Xornada emotiva pero pouco celebrada esta que conmemora os 50 anos do Fútbol da Costa. I é que como nos contaba esta semana Xosé María Lema Suárez, o 12 de abril disputábase de 1963 disputábase a primeira xornada da Liga da Costa. Unha data que, lamentablemente apenas foi celebrada nos campos da Costa, pero que dende aquí queremos rememorar con ilusión.
E sen máis, comezamos co repaso deportivo, e o facemos pola Preferente, na que parece que o Soneira dixo adeus á categoría. Aínda que matematicamente aínda non se poida dicir, está a 13 da salvación teórica pero a 17 da última posición que pode ser afectada polos arrastres polo que os de José Ángel perderon o último tren. O que non se quere caer do mesmo é o XSC, que sacaba 3 puntos que o manteñen tremendamente vivo na categoría a falta de 5 xornadas. Precisamente é agora o cadro xalleiro o que ocupa esa 3ª praza que pode ser afectada polos arrastres, pero tiña un choque clave, ante O Val, que lle sacaba 4 puntos e que de vencer hoxe alonxaría case que definitivamente aos de Rubén Coméndez. Coa vitoria, e recuperando o golaverage, quedan os xalleiros a 1 punto da salvación, a falta de 5 xornadas.
Por arriba segue ao seu o Dumbría, loitando co Silva pola praza de Promoción de Ascenso. Ambos gañaban e segue o equipo de Canosa 2 puntos por abaixo.
Mala, malísima a xornada para os nosos na 1ª Autonómica. Por arriba, rota a xeira de 16 partidos sen perder do Malpica ante o Cordeiro, facéndolle ademais flaco favor a unha Esteirana que sacaba un punto en Padrón, pero que tampouco lle deixa tranquila. Así e todo o Malpicá queda a 2 puntos da segunda praza pero con Villestro (que vencía en Baio) e Arzúa (que caía ante o Bertamiráns B) por diante.
E lamentablemente, os que xa case non teñen nada que facer son Camariñas e Ponteceso, tras unha nova mala xornada, provocando ademais un par de arrastres na Liga da Costa.
Era importante a xornada na 2ª Autonómica. Sobre todo para o líder, un Corme que salvaba un dos últimos obstáculos da campaña, nada menos que un Fisterra que chegaba con 4 vitorias consecutivas. Pero os cormeláns levan a frioleira de 20 xornadas sen perder, e acadaban en Ara Solis a 9ª vitoria consecutiva. O Sofán non fallou ante o Muros a pesar de non facer un gran partido, e en Semana Santa terá que xogar o seu partido aprazado para colocarse a 2 puntos antes da gran finalísima do Cairo, entre cormeláns e carballeses. Por detrás tampouco fallou o Zas pero parece un peldaño máis abaixo para loitar polo título.
Por abaixo, co Corcubión practicamente desafiuzado, a derrota na casa do Sofán deixa ao Muros cun pé en 3ª por mor dos arrastres de Camariñas e Ponteceso. Ademais, quedaría outra praza de arrastre que estará tremendamente pelexada, e ninguén quere quedar aí. De feito, San Lorenzo, Camelle e Castriz, ademais do Volantes que sumaba os puntos do IDC, vencían e se colocan con 35 puntos, un menos que o Porteño. Entre os 5 parece que estará a salvación, se ben Cabana, Mazaricos e Buño aínda non poden relaxarse de todo.
E xogábase a ida da Semifinal da Promoción de Ascenso á Liga da Costa e o Ameixenda deu un paso de xigante para meterse na final, tras vencer 5-0 ao Lira. Na outra semifinal, empate entre Seaia e Coristanco. Só pode quedar 1.
En Xuvenís, só había unha cousa en xogo, a última praza para meterse nos Oitavos da Copa da Costa. E o Muxía vencía ao Mazaricos e deixaba que sexa o cadro amarelo o que remate a temporada prematuramente, igual que o Lira e o Castriz, que pecharon o seu primeiro ano de existencia. Uns Oitavos Copa que teñen o seu sorteo este luns ás 20:30h no Pavillón de Baio, e que arrincarán este mesmo sábado de Semana Santa.
