mércores. 30.04.2025
El tiempo

Volve ao completo o Fútbol da Costa

Volve ao completo o Fútbol da Costa
Os Veteranos sob pritagonistas esta fin de semana

Volve o Fútbol da Costa a ter unha xornada completa despois do parón, a medias, desta Semana Santa. Nunha fin de semana na que poderedes achegarvos ata Sofán, para tomar nota na Charla para pais e nais que artella a SD para aprendermos a ser mellor educadores no deporte.

E comezamos, coma sempre, o repaso pola Preferente - Senra Sport, na que os nosos, en dúas liñas completamente diferentes, teñen tamén choques complicados. XSC e Dumbría viistan a dous equipos en zona de promoción de ascenso, en plena pelexa, polo que os choques em Mugardos e Dubra serán máis que complicados. Máis necesitado chega o XSC, que mira de reollo aos de abaixo e necesita sumar no choque do sábado.

Volve a 1ª Autonómica - Clínica Vértebra e o fai cun novo derbi. O Baio, moi ben colocado e mesmo con algunha opción de pelexar pola Promoción, recibe a unha Esteirana para a que cada punto é ouro. Os de Pedrosa teñen a 6 os postos de salvación polo que o empate non vale e pelexarán por unha vitoria ante o potente cadro de Félix. Por arriba o Sofán tamén quere voltar a ter opcións de loitar por esa promoción e paso facerlle un favor ao cadro esteirán vencendo a un dos que pelexan por evitar o descenso. Outro favor pode chegar dende Corme, que quere manter a súa gran xeira ante outro dos de abaixo, mentres o Malpica, se vence, practicamente esquecería os problemas ca zona baixa. Ademais, ao Soneira tócalle un dos de arriba, o Puebla.

Horario unificado para esta 30ª xornada da 2ª Autonómica - ES Bazarra, con boas probas para os de arriba. O líder, o Zas, quere manter os 4 puntos de vantaxe sobre os seus perseguidores pero terán que vencer en Muros ante un Volantes tan irregular como perigoso. O Outes ten a visita do Cee, ante o que non pode fallar, e o meso lle acontece ao San Lorenzo co Seaia. E se non quere perder definitivamente o tren, o Castriz terá que superar ao Ponteceso. Por abaixo, clave para o Porteño non fallar no derbi ante o sempre tocado pechacancelas, Camelle. Ademais, para o Montelouro cada partido é unha final e desta volta teñen unha complicada saída ante o Baíñas, como a do Cabana en Fisterra.

E o Cerqueda pode dar un novo paso cara o ascenso directo vencendo ao Castrelo cando quedan 6 xornadas para o remate desta 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. Pero a emoción está na loita pola segunda praza e mais na da Promoción. O Ameixenda descansa e o Coristanco pode poñerse se vence ao Muxía, por primeira vez dende a xornada 11, en postos de ascenso directo, pero aínda tería que descansar e o cadro muxián está en plena pelexa pola Promoción co Lira, Corcubión e Nantón. Precisamente carnotáns e corcubións xóganse unha finalísima, da que querrá aproveitarse o Nantón, se non falla ante o laxe, para volver a meterse nos postos de Promoción.

Triple sesión de Copa

Teremos 12 partidos de copa nas categorías Base, ca Ida dos Cuartos da Copa da Costa Xuvenil, Cadete e Infantil.

Saben que o cadro está actualizado ao momento en www.copadacosta.com.

Final nas Autonómica

Quedan 4 partidos e son 4 finais para o XSC da Liga Galega Cadete. Os de Corredoira recibe ao Ural ao que teñen que superar mentres miran os choques dos seus rivais por eludir o descenso, Vilalbés e Orillamar.
O Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, sen tantos apuros, visita ao Porriño Industrial, mentres o Infantil, xa case sen opcións de manter a categoría, recibe ao Ural no Conco.

Nova xornada completa de F8

E seguen os peques sendo protagonistas con 5 ligas moi vivas. Máis intensas están as dos Sur, pois a pesar de ser moito máis longas, acabarán antes e xa están na recta final, con Cee e Outes pelexando en Alevíns e o Fisterra co título de Benxamíns na man.

Finalísima Veteranos

Quedan 3 partidos para o remate das Ligas de Veteranos, e a cousa está que ferve, de feito un dos partidos da xornada a nivel costeiro dase na 1ª División. Coristanco e San Román xóganse media liga nas Rocheiras. O cadro coristanqués recuperaba o liderato a xornada pasada aproveitando o tropezo do ata entón líder, e agora, con dous puntos de diferencia, chegan a este partido co título en xogo, un título que vencía o ano pasado o propio Coristanco.
Ademais, hai lío pola zona baixa, con 3 equipos intentando evitar as 2 prazas de descenso nun pano de 2 puntos. E toca tamén final, O Xuv. Bergantiños, con 2 puntos máis que Cabana e Castriz, pode dar un paso adiante vencendo ao Cabana.
Mentres, na 2ª División, Erbecedo e Agualada teñen practicamente asegurado o ascenso, pero aínda pelexan polo título.


Preferente - Senra Sport, xornada 32

Gal. Mugardos11/04 - 18:00Xallas StComba
Dumbría12/04 - 17:30Dubra

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 30

Baio12/04 - 17:00Esteirana
Corme12/04 - 17:00Lesende
Malpica12/04 - 17:00Sigüeiro
Puebla12/04 - 17:30Soneira
Agolada12/04 - 17:30Sofán

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 30

Camelle12/04 - 17:00Porteño
San Lorenzo12/04 - 17:00Seaia
Fisterra12/04 - 17:00Cabana
Volantes12/04 - 17:00Zas
Outes12/04 - 17:00Cee
Baíñas12/04 - 17:00Montelouro
Ponteceso12/04 - 17:00Castriz
Mazaricos12/04 - 17:00Carnota
Camariñas12/04 - 17:00Buño

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 30

Nantón12/04 - 17:00Laxe
Cerqueda12/04 - 17:00Castrelo
Coristanco12/04 - 17:45Muxía
Lira12/04 - 19:30Corcubión
  • Descansa Ameixenda.

Copa da Costa Xuvenil, Ida dos Cuartos

Copa da Costa Cadete, ida dos Cuartos

Copa da Costa Infantil, ida dos Cuartos


División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 31

Porriño Industrial11/04 - 18:00Dumbría

Liga Galega Cadete, xornada 31

Xallas StComba12/04 - 11:30Ural

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría - Play Off Descenso Norte Impar, xornada 7

Dumbría11/04 - 11:00Ural


F8 Alevín Costa Norte, xornada 6

Vimianzo10/04 - 19:15Cabana
Coristanco11/04 - 16:00Baio
Muxía11/04 - 19:30Corme
  • Descansa Zas.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 22

Esteirana B11/04 - 10:15Cee B
Lira11/04 - 10:30Dumbría
As Baleas11/04 - 12:00Cee A
Dumbría B11/04 - 12:45Outes A
Os Miúdos A11/04 - 13:00XSC A
Os Miúdos B11/04 - 13:00Sofán
Esteirana A11/04 - 16:00Fisterra

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 22

XSC B10/04 - 19:30Cee B
As Baleas11/04 - 11:00Cee
Lira11/04 - 11:30Dumbría
Os Miúdos A11/04 - 12:00XSC A
Os Miúdos B11/04 - 12:00Sofán
Esteirana11/04 - 17:00Fisterra

F8 Prebenxamín Costa, xornada 6

Fisterra10/04 - 18:00As Baleas
Esteirana11/04 - 11:15Xallas StComba
Lira11/04 - 12:00Cee
Outes11/04 - 16:30Dumbría
Corcubión11/04 - 17:00Baio

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 28

Soneira12/04 - 10:00Laxe
San Lorenzo12/04 - 11:00Dumbría
Ponteceso12/04 - 09:30Hosgran
Xv. Bergantiños12/04 - 11:00Cabana
Coristanco12/04 - 10:00San Román
Castriz12/04 - 11:00Baio
Bértoa12/04 - 10:00Zas
  • Descansa At. Milagrosa.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 28

Nantón12/04 - 11:00Malpica
Leiloio12/04 - 11:00Cerqueda
Porteño12/04 - 11:00Sofán
Agualada12/04 - 11:00Camariñas
Buño12/04 - 10:00Corcoesto
San Isidro-Razo12/04 - 11:00Dep. Carballo
Erbecedo12/04 - 11:00Vimianzo
  • Descansa Poniente.
  • O Porteño-Buño aprazado da xornada 22 dispútase o sábado ás 18:00 no Hermanas Patiño.

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios