Nova xornada futboleira esta para pechar o mes de setembro, e pasada por auga. E moi intensa.
Por arriba, os equipos costeiros colleitaron bos resultados. Na Preferente o novo líder é o Bergantiños, que vencía en Mugadors e aproveitaba o empate do Ribadeo en Lemos. Ademais, o XSC se coloca nada menos que 3º, a 5 do imbatido líder tras machacar ao Castro. O Dumbría tamén vencía en Dubra e se pon 5º con 10 puntos. E a mala nova deuna o Soneira, caendo 1-2 na casa ante o Chantada, quedando nestes momentos en postos de descenso.
A xornada tiña nos dous derbis da 1º Autonómica un gran foco de interese. O Camariñas-Baio saldouse cunha vitoria local tras unha primeira metade na que o cadro baiés perdoou. Mentres, no Pinguel, a Esteirana conseguía un empate que o mantén na zona media, deixando ao Ponteceso aínda de pechacancelas. Ademais, o Malpica vencía na casa ao Lamela e xa se pon ben arriba.
Na 2ª Autonómica, seguen o Outes e o Porteño implacables no alto da táboa. E parece que vai en serio o cadro de Manu Roque pois hoxe era nada menos que o Sofán, outro dos chamados a estar arriba, o que sucumbíu no Cunchido. Ademais, o Porteño tampouco vai de farol, e recén ascendido xa suma 4 de 4 tras vencer a un Cabana, que xunto ao IDC, son os únicos equipos que non saben o que é sumar. O Castriz, que vencía ao Corme no partido máis interesante da xornada, xa se coloca por detrás con 10 puntos, 1 máis que o Cee, que daba conta do Independiente. Ademais, Fisterra e Zas gañaron ao Volantes e ao San Lorenzo e van collendo ritmo.
Pola súa banda, en Xuvenís seguen as cousas poñéndose no seu lugar. Polo Sur o Dumbría parece implacable e onte endosou 12 ao Mazaricos. Por detrás, póñense Cee e Fisterra, que vencía a Lira e Outes, ademais dun Xallas ao que lle tocaba descansar. A Esteirana, que tamén descansou, e o Muros, que vencía a o Soneira, tamén están preto.
Mentres, polo Norte, a igualdade é maior. O Ponteceso volve colocarse líder ao vencer a un Camariñas que chegaba forte, e aproveitarse do empate do Corme en Baio. Cabana e Malpica tamén van estar ben arriba.
Primeira derrota do Dumbría na División de Honra Cadete, pero antes ou despois tiña que chegar, e xa ían dúas vitorias en dous partidos. Os parece que van sufrir máis son os equipos da Liga Galega Infantil. Nova derroa do XSC que segue sen puntos, ao igual que outros 4 equipos. O que sumou por primeira vez foi o Dumbría no derbi ante o Bergantiños.
En Infantís xa van 4 xornadas e o Cee destácase como único equipo que leva 4 de 4, se ben o Corme leva 3 de 3 porque xa descansou. O Fisterra tamén ten 9 puntos e por detrás chegan Coristanco e Os Miúdos.
E xa nos Veteranos, parece que a cabeza este ano está comezando con sorpresa. I é que arriba de todo vemos a Laxe e San Lorenzo, cun Laxe que vén de gañar ao actual campión, o Soneira, e un San Lorenzo que se desfixo do Nantón con apuros. Cabana e Castriz veñen por detrás tras sendas vitorias, quedando o San Román, sorprendentemente, e o novato Dumbría, aínda sen puntuar.
Na 2ª División, o Corocesto segue imbatido no máis alto da táboa con 9 puntos tras meterlle 7 a un Vimianzo que non puntuou como o Corme e o Poniente.
Gal. Mugardos | 0-1 | Bergantiños |
Castro | 0-4 | Xallas StComba |
Dubra | 0-1 | Dumbría |
Soneira | 1-2 | Chantada |
Camariñas | 2-0 | Baio |
Malpica | 2-1 | Lamela |
Ponteceso | 1-1 | Esteirana |
Camelle | 6-2 | Corcubión |
Carnota | 2-1 | Buño |
Outes | 2-1 | Sofán |
Volantes | 0-6 | Fisterra |
Porteño | 2-1 | Cabana |
Mazaricos | 1-1 | Muros |
Zas | 2-1 | San Lorenzo |
Indep. Carballo | 3-6 | Cee |
Castriz | 1-0 | Corme |
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 5
Outes | 0-2 | Fisterra |
Mazaricos | 0-12 | Dumbría |
Lira | 2-8 | Cee |
Soneira | 1-3 | Muros |
- Descansan Esteirana e XSC.
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 5
Coristanco | 3-0 | Laxe |
Baio | 1-1 | Corme |
Ponteceso | 5-1 | Camariñas |
Porteño | 2-7 | Muxía |
Castriz | 1-5 | Cabana |
Racing Ferrol | 6-2 | Xallas StComba |
Bergantiños | 1-2 | Dumbría |
Sofán | 2-9 | Coristanco |
Muxía | 6-2 | Baio |
E.M.F. Vimianzo | 4-2 | Ponteceso |
Fisterra | 3-2 | Esteirana |
Os Miudos | 1-7 | Cee |
Cabana | 1-4 | Corme |
Ligas de Veteranos, xornada 3
Camariñas | 2-0 | Xv. Bergantiños |
San Lorenzo | 5-4 | Nantón |
Baio | 4-3 | Ponteceso |
Laxe | 4-2 | Soneira |
Castriz | 1-0 | Zas |
Dumbría | 2-5 | Cabana |
Muros | 1-1 | Coristanco |
Bértoa | 3-2 | San Román |
Buño | 0-0 | Dep. Carballo |
Corcoesto | 7-0 | Vimianzo |
Agualada | 1-3 | Camelle |
Corme | 0-5 | Sofán |
Leiloio | 2-3 | At. Milagrosa |
Cerqueda | 4-1 | Poniente |
Porteño | 2-0 | Malpica |
Crónicas da semana
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).