | Cerqueda |
Castrelo | 0-7 | Muxía |
Laxe | 0-3 | Montelouro |
Coristanco | 2-3 | Lira |
Corcoesto | 1-2 | Nantón |
Baíñas | 3-1 | Seaia |
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 21
Xallas StComba | 2-4 | Fisterra |
Mazaricos | 0-4 | Esteirana |
Soneira | 0-3 | Outes |
Dumbría | 4-0 | Cee |
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 21
Corme | 2-2 | Cabana |
Laxe | 4-4 | Muxía |
Baio | 9-0 | Porteño |
Ponteceso | 3-0 | Castriz |
Coristanco | 5-4 | Malpica |
Xallas StComba | 2-2 | S.de Compostela |
Dumbría | 1-2 | Lalín |
Muxía | 3-2 | Outes |
Esteirana | 2-1 | Coristanco |
Cabana | 11-1 | Corcubión |
Zas | 2-2 | Baio |
Xallas StComba | 2-0 | Fisterra |
Cee | 1-0 | Muros |
Cee | 9-0 | Vimianzo |
Ponteceso | 5-3 | Cabana |
Esteirana | 4-2 | Os Miudos |
Outes | 6-3 | Sofán |
Coristanco | 5-1 | Muxía |
Corme | 3-0 | Baio |
Esteirana | 2-2 | Zas |
Dumbría | 16-0 | XSC B |
Os Miúdos A | 3-1 | XSC A |
Os Miúdos B | 2-7 | Fisterra |
Lira | 0-10 | Outes |
Dumbría | 1-3 | XSC B |
Os Miúdos A | 2-4 | XSC A |
Os Miúdos B | 2-7 | Fisterra |
Esteirana A | 28-0 | Zas |
Esteirana B | 22-4 | Cee |
Lira | 1-12 | Outes |
Soneira | 3-2 | Laxe |
Cabana | 2-1 | Dumbría |
Nantón | 0-3 | San Lorenzo |
Xv. Berganttños | 6-1 | Camariñas Vet |
Zas | 2-0 | Castriz |
Ponteceso | 2-3 | Baio |
San Román | 1-0 | Bértoa |
Coristanco | 2-0 | Muros |
At. Milagrosa | 7-1 | Leiloio |
Camelle | 0-0 | Agualada |
Malpica | 3-3 | Porteño |
Dep. Carballo | 1-1 | Buño |
Poniente | 2-0 | Cerqueda |
Vimianzo | 0-4 | Corcoesto |
- Descansa Sofán e Eerbecedo.
Cances | 6-0 | Laxe |
Xornes | 4-0 | Peña Galicia |
Rus | 4-1 | A Piña |
Baldaio | 5-2 | Sp. Seaia |
Cereo | 3-2 | Sp. Brea |
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).