Xuvenil Sur: Liga finiquitada

Unha semana para que remate as Ligas Xuvenís e xa está practicamente decidas as Ligas. Deste xeito, a seguinte fase para o ascenso e mais a Copa comezarán a primeira fin de semana de febreiro, para o que está prantexada unha reunión o vindeiro luns 30 de xaneiro en Baio, ás 20:00h. Así e todo, apuntan que é posible que nesa reunión se faga unhas modificacións sobre a idea inicial e todos os equipos xoguen a Copa, a competición máis agardada por todos os equipos ano tras ano, e máis con estas inexplicables curtas ligas.
No tocante á Liga Xuvenil Sur, xa quedou lista, unha vez que o Santa Comba venceu ao Outes ao que saca 3 puntos máis o golaverage individual. Así o Santa Comba acompañará ao Soneira, Fisterra e Cee, campión, na Liguiña polo ascenso cos 4 equipos do grupo norte, da que sairán dous equipos para a Fase de Ascenso á Liga Galega.
Santa Comba - Outes (2-0)

- SANTA COMBA: Pablo, Josito, Alberto, Dani Martínez, Landeira, César, Styven, Miguel (Miguel, min,65), Jordi (Luís, min.60), Marquiños, Iván (Marcos Álvare, min.80).
- OUTES: Jona, Rafa, Jurado (Abraham, min.46), Juan (Pedrosa, min.46), Alex, Pablo (Pesi, min.79), Sergi, Michi, Elías, Piti (Maduro, min.46) e Edu.
- Goles: 1-0, min.6: Styven de penalti; 2-0, min.25: Iván de volea a un centro de Miguel.
Era o partido da xornada e o primeiro gol, aos 6 minutos, local condicionou moito o encontro, a xogada do penalti foi moi protestada polos de Outes por unhas mans involuntarias pero separadas do corpo. O cadro xalleiro aproveitou a confusión nos da Serra e controlaron a primeira metade ampliando o marcador por medio de Iván.
Na segunda metade mellorou o Outes, sabedor que tiña que gañar se quería ter o opcións na última xornada de pasar a seguinte liguilla, pero non foi así e agora terán que competir pola copa. Así, a pesar de que os primeiros 15 minutos do segundo tempo foron de claro cor visitante, o equipo de Huelvis foi contemporizando o partido ata que xa non perigou.
Fisterra - Cee (0-3)
- FISTERRA: Crivi, Miguel, Noé, Rubén, Javi, Cote, Hidalgo, Champi (Gabriel, min.75), Manuel, Cristian (José Manuel, min.68), Bruno (Iski, min.83).
- CEE: Iván, Martín, Tonecho, José Ramón, Jesús, Aitor, Rubén, Tebo (Cibrán, min.20), Chiru (Michi), Lamela, Pablo (Brais).
- Goles: 0-1: Aitor de cabeza a unha falta lateral de Chiru; (descanso); 0-2: Aitor de falta; 0-3: Aitor de volea.
Demostrou o Cee o seu potencial, e se ben xogaron cunha marcha máis que os fisterráns, se cadra o resultado é demasiado abultado. O Cee aproveitou ben as súas ocasións,cun enorme Aitor que non tivo piedade e marcou antes do descanso o primeiro para completar o hattrick o segundo.
Os de José Carlos buscarán, sen lugar a dúbidas, o pase á Fase de Ascenso á Liga Galega coma un dos favoritos tras rematar a liga sen coñecer a derrota (a falta da última xornada na que recibirá a un frouxo Dumbría A), cuns números impresionantes: 15 vitorias e 2 empates e 64 goles a favor e 8 en contra.
Esteirana - Soneira (0-3)
- ESTEIRANA: Matías, Meco, Eloy, Abel, Chus, Codesido (Djumber, min.46), Ruso (Pedro, min.65), Jacobo, Canario, David, Bruno.
- SONEIRA: Juan, Rubén, Pichón, Héctor, Fabian Cadete, Cachi, Cristian Canosa, Borja, Picachu, Efrein (Manuel, min.50) e Capote (Toja, min.75).
- Goles: 0-1, min.60: Cristian Canosa nun córner; 0-2, min.65: Picachu; 0-3, min.80: Picachu.
- Lesión: Djumber cun pinchazo.
Unha parte moi diferenciada para cada un. Tras unha primeira metade tremenda da Esteirana, desapareceu do campo o cadro de Diego e sufríu unha severa derrota. Na primeira, os de Diego foron os dominadores absolutos con múltiples ocasións de gol que non foron quen de acertar. Bruno e David mandaron á madeira e o propio David marraba un penalti. Ademais, o meta soneirán Juan fixo un partidazo e realizada dous paradóns dérito.
Na segunda que colleu a batuta foi o Soneira, coa diferencia de que os de Vimianzo enchufaron as moitas ocasións que tiveron. Ademais, o primeiro gol matou aos locais que baixaron os brazos tras levar case que unha hora dominando.
Muros - Corcubión (1-3)
- MUROS: Domingos, Javi de Vistete, Iván Malaca, Dieguiño, Diego, Santi de Pura, Javi Pacola, Adrián, Moncho, Santi Berberecho, Iván. Tamén xogaron: Trozo e Damián.
- CORCUBIÓN: Abelleira, Iván, Adrián, Pablo, Antonio, Lagoa (Manu de Lira), David de Rama (Martín), Sergio, Javi Japonés (Mario Pequeno), Lema, Adrián.
- Goles: 0-1, min.20: Lema; 0-2, min.65: Manu de Lira; 0-3, min.75: Adrián; 1-3, min.80: Moncho.
- Lesión: O corcubionés Lagoa cun golpe no nocello.
Non foi un bo partido dos corcubioneses, pero aproveitaron os erros infantís da defensa muradá para poñerse por diante. Así e todo non sentenciaron ata mediado o segundo tempo.
Por bando local, quedan satisfeitos porque segue en continua melloría o cadro de Nieto, que xa comeza a combinar colectivamente. Pero esta semana están pendentes da irregular sanción de 8 partidos a Alberto, pois na propia acta indica que foi expulsado no 70 e que foi cambiado no min.74. De feito na acta de QPC da xornada xa dabamos conta de que non era Alberto o expulsado, senón que foi outro xogador.
Dumbría - Mazaricos (0-1)
- DUMBRÍA A: Chupi, Juanma, Samuel, Dito (Adrián Ozón, min.25), Jose, Martín, Rubén (Charly, min.60), Marco, Rafa, Israel e Javi.
- MAZARICOS: Rubén (Iván, min,46), Fran, Oreiro, Javier, Mipadre (Carballa, min.80), José Ángel (José, min.82), Sandelo, Ferreiro, Mario (Carreira, min.75), Cristian (Alberto, min.55), Molinos.
- Gol: 0-1, min.35: Mario nunha xogada con moitos rexeites.
Partido dominado polo Mazaricos ante un Dumbría A que segue con moitas baixas e cun equipo moi noviño. Foi un partido moi tranquilo no que o Dumbría o intentou cun balón ao pao dende fóra. Molinos, Ferreiro, e Sandelo fallando varias ocasións e, o partido solventouse cun gol que chegaba en claro fóra de xogo.
Máis información
- Liga Xuvenil Sur: Crónicas, resultados e clasificacións.
- Liga Xuvenil Sur: Crónicas, resultados e clasificacións.
- Resultados e clasificacións 2011/2012.
Crónicas da semana
- Xuvenil Norte: O Ponteceso queda ás portas e o título por decidir:
- 3ª Autonómica: 5 arriba e 4 á caza.
- 2ª Autonómica: O Fisterra descólgase.
- Preferente: Sumou o máis necesitado.
- 1ª Autonómica: O Ponteceso sae da queima pero o Cee continúa queimándose.
- Resultados da fin de semana no fútbol costeiro.
- Remata a primeira volta na igualada Liga de Fútbol Sala de Cee.
Máis novas
- Vídeo entrevista, e algo máis, ao xogador do Cerqueda Nión.
- Aberta a convocatoria de axudas para os clubes e agrupacións deportivas.
- Alberto Pose analiza a primeira volta da 3ª Autonómica.
- O poder dos Miúdos.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido co colexiado Marcos Ordóñez.
- Vídeo entrevista co muradán Seluco.
- A Bitacora da Semana: O blog da Camelle.
- A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora De la Sierra, Roco, o blog do Malpica de Luís E. Porto.