mércores. 30.04.2025
El tiempo

Un domingo sen Gala para o #futboldaCosta

Un domingo sen Gala para o #futboldaCosta
Convocados para as Seleccións da Costa NOTA: A Asociación de Clubes da Costa, aplaza os actos previstos para este domingo na Serra, consistentes en unha navegación pola ría, unha comida e a celebración da segunda GAla do fútbol da Costa. Para a semana comunicaremovos a que data se trasladan. O que sigue en pe e o partido SELECCION NORTE-SELECCION SUR, que se disputará no campo do Conchido as seis e media da tarde deste domingo 28 de xullo.

Este domingo 28 de xullo, terá lugar unha cita que debe unir ao Fútbol da Costa. A Asociación de Clubes da Costa artella esta II Gala, cun encontro entre xogadores, adestradores e siareiros, ademais dun partido entre as seleccións norte e sur. Será un dia especial no que a Asociación de Clubes pretende que sea unha festa de todos os equipos, xogadores, directivos, prensa, etc.

A cita comezará ás 10:30h cunha saída en embarcacións de vela pola ría de Muros e Noia. Os que queiran animarse poderán disfrutar dun paseo dende o Náutico do Freixo e despois disfrutar dunha comida no paseo do Rio Tines.

O choque será ás 17:30h no campo Municipal do Conchido. Xa temos convocados e se espera unha gran entrada, coma sempre, na Serra. Ademais, a Asociación fará entrega dos premios do ano, dos que só coñecemos os Nominados.

Nominados Gala Futbol da Costa 2013

Fai dous anos este partido xa se disputou neste mesmo campo, onde a Selección Norte se impuxera por 4-2. Os goles foron marcados por Javi Suarez (1) Alex (1) e Juan Bello (2) para o Norte e Manoliño fixera un para o sur e outro en propia porta. O ano pasado en Muros a selección do Sur resarceuse e venceu por un apretado 2-1. Os dous goles para o Sur do muradan Toni e Alex do Xallas para o Norte.

II Gala de entrega de Premios

Ás 20:30, no salón de actos da Casa da Cultura da Serra de Outes, sita na Avda. San Campio nº 1, terá lugar a II Gala de entrega de Premios. Os premios especiales, patrocinados por CALVO, galardonarán o mellor entrenador, mellor xogador, mellor directiva e mellor equipo. O xurado destes premios foron os equipos da Costa e os medios de comunicación que cubren habitualmente as ligas costeiras. Ademais, entragarase por primeira vez un trofeo ao 11 IDEAL da Liga da Costa, elexido por votación popular. Tamén por primeira vez se entregará un premio relacionado co fútbol base e haberá recoñecementos á prensa pola súa labor informativa. Rematará a gala con unha serie de premios especiales, co gallo do cincuenta aniversario da Liga e da Copa da Costa. No transcurso da Gala, sortearase unha cena para duas persoas na casa de turismo rural CASA ROQUE, de Outes.

Máis información

Novas relacionadas

Torneos e fichaxes

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios