Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Xuvenil Norte: O Malpica segue implacable e o Ponteceso perde opcións

Xuvenil Norte: O Malpica segue implacable e o Ponteceso perde opcións
Non perdoou o Malpica ao Baio esta xornada. A dinamita malpicá puido co fútbol baiés e os líderes afianzan o seu poderío. Quen tampouco venceu dos de arriba ademais do Baio, foi o Ponteceso, que arriscou demasiado en Cabana e quedan a mercé do que faga o Camariñas este xoves en Laxe.

Baio - Malpica (1-3)

  • BAIO: Guillermo; Martín, (Cachopo, min.52), Pablo, Pardo, (Vereda, min.88), David, Fachal, Rubio, (Silvariño, min.81), Rafa, Valentín, Bieito e Lucas.
  • MALPICA: Jesús; Javier, Jorge, Pereira, Luísma, Joro (Quintas, min.90), Juny (Kevin, min.88), Eme , Martín Maradona (Pepis, min.48), Adra (Miguel Ángel, min.92) e Camilo (Víctor Novo, min.79).
  • Goles: 1-0, min.24: Rubio. 1-1, min.49: Camilo revolvéndose entre dous defensas marca moi habilmente. 1-2, min.50: Eme remata un centro de Adra tras unha xogada na máis sacar de centro. 1-3, min.58: Eme de fermosa falta directa.
Era un dos partidos máis interesantes da xornada e da Liga, entre este Malpica con dinamita e este Baio con moi bo fútbol. Pero a dinamita puido co fútbol e tras unha metade de respeto e se demasiado xogo, o Malpica foi letal. O Baio levou o peso do choque e a iniciativa en todo momento. E marcou por medio de Rubio no ecuador da primeira. Saíu o Malpica coma un furacán dos vestiarios e en 1 minutos deu a volta ao marcador ante a atónita mirada de Nacho dende o banco baiés. Camilo marcaba o empate a nada máis sacar de centro o Baio, o Malpica roubaba, armaba unha contra e Eme puña por diante aos malpicáns. Apretou o Baio, sobre todo contra o final, pero sen sorte cara o gol. Rafa e Cachopo non superaron a Jesús e que si o fixo foi Eme, que marcou un golazo de falta.

Cabana - Ponteceso (2-0)

  • CABANA: Sergio, Baliña, Duda, Ismael, Dani Mato, Alex Mato, Alexandre (Moreno), Pablo, Rubén Darío (Alex García), Iván Mato (Cristian) e Estefan.
  • PONTECESO: Xurxo, Dani Valle (Lorenzo), Fabián, Guille, Diego Collanzo, Dani Cotelo, Alberto, Borja, Puente, Cris e Jorge.
  • Goles: 1-0, min.80: Iván Mato; 2-0, min.88: Iván Mato.
  • Expulsión: o pontecesán Cristian e ao cabanés Alex Mato.
Derbi intenso e moi vivido nas Redondas. A tónica do partido foi a esperada, cun Ponteceso controlando, e un Cabana buscando ás contras. Non se rompía a igualada, e no segundo tempo o míster do Ponteceso, Mato, decidiu ir polo partido. E saiulle cara a valentía, pois dúas contras de Ivan Mato a tan só 10 minutos para o final e cando máis achuchaba o Ponteceso, mataron o partido para os cabaneses. Con esta derrota, quédalle complicada a clasificación entre os 4 primeiros ao Ponteceso, que ten 3 enfrontamentos directos nesta recta final de liga.

Corme - Dumbría B (0-8)

  • CORME: Javi, Alejo, Koeman, Sergio, Reixia, Manuel, Brais, Eloy, Chuti, Braulio e Martín. Tamén xogou Manueliño.
O Corme de Alejo e Pandi, que tiveron que tirar de ata 5 infantís, por mor dun enterro, non puido facer fronte a este poderoso Dumbría B.

Zas - Coristanco (3-2)

  • ZAS: Tívoli, Óscar, Amado, Ramón, Óliver (Tomás), Quintáns (Bruno), Rony, Kevin (David), Pastor, Isma, Josito, Tomás, David e Bruno.
  • CORISTANCO: Nacho, Xenxo (Corral), Pichel, Varela, Martínez, Fede, Damián, Dani, Brais (Manuel), Gonzalo e Rubén.
  • Goles: 1-0, min.20: Oliver; 2-0, min.30: Pastor; 2-1, min.50: Gonzalo; 3-1, min.60: Isma; 3-2, min.75:
Partido estrano o vivido en San Andrés, cun cadro local mermado polas baixas (moitos xogando o equipo da Liga da Costa) e un Coristanco dándoo o todo. De feito protestan dende Coristanco que a actuación arbitral (ata 3 penaltis a favor dos locais e un, o máis importante co 2-1 no marcador, que tivo que ser repetido cando o paraba o meta Nacho) foi determinante e que o equipo de Lorenzo mereceu máis. De feito o cadro visitante dominou o partido e creo bastantes ocasións por medio de Rubén, Gonzalo, Brais, Pichel e Fede.

Laxe - Camariñas (Aprz.)

Xógase este xoves 8 de decembro ás 16:00h.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios