Xuvenís: O Cabana freou ao Malpica
Ía mangado o Malpica pero o Cabana freoulle a marcha esta pasada fin de semana nas Redondas. A cousa segue entre 4 equipos polo Norte mentres que no Sur os 3 de arriba están escapando abrindo unha fenda.
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 14
Chegaba o Malpica moi líder ás Redondas, e sae menos, pois o Cabana queda 2 puntos por debaixo pero cun punto menos, empatado co Corme. O Ponteceso queda a 3 de Cabana e Corme, tras non pasar do empate ante o Laxe no partido máis goleador da xornada. Parece que o equipo de Rubén Souto pode ser o únco que arrebate unha das 3 prazas aos de arriba.
Cabana - Malpica (3-1)
- CABANA: Adrián, Villar, David, Raúl, Aurelio, Cacha, Redondo, Dani Mato, Iván Mato (Cristian, min.88), Álex, Pablo (Grille, min.80).
- MALPICA: Manuel, Jorge, Víctor Novo (David, min.88), Canario, Steven (Alberto, min.73), Diego, Pitís (Brais, min.88), Guille (Mouri, min.67), Almeida, Eloy, Kevin.
- Goles: 1-0, min.35: Iván Mato; 1-1, min.40: Kevin; 2-1, min.63: Alex; 3-1, min.85: Iván Mato nunha contra.
- Expulsións: os malpicáns Eloy e Canario no min.80.
- Goles: 1-0, min.25: Fran; 1-1, min.30: Andy; 2-1, min.57: Sergio; 3-1, min.58: Manu.
- CORISTANCO: Abelenda, Javi, Navarro, Iván, Naya (Fondo, min.75), Pombo (Mosquera, min.80), Jorge, Bértoa, Brandón, Jonathan e Joaquín (Falcao, min.15).
- BAIO: Guillermo, Pablo, Jose, Silvariño, Efe, Kevin, Anxo (Javi, min.25), David, Santi Díaz, Estefan, Cristian (Alfonso, min.75).
- Goles: 1-0, min.75: Pombo.
- Lesión: Anxo cunha escordadura forte de nocello.
- CAMARIÑAS: Chuqui, Ariel, Ibra (Cantalejo, min.70), Pose, Mateo, Santi (Brian, min.75), Juan (Aitor, min.60), Chicote, Carlos, Dani, Javi.
- PORTEÑO: Brais, Dani, Miguel, Marcos, Manuel, Álvaro (Matías, min.15), Mario, David, Felipe (Josiño, min.60), David Pasantes e Maikel.
- Goles: 1-0, min.40: en propia meta tras un córner de Javi; 1-1, min.50: Felipe; 2-1, min.55: Javi de falta; 2-2, min.65: Matías; 2-3, min.70: Maikel; 3-3, min.85: Aitor dende fóra da área.
- Lesionado: Álvaro.
- XSC: Alvarito, Miki, Pérez (Iván Pastoriza, min.55), Carlos, Jacobo, Fabián (Marcos Mouro, min.75), Pablo Landeira, Adrián, Steven, Torres e Sergio Barbeira.
- OUTES: Yoel, Samuel, Rubio, Yura (Brión, min.55), Rafa, Adrián, Babu (Xurxo, min.70), Ibra (Álvaro, min.46), Cutu, Veleiro (Zeta, min.65), Paulo.
- Gol: 1-0, min.90: Torres
- Goles: Maikel (2), Marcote (2), Charly, Duarte.
- Goles: Hugo (4) e Piki para o Muros. David e Álex para o Lira.
- FISTERRA: Ángel (Santi, min.5), Javi, Cartamil (Josema, min.65), Rubén, Beto, Manute, Breixo, Gabi (Suárez, min.55), Benlloch, Adrián, Abel.
- ESTEIRANA: Marcos, Tico, Sergio, Bolo, Rafa, Codesido, Damián, Manu, Raúl, Tobío e Adrián. Tamén xogaron: David, Fabio e Cristian.
- Goles: 0-1: Codesido; 1-1: Abel; 1-2: Raúl (descanso); 1-3: Raúl; 1-4: Adrián; 2-4: Abel.
- Lesión: os fisterráns, o porteiro Ángel cun golpe nos dentes; e Gabi.
- Calendario da Copa da Costa 2014.
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
- As categorías inferiores do XSC disfrutaron do auténtico David Vidal.
- 3ª Autonómica