Xuvenís: O Dumbría proclámase campión de campións


Practicamente non queda nada en xogo para a última xornada de Xuvenís. Co Grupo Norte da Copa da Costa xa finiquitado a semana pasada, a Liga dos campións sentenciada este pasado sábado en Esteiro entre os dous equipos clasificados para a Fase de Ascenso, só queda para a última xornada saber quen vai ser o equipo que queda eliminado para os Oitavos da Copa da Cosa no Grupo Sur, se Muxía ou Mazaricos. Ambos enfróntanse en Arliña a semana que vén, e se o empate lle vale aos amarelos, os vermells seguro que poñen toda a carne no asador.

Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 9
Só quedaba saber quen era o campión. E o Dumbría, que xa partía como favorito despois do seu espectacular temporadón, trouxo a vitoria e o campionato de Esteiro. Os de Diego Lobelos e Óscar Leis van camiño de convertirse en lenda. Despois do ascenso do pasado á Liga Galega Cadete, este curso, en Xuvenís e cun equipo moi novo, van camiño do mesmo. Os números así o aseguran, con 23 partidos gañados, 3 empatados e só unha derrota, e 109 goles a favor e 18 en contra.
Os da Esteirana non quedan lonxe, e 22 partidos gañados, 1 empatado e 3 perdidos, con 103 goles a favor e 29 en contra.
Ambos serán os nosos representantes na Fase de Ascenso á Liga Galega, e con estas cifras esperemos que o ano que vén poidamos ter representación na categoría autonómica.
Esteirana - Dumbría (2-3)

- ESTEIRANA: Marcos, Bolo, Tobío, Sergio, Rafa, Code, Damián, Pablo, José, Raúl e Adrián. Tamén xogaron: MJ, Cristian, Tiko, Fabio e Davichi.

- DUMBRÍA: David, Maikel, Canario, Cabana, Roberto, Yeray, Martín, Adrián, Marcote, Pablo e Javi. Tamén xogaron: Juan de Dora, Edu, Oli e Portu.
- Goles: 1-0: Martín; 1-1: Jose. 2-1: Raúl cun golazo de falta; 2-2: Javi (descanso); 2-3: Marcote de penalti cometido sobre el.
- Lesión: o dumbriés Juan de Dora cunha pequena rotura de clavicula tras recibir unha dura entrada por detrás e caer mal no desconto.

Xogábase esteiráns e dumbrieses o título da liga dos campións no Xosé Luís Vara. Un partidazo entre dous equipos que chegaban cuns números espectaculares a este punto da temporada, e que serán os que nos representen na Fase de Ascenso a Liga Galega.

E non defraudou, foi un partido moi entretido, de gran intensidade, no que o Dumbría soubo manexar as súas armas, controlar ben a do cadro esteirán e levaron os puntos e o título tirando de eficacia, e aproveitando algún que outro erro defensivo local. O empate valíalle ao cadro dumbriés polo que a Esteirana sempre tivo que levar a iniciativa. Adiantouse por dúas veces o cadro local, nunha boa primeira metade dos de Martín, pero o Dumbía respostaba e ao descanso chegábase cun empate que favorecía aos visitantes pero que daba ás aos locais.
Segundo pasaban os minutos os locais tiñan que ir arriesgando máis e fio aí cando aproveitron os visitantes para saír a contra. Foi Marcote o que marcou e puxo en vantaxe aos dumbrieses. E aínda tiveron varias os de Óscar Leis e Diego Lobelos para sentenciar, así como tiveron os locais algunhas no treito final para empatar, pero o marcador quedou 2-3.

Cabana - Corme (3-3)
- CABANA: Adrián, Grille (Pablo), David (Varela), Raúl (Oliver), Aurelio, Diego Cacha, Alberto, Sergio, Redondo, Álex e Iván.
- CORME: Rubén, Sergio, Fernando, Koeman, Cristian (Isaac, min.46), Brais, Kike, Manu, Alejo, Juanma (Alberto, min.46) e Bruno (Dani Chans, min.60).
- Goles: 1-0, min.7: Iván; 2-0, min.10: Iván; 3-0, min.17: Alberto; 3-1, min.52: Kike de córner directo; 3-2, min.70: Kike de tiro; 3-3, min.80: Aurelio en propia meta.
Dous partidos nun os que se viviron nas Redondas, pero en ningún había nada en xogo e iso se notou na falta de intensidade. Ao descanso o marcador sinalaba un 3-0 para os locais, un marcador que xa se subira nuns primeiros 15 minutos, pero a partir de aí se relaxaron e non sentenciaron.
Na segunda, cos cambios cabaneses e a falta de interese, o Corme tomou o mando e remontou con moita fe.
Xallas StComba - Malpica (6-1)

- XSC: Coke, Miki (Ángel, min.65), Perez, Jacobo, Parri, Tefy, Torres, Adrián, Fabián, Pablo, Sergio (Steven, min.46).

- MALPICA: Almeida, Brais, Chols, Canario, Víctor Novo, Jorge, Petís, Mouri (Plejo, min.68), David, Eloy, Kevin.
- Goles: 1-0, min.25: Tefy aproveita que Almeida non atalla ben un centro; 2-0, min.28: Sergio Barbeira aproveita un rexeite de Almeida a tiro de Miki; 3-0, min.35: Pablo Landeira; 3-1, min.44: Víctor Novo de cabeza nun córner; 4-1, min.60: Adrián; 5-1, min.67: Pablo Landeira; 6-1, min.75: Pablo Landeira.

Partido sen máis historia que as peculiaridades que tiveron que pasar as metas dos dous equipos. I é que por bando malpicán, o dianteiro Almeida tivo que saltar dende o comezo baixo paus, ao estar operado do fémur o titular e único porteiro da plantilla Manuel. Ademais, Rafa tivo que meter ao porteiro suplente no campo, Ángel, ante a lesión de Miki, e pasou Coke ao lateral.
Do partido, pouco que contar. Un tocadísimo polas baixas e pola falta de tensión cadro malpicán se presentaba en Fontenla, e o XSC foi superior dende o comezo e xa ao descanso tiña o partido sentenciado.
Liga da Copa da Costa Xuvenil. Grupo Sur, xornada 6
Case todo decidido nos grupillos sosos da Copa. Se polo Norte quedaba o Castriz fóra, polo Sur son dous os equipos que non chegarán aos Oitavos. O Lira, que aínda non sumou, é un deses equipos. E con el, rematará a temporada prematuramente ou o Muxía, ou o Mazaricos. Ambos se xogan todo o sábado en Arliña. O empate válelles aos amarelos, pero a cousa seguro que non está fácil.
Se polo norte había que prestar atención, de cara á Copa, á intensidade do Camariñas, a calidade dos Baio e Ponteceso, e a potencia do Coristanco; polo Sur haberá que ter en conta ao Cee, coma sempre, a un Muros moi mellorado da man de Nieto, e un Fisterra que cando quere, pode.
Fisterra - Muxía (8-3)
- Goles: Abel (5), Adrián (2) e Javi para os fisterráns. Víctor Alcaina (2) e Paulo para os muxiáns.
Partido sen historia en Ara Solis, ao que chegaba o Muxía con 11 xustos e 3 cadetes. Abel foi o home do partido con 5 tantos, marcando xa dende os primeiros 10 minutos. Ao descanso, o marcador xa sinalaba un claro 4-0.
Mazaricos - Muros (0-5)
- MAZARICOS: Samu, Bruno, Bieito, Marcos, David, José Ángel, Raúl, Samuel, Thiago, Kawa (Turrión, min.60) e Álvaro.
- MUROS: Mati, Yeray, Veloso, Diego, Juanche, Miguel, Santi, Piki, Hugo, Adri e Samu. Tamén xogaron: Mancebo, Airán e Diego.
- Goles: 1-0: Hugo; 2-0: Samu dende fóra da área; (descanso); 3-0: Juanche de penalti; 4-0: Mancebo: 5-0: Piki.
- CEE: Paulo, Jicho, Abraham (Esteban, min.65), Ferrío (Michi, min.57), Tebo, Nanón, Rafa, Marco, Andrés, Pablo e Álex.
- LIRA: Ariza, Adrián, Miki, Piñeiro, Cibi, Isma, Costa, Saúl, David, Xoan. Tamén xogaron: Pablo e Barry.
- Goles: 1-0, min.20: Tebo; 2-0, min.82: Andrés; 3-0, min.85: Álex.
- X.8: O Castriz queda fóra dos Oitavos da Copa e Esteirana e Dumbría esperan o duelo.
- X.7: Dumbría e Esteirana buscarán o ascenso á Liga Galega.
- X.6: O peixe case vendido.
- X.5: A Esteirana súmase ao barco do Dumbría.
- X.4: O Dumbría queda só pero os resultados favorecen á Esteirana.
- X.3: Dumbría e Esteirana escapan cando arrinca a Copa.
- X.2: O Dumbría bate na mesa e a Esteirana segue o ritmo.
- David Castro analiza a Previa da Fase de Ascenso Xuvenil cos protagonistas.
- Os Xuvenís xa teñen grupos para a segunda fase da Liga e a Previa da Copa.
- X.22: Xuvenís: Sen sorpresas cara a segunda fase.
- X.21: Xuvenís: Todo listo no Sur e moito por decidir no Norte para a última xornada.
- X.20: O Dumbría campión e 3 das 6 prazas cubertas.
- X.19: Todo encarrilado a falta de 3 xornadas.
- X.18: As cousas claras, pero non tanto.
- X.17: Descanso de Nadal para algúns.
- X.16: Escapan os 3 de arriba.
- X.15: Perfílanse as 3 primeiras prazas de cada grupo.
- X.14: O Cabana freou ao Malpica.
- X.13: Xornada cos despachos como protagonistas.
- X.12: Xuvenís: O Malpica dá un paso adiante no Norte e Esteirana e Cee no Sur.
- X.11: Dúas loitas abertas no ecuador.
- X.10: Novo cambio de líder na igualada Liga Norte.
- X.9: Xuvenís: O Dumbría impón a sua lei no Sur e 4 equipos loitan igualados no Norte.
- X.8: O Malpica dá un paso adiante tirando de efectividade.
- X.7: O Dumbría manda no Sur e a igualdade no norte.
- X.6: Facéndose ao cambio xeracional.
- X.5: O Dumbría arrasa polo Sur mentres no Norte volven cambiar de líder.
- X.4: Nin a calor pode con eles.
- X.3: Con medo a descolgarse.
- X.2: Arrincaron dúas Ligas tremendamente abertas.
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
- 3ª Autonómica: O Baíñas campión e a Promoción perfilada.
- 2ª Autonómica: O Corme pega un estirón e por abaixo as cousas aprétanse.
- 1ª Autonómica: Camariñas e Ponteceso asinan a súa sentencia.
- Preferente: Dous en verdadeiros apuros e a un que se lle escapa a Promoción.
- Resultados e crónica dunha xornada con 3 títulos decididos no Fútbol da Costa.
- O Gato parapenaltis.
- O campo de fútbol de Louro terá herba artificial a temporada que vén.
- Alberto Pose: Unha fiestra aberta para acoller Campionatos Nacionais na Costa da Morte.
- Óscar Suárez e Raúl lideran as táboas dos pichichis da Costa.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Colabora o blog do Malpica de Luís. Porto.
Partido que comezaba a base de balóns directos. E sen dominador claro, o Muros era máis efectivo e de contado se metería por diante cos goles de Hugo e Samu. Así se chegaría ao descanso, e a segunda foi de cor celeste, e o cadro de Nieto rematou a faena.
Cee - Lira (3-0)

Aguantou o Lira máis de unha hora a todo un Cee. Os lirachos acusaron o físico no último treito do partido, pero non puideron manter o ritmo e tras 80 minutos de bastante igualdade, con algunha ocasión clara pero sen acerto, e iso si, co Cee sempre por diante tralo gol de Tebo, foi Andrés o que sentenciou a 10 para o final.
Crónicas das Ligas Xuvenís
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
O Album de cromos do #FutboldaCosta
