Pois parece que quedou un domingo perfecto para a práctica do fútbol tras varios meses de temporal en temporal. Pero a semana estivo marcada pola perda dos pais de dúas persoas moi importantes para o deporte costeiro. Falecían o pai de Marco Antomnio Sande, e mais o pai de Jorge Parri, un Parri que recibía milleiros de mostras de apoio en todos os campos, pois en moitos se gardou un minuto de silencio.
Especial foi a dedicatoria que os cadetes do Dumbría de División de Honra lle adicaron ao marcar o seu gol, pero non lle puideron adicar a vitoria.
E comezamos o análise da xornada pola Preferente, onde os equipos seguen nas súas liñas. O Dumbría sumaba 3 puntos máis, e xa van 12 xornadas sen perder, e queda 6º, a 6 da zona de promoción. Pero os XSC e Soneira seguen en caída libre e sufrían sendas e duras derrotas por 3 goles. Unha soa vitoria, a da semana pasada, nas últimas 17 xornadas do Soneira, polas 8 derrotas nos últimos 9 partidos do cadro xalleiro.
A xornada 23 na 1ª Autonómica foi irregular. O Malpica si que vai ao seu, e mantense 3º, cada vez máis preto do Arzúa, ao que lle recortaba 2 puntos. O Baio segue mirando máis cara arriba que cara abaixo, pero a Esteirana caía en casa ante o Unión e case xa ten que pensar na zona de perigo e nos arrastres. Os que seguen afundidos son o Camariñas, que non sumaba e ademais deixa escapar ao Flavia, e o Ponteceso, que non podía co poderoso Villestro, e que perde ademais ao porteiro Guille que rematou no Hospital.
Sofán e Corme mantéñense no alto da táboa da 2ª Autonómica: Os cormeláns venceron ao Zas no partidazo da xornada e o Sofán non fallou ante o Porteño. Detrás dos 3, Outes e Fisterra se colocan a 9 do líder tras vencer, pasando a un Cee que caía nas Eiroas ante o San Lorenzo na mañá dominical.
Por abaixo, IDC e Corcubión parece que o teñen complicado, máis caendo ante rivais directos como o Muros ou un Mazaricos que xa pasou a mitade da táboa. O Cabana escapa, deixando a Camelle, Muros e Volantes nas posicións máis perigosas.
Segue o Baíñas intratable tras esta 15ª xornada da 3ª Autonómica. Desta volta o que sufría a dinamita dos de Pato foi o Corcoesto. Por detrás, a 5, mantense o Montelouro que non deixou que o Ameixenda protestase, e o Lira se mete 4 puntos máis abaixo tras vencer a un Cerqueda que non arrinca, e colocarse por diante de Seaia e Coristanco, despois de que este último recortase 3 puntos. O Nantón, que vencía ao Castrelo, completa o cadro da Promoción, se ben Muxía, Ameixenda e o propio Cerqueda terán aínda cousas que dicir.
Parece que o Dumbría non vai ter piedade na Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Os favoritos levan 6 puntos con 11 goles a favor e 0 en contra tras golear ao Malpica. Con eles, a Esteirana, que goleou a un Corme que xunto co XSC aínda non sumaron, pois estes caían tamén co Cabana.
En 1ª Cadete, o empate en Cabana e Fisterra deixa ao XSC máis líder, mentres que en Infantís, Corme, Cee e Fisterra seguen ca súa loita na que non cede ningún.
E importante xornada nos Veteranos, onde o Coristanco se aúpa ao liderato tras vencer ao Laxe e aproveitar o empate do Soneira en Baio. O Bértoa colócase 3º por diante do cadro laxense, quedando só 4 puntos entre os 4 equipos, e con Cabana e Zas aínda con posibilidades de meterse na loita polo título.
Por abaixo, Nantón e Camariñas Vet parecen sentenciados á 2ª, postos que parece que ocuparán Corcoesto e At. Milagrosa, destacados na división de prata.
E para rematar, o Cances case que sentenza a Liga Intermunicipios tras vencer con solvencia ao Seaia e aproveitar o descanso do Baldaio.
Xallas StComba | 0-3 | Castro |
Chantada | 3-0 | Soneira |
Dumbría | 1-0 | Dubra |
Piloño | 0-1 | Malpica |
Esteirana | 0-3 | Unión |
Flavia | 1-0 | Camariñas |
Baio | 3-1 | Cordeiro |
Villestro | 5-1 | Ponteceso |
Fisterra | 3-0 | Camelle |
Corcubión | 0-2 | Mazaricos |
Cabana | 2-1 | Castriz |
San Lorenzo | 1-0 | Cee |
Carnota | 2-0 | Volantes |
Corme | 2-0 | Zas |
Muros | 3-1 | Indep. Carballo |
Buño | 1-2 | Outes |
Sofán | 4-2 | Porteño |
- San Lorenzo-Cee e Sofán-Porteño nas Eiroas.
Seaia | 0-2 | Coristanco |
Muxía | 3-1 | Laxe |
Baíñas | 5-2 | Corcoesto |
Montelouro | 3-0 | Ameixenda |
Nantón | 2-1 | Castrelo |
Lira | 1-0 | Cerqueda |
Esteirana | 5-1 | Corme |
Dumbría | 8-0 | Malpica |
Cabana | 4-2 | Xallas StComba |
Dumbría | 1-3 | S.de Compostela |
Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 1 Norte, xornada 1
Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 1
XSC | 3-5 | Santiago de Compostela |
Muxía | 8-0 | Corcubión |
Cee | 5-0 | Baio |
Cabana | 1-1 | Fisterra |
Esteirana | 6-3 | As Baleas |
Outes | 1-2 | Muros |
Coristanco | 0-3 | Xallas StComba |
Sofán | 0-9 | Os Miudos |
Cabana | 0-2 | Fisterra |
Baio | 1-2 | Outes |
Coristanco | 3-6 | Esteirana |
Corme | 5-0 | Ponteceso |
Muxía | 2-9 | Cee |
- Sofán-Os Miúdos nas Eiroas.
- Descansa EFM Vimianzo.
Dumbría | 12-1 | Zas |
Os Miúdos B | 1-3 | Cee |
Os Miúdos A | 1-2 | Outes |
Esteirana | 3-2 | Lira |
XSC B | 1-7 | Fisterra |
Dumbría | 17-0 | Zas |
Os Miúdos A | 3-10 | Outes |
Os Miúdos B | 0-3 | Cee |
Esteirana A | 2-7 | Lira |
XSC B | 1-6 | Fisterra |
XSC A | 5-6 | Esteirana B |
Alevín FS, Semifinal
Camariñas Vet | 1-4 | Zas |
Muros | 0-4 | Ponteceso |
San Lorenzo | 4-2 | San Román |
Laxe | 2-3 | Coristanco |
Castriz | 0-2 | Dumbría |
Nantón | 0-3 | Xv. Bergantiños |
Bértoa | 2-1 | Cabana |
Baio | 1-1 | Soneira |
Cerqueda | 1-1 | Sofán |
Leiloio | 4-3 | Poniente |
Dep. Carballo | 3-1 | Vimianzo |
Corcoesto | 5-0 | Malpica |
Porteño | 5-6 | Erbecedo |
Buño | 0-5 | Camelle |
- Descansan Agualada e Milagrosa.
Peña Galicia | 1-4 | Laxe |
A Piña | 3-0 | Valenza |
Sp. Seaia | 0-5 | Cances |
Sp. Brea | - | Xornes |
Cereo | 3-2 | Rus |
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).