Segue o Dumbría da División de Honra Cadete costa abaixo e ca derrota de hoxe sitúase na 10ª praza, das peores en toda a Liga. Peor están as cousas na Liga Galega Infantil, onde o XSC xa practicamente dixo adeus á permanencia, e o Dumbría se cumplica a cousa, con 3 equipos con 23 puntos e unha praza de descenso a repartir.
Na 1ª Cadete o XSC segue o camiño ao título, e na I Copa da Costa Infantil, só o Corme encarrilou o seu pase a semifinais.
En marcha, a Copa de Veteranos
Os Veteranos, xa con todo decidido, pensan agora na Copa. De feito, o vindeiro venres 25 de abril terá lugar a Asemblea na que se realizará o sorteo da Copa da Costa de Veteranos 2014. A cita, ás 21:30h no Local Social de Neaño, Cabana, fronte ao Bar París.
| Carral | 1-2 | Dumbría |
| O Val | 1-3 | Xallas StComba |
| Soneira | 1-3 | Estudiantil |
| Cordeiro | 2-0 | Malpica |
| Camariñas | 0-1 | Puebla |
| Flavia | 0-0 | Esteirana |
| Baio | 0-2 | Villestro |
| Amio | 2-0 | Ponteceso |
| Cabana | 3-2 | Corcubión |
| Camelle | 2-0 | Mazaricos |
| Buño | 0-1 | Castriz |
| Porteño | 1-5 | Zas |
| Outes | 3-1 | Cee |
| Carnota | 2-2 | San Lorenzo |
| Sofán | 6-0 | Muros |
| Fisterra | 1-2 | Corme |
| 1-1 | Seaia - Coristanco | — |
| 5-0 | Ameixenda - Lira | — |
| Malpica | 4-7 | Esteirana |
| Corme | 1-4 | Xallas StComba |
| Dumbría | 4-0 | Cabana |
| Muxía | 3-1 | Mazaricos |
| Outes | 1-0 | Cee |
| Lira | 0-3 | Fisterra |
Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 9
| Dumbría | 1-2 | Xuv. Oroso |
| Boiro | 3-0 | XSC |
| Outes | 1-2 | Cee |
| Corcubión | 2-8 | Zas |
| As Baleas | 1-3 | Fisterra |
| Coristanco | 0-2 | Cabana |
| Muxía | 5-1 | Esteirana |
| Baio | 0-3 | XSC |
| 3-3 | Muxía - Fisterra | - |
| 4-5 | Esteirana - Cee | - |
| 3-3 | Sofán - Os Miúdos | - |
| 1-4 | Cabana - Corme | - |
| Sofán | 3-3 | As Baleas |
| Corcubión | 5-3 | Baio |
| Coristanco | 3-7 | Vimianzo |
| Muxía | 13/04 - 19:30 | Corme |
| XSC B | 0-10 | Dumbría |
| XSC A | 3-6 | Os Miúdos A |
| Fisterra | 7-1 | Os Miúdos B |
| Outes | 5-1 | Lira |
| Zas | - | Esteirana |
| Sofán | 10-2 | As Baleas A |
| Ponteceso | - | Baio |
| Coristanco | 7-0 | E.M.F. Vimianzo |
| Cabana | 7-2 | As Baleas B |
| Muxía | 13/04 - 18:30 | Corme |
| Cee | 2-2 | Esteirana B |
| XSC B | 2-5 | Dumbría |
| XSC A | 3-5 | Os Miúdos A |
| Fisterra | 8-3 | Os Miúdos B |
| Outes | 9-1 | Lira |
| Zas | - | Esteirana A |
| Soneira | 3-1 | Cabana |
| San Lorenzo | 1-0 | Bértoa |
| Zas | 2-2 | Muros |
| San Román | 2-2 | Coristanco |
| Xv. Bergantiños | 4-1 | Dumbría |
| Ponteceso | 2-0 | Castriz |
| Nantón | 0-6 | Laxe |
| Baio | 0-0 | Camariñas Vet |
| Buño | 2-4 | Agualada |
| Malpica | 2-1 | Leiloio |
| Camelle | 0-4 | At. Milagrosa |
| Vimianzo | 2-6 | Erbecedo |
| Poniente | 1-4 | Porteño |
| Cerqueda | 1-3 | Corcoesto |
- Descansan Sofán e Dep. Carballo.
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).