Xa temos sorteo da Copa da Costa 2014
23:02 02/12/13
Este luns tiña lugar o sorteo da Copa da Costa 2014. E xa temos calendario para a nosa senlleira competición, que comezará este mesmo mes de nadal con 5 partidos da Previa.
Serán 37 equipos en competición, e só falta un Montelouro que decidía non participar na competición, para centrarse no obxectivo do ascenso, pois pode coincidir algunha eliminatoria coa fase de ascenso.
En todo caso, ningunha eliminatoria coincidirá coas competicións ligueiras de 2ª, 1ª e Preferente.
Con todo, hai un pequeno erro no cadro, pois os Dezaseisavos son xa a ida e volta, disputándose a volta o 1 de maio de 2014. A finalísiam será de novo a un partido e se disputará o 29 de xuño.
Tendes toda a información en www.futboldacosta.com.
Novas relacionadas
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: O Montelouro alcanza a un Baíñas que sufría ante o Ameixenda a primeira derrota.
- 2ª Autonómica: O Sofán salva un tenso derbi e segue a estela do Outes.
- 1ª Autonómica: O Camariñas saca a cabeza a flote a costa do Ponteceso.
- Preferente: O Dumbría frea ao líder eo XSC non esperta.
- Resultados dunha fin de semana futboleira de cromos.
- Liga FS Carballo: O Macaraná alcanza o liderato.
Artigos relacionados
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- O libro Mar de Paixón nace percorrendo ducias de anécdotas sobre a historia do Fútbol da Costa.
- #Regateegol: Vídeoentrevista cos presidentes máis novos do Fútbol da Costa.
- Unha de seguros privados de ida e volta no fútbol base.
- Kike Paluca e Mané lideran as táboas de goleadores do Fútbol da Costa.
- Unha bufanda, a do SD Camelle, que percorre o mundo.
- Instrucións para utilizar o Seguro Privado no Fútbol da Costa.
- A Pipa de Corredoira: Cursos de adestrador para o Fútbol da Costa.
- #Regateegol: Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Dieguito.
- Entrevista de David Castro con Manu Saleta: “Temos equipo de sobra para ascender”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).