Xornada completa nesta primeira fin de semanad e outubro no Fútbol da Costa. Unha xornada que arrincaba o sábado con dous serios correctivos para os nosos equipos da Preferente - Senra Sport.
Algo mellor foi a cousa na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, pero na liña das últimas xornadas. Os de arriba seguen como frechas. Baio, Sofán e Corme venceron e encarámanse no podio da categoría. Sen embargo, Esteirana e Soneira non pasaban do empate, quedando os blaugranas de pechacancelas, empatados, iso si, con Silleda e Malpica que precisamente viron como se tiña que suspender o partido por unha grave lesión, e ata as ambulancias tiveron que entrar en Pedra Queimada.
Quedan Castriz e Zas no máis alto da 2ª Autonómica - ES Bazarra tras vencer ao Seaia e en Cee, nun dos partidazos da xornada, como o Mazaricos - San Lorenzo, cos dous equipos na parte alta.
Por abaixo, vencía o Carnota o seu primeiro partido, deixando só abaixo de todo, sen puntuar aínda, a un Camelle que nada puido facer no derbi ante o Camariñas.
Tiña a 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira o foco de atención posto en Coristanco, onde os lirachos afianzaron o seu liderato vencendo a outro dos favoritos, visto o visto neste comezo de campaña. Ademais, vitoria clara do Ameixenda ante un Laxe que queda pechacancelas, do Corcubión ante o Cerqueda, e primeira vitoria do Muxía ante o Nantón.
Perde o liderato un Dumbría que parece despistado na Liga Xuvenil Sur - MáisDeporte. O Muxía sacou un merecido punto do Conco ante un equipo desnortado. Ponse o XSC de líder tras golear ao Corcubión, e Os Miúdos, despois de vencer no derbi muradán ante a Esteirana, completa o trío de cabeza.
Polo Norte, caía o Cabana na Ponte e o Coristanco non pasaba do empate en Zas, quedando estes de líder, con Camariñas agora na segunda praza. O Corme puido co Ponteceso no derbi, e o Baio sumou a súa primeira vitoria en Malpica.
Seguen sen puntuar os equipos dumbrieses e xalleiro nas Ligas Autonómicas, mentres o cadro das Baleas destácase na 1ª Cadete, cando na 1ª Infantil a cousa está moito máis igualada.
| Mugardos | 4-1 | Dumbría |
| Castro | 6-2 | Xallas StComba |
| Esteirana | 1-1 | Unión |
| Malpica | Susp. | Silleda |
| Corme | 4-2 | Bertamiráns B |
| Sofán | 3-0 | Flavia |
| Baio | 1-0 | Puebla |
| Cordeiro | 1-1 | Soneira |
| Cee | 0-3 | Zas |
| Montelouro | 2-2 | Cabana |
| Castriz | 1-0 | Seaia |
| Carnota | 3-0 | Porteño |
| Mazaricos | 1-1 | San Lorenzo |
| Ponteceso | 0-3 | Fisterra |
| Baíñas | 3-2 | Volantes |
| Camariñas | 2-0 | Camelle |
| Buño | 1-3 | Outes |
| Corcubión | 3-2 | Cerqueda |
| Coristanco | 1-2 | Lira |
| Muxía | 2-1 | Nantón |
| Laxe | 1-4 | Ameixenda |
| E.D. Os Miudos | 3-2 | Esteirana |
| Fisterra | 3-1 | Castriz |
| Dumbría | 2-2 | Muxía |
| Cee | 1-3 | Outes |
| Xallas StComba | 7-0 | EF Corcubión |
| Camariñas | 8-1 | Laxe |
| Porteño | 3-1 | Cabana |
| Malpica | 3-4 | Baio |
| Corme | 4-1 | Ponteceso |
| Zas | 1-1 | Coristanco |
| Xuventude Oroso | 2-0 | Xallas StComba |
| Muxía | 2-0 | Ponteceso |
| Fisterra | 4-1 | Esteirana |
| Os Miudos | 1-2 | As Baleas |
| Cee | 5-2 | Baio |
| Cabana | 3-2 | Coristanco |
| Sofán | 0-4 | Outes |
| Xallas StComba | 0-0 | Outes |
| Sofán | 2-4 | Cee |
| E.M.F. Vimianzo | 1-3 | Cabana |
| Coristanco | 0-11 | Fisterra |
| Os Miudos | 4-0 | Esteirana |
| Zas | 1-3 | Corme |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 4
| At. Milagrosa | 1-1 | Coristanco |
| Soneira | 1-1 | Xv. Bergantiños |
| Cabana | 0-6 | Zas |
| Hosgran | 3-0 | San Román |
| Dumbría | 0-0 | Baio |
| Laxe | 0-2 | Bértoa |
| San Lorenzo | 1-0 | Ponteceso |
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 4
| Sofán | 2-3 | Corcoesto |
| Poniente | 2-10 | Erbecedo |
| Camariñas | 3-1 | Vimianzo |
| Cerqueda | Apraz. | Dep. Carballo |
| Malpica | 1-4 | San Isidro-Razo |
| Nantón | 2-1 | Buño |
| Leiloio | 0-4 | Porteño |
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).