Resultados e crónica da última xornada das Ligas da Costa que deixa ao Mazaricos en 3ª


O Mazaricos descende á 3ª Autonómica. Está é sen dúbida a nota máis destacada da derradeira xornada das Ligas da Costa, nesta segunda fin de semana de maio. Os amarelos foron quen de vencer ao Montelouro en Agra da Filgueira pero dende a semana xa non dependían de si mesmos. Cabana e Outes non fallaron ante Buño e San Lorenzo e conseguiron manter a categoría e celebrar ca súa afección a permanencia.
Só lle queda ao Mazaricos tifar co Baio, para que consiga o ascenso na Promoción á 1ª, deixandoos así un ano máis en 2ª.
Pola súa banda, a Esteirana pechaba o seu espectacular ano cun empate na casa ante o Sofán, mentres que o Dumbría B e máis os loureáns se despediron da categoría cunha nova derrota.
Todo nunha fin de semana deportiva que comezaba a golpe de venres cun auténtico esperpento. A Federación obrigaba a xogar 1 minuto do choque entre Corcubión e Cabana que o colxiado suspendera no min.89 por unha agresión. Pois ambos equipos tiñan que saltar ao campo, e pagar a colexiado e dous asistentes para que o marcador mantivese o 0-1 cantado.
Polo demais, pouco que contar. Un soso derbi con nada en xogo Preferente, á que aínda lle queda unha xornada que coincidirá ca ida dos Oitavos da Copa da Costa. O Soneira vencía ao XSC e o Dumbría caía ante o Lemos con rotundidade.
En 1ª, e tamén sen tensión, o descendido Fisterra vencía en Malpica mentres que Ponteceso e Camariñas caían rematando así os 3 un mal ano, evidentemente peor para os fisterráns.
Na 3ª Autonómica, o IDC proclamouse campión sen xogar, pois o Alcaián non se xuntaba xente suficiente. O Porteño sumaba unha nova vitoria tras celebrar a semana o ascenso e ambos serán equipos de 2ª o ano que vén. Á espera da posible sanción que lle caia ao Laxe pola suposta aliñación indebida da semana pasada ante os carballeses, a promoción queda perfilada, e tamén coincidirá coa ida dos Oitavos da Copa, na que participarán, pero sen demasiado interese, o Laxe e o Cerqueda, ambos contra equipos superiores como Camariñas e Ponteceso, xa centrados na competición do K.O.
Así, as vindeiras dúas semanas, choques entre Camelle - Laxe e Soneira B - Cerqueda.
Temos xa ademais finalísima da Copa da Costa Xuvenil. O Outes sorprendía ao Cabana e empataba a 1 facendo bo o valor doble dos goles fóra da casa. E iso que quedaba con 9 (Álvaro e Veleiro son baixas para a final) e outra vez con Mosto protagonista, parando, por segundo partido consecutivo, un penalti no min.97.
Os de Roque e Tomé teránn en fronte ao Dumbría que se metían na final cun tanto de Alex Siaba no desconto, cando o Malpica estaba apretando con todo.
Ao longo da semana os clubes do Dumbría e do Outes reuniránse ca Federación para decidir o campo no que se xogará a final e máis a data.
En Cadetes, o Dumbría segue firme o seu paso á División de Honra pero o Ural non cede. Ambos gañaban e a diferencia segue sendo de 3 puntos para os dumbrieses a falta de 2 xornadas para o final.

Ademais, comezaron os Oitavos da Copa da Costa de Veteranos, con algunha sorpresa, como a vitoria do Cabana en Vimianzo ante o Soneira, actual campión de Liga.
Os alevíns vimianceses subcampións provinciais

A fin de semana deixábanos ademais o Campionato Provincial de Fútbol Sala 2013. Un campionato ao que acodían os alevíns do EMF Vimianzo, que acaban un meritorio subcampionato. Tamén estiveron os benxamíns do Fisterra pero non puideron traer nada de volta tras caer con rotundidade ante os seus rivais, quedando pois 4º da provincia, que non é pouco.
As EMF Vimianzo, nas semifinais tiveron un duro rival no Melide ao que superaron non sen dificultades por 6-7. E na final caeron tralo esforzo da semi ante O Parrulo por 3-6, cun equipo que contaba con 4 xogadores na selección galega campiona de España hai dúas semanas. Os de Paco aguantaron a primeira metade, pero o cansanzo fixo mella e a pesar de dar a cara en todo momento non puideron acadar o triunfo.
Cómpre felicitar aos vimianceses, que ademais son os mismos xogadores q lograron a clasificación para xogar a Fase de Ascenso á Liga Galega en Fútbol 8. Nesa fase están entre outros o Depor e o Celta. Ás EMF Vimianzo tocaralles unha eliminatoria a doble volta contra o Bertamiráns.
Preferente, xornada 37
Soneira | 3-2 | Xallas StComba |
Dumbría | 1-4 | Lemos |
1ª Autonómica, xornada 34
Malpica | 0-3 | Fisterra |
Arzúa | 2-0 | Camariñas |
Flavia | 2-0 | Ponteceso |
2ª Autonómica, xornada 34
Volantes | 3-3 | Corcubión |
Cabana | 3-0 | Buño |
Castriz | 1-1 | Cee |
Outes | 2-0 | San Lorenzo |
Carnota | 6-1 | Dumbría B |
Sofán | 2-2 | Esteirana |
Corme | 4-0 | Baio |
Zas | 2-1 | Muros |
Montelouro | 1-2 | Mazaricos |
3ª Autonómica, xornada 34
Soneira B | 1-0 | Castrelo |
Camelle | 1-0 | Coristanco |
Laxe | 2-1 | Lira |
Nantón | 2-4 | Ameixenda |
Porteño | 6-0 | Baíñas |
Alcaián | 0-3* | Indep. Carballo |
Cerqueda | 6-1 | Muxía |
- Xaviña - Fisterra B (2-0) por retirada do filial fisterrán.
- Camelle-Coristanco alteran a orde do campo pois a ida xogouse en Coristanco por mal estado do Rodeiro.
- O Alcaián non se presentaba ao non ter xente suficiente.
Copa da Costa Xuvenil, Volta das Semifinais

Liga Galega Cadete, xornada 31
Dumbría | 1-0 | Lugo B |
S.de Compostela | 1-1 | Bergantiños |
1ª Cadete, xornada 26
Baio | 0-5 | Xallas StComba |
Con. de Carnota | 1-5 | Coristanco |
Esteirana | 4-0 | Cee |
Outes | 1-2 | Zas |
Fisterra | 0-0 | Muxía |
Porteño | 1-1 | Muros |
Ponteceso | 2-5 | Cabana |
1ª Infantil, xornada 30
As Baleas | 1-3 | Outes |
Corme | 7-0 | E.M.F. Vimianzo |
Sofán | 8-2 | Os Miudos |
Ponteceso | 6-4 | Fisterra |
Muxía | 3-6 | Esteirana |
Baio | 1-6 | Cee |
Coristanco | 6-3 | Cabana |
- Descansa XSC.
- Sofán-Os Miúdos alteran a orde e xogan no Carral.
Copa da Costa de Veteranos, Ida dos Oitavos

Máis información
Crónicas da semana
- Menudo parte de sancións.
- Xuvenís: Dous empates que deixan todo aberto para a volta das Semis.
- Os pequenos da Costa demostran o seu potencial na Fase Intercomarcal.
- 3ª Autonómica: O Porteño é de 2ª.
- 2ª Autonómica: A Esteirana canta o alirón e os de abaixo xogándose a vida.
- 1ª Autonómica: Triste e cruel adeus á categoría da SD Fisterra.
- Preferente: Máis pendentes do Dubra que dos nosos.
- Resultados e crónica dunha trascendental xornada con ascensos e descensos consumados.
Novas relacionadas
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Rochiccioli.
- Os Clubes da Costa piden a unificación das Ligas Xuvenís nunha reunión con pouco aforo.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Artigos relacionados
- Alberto Pose: Do auténtico fútbol da Costa. Con Manolín.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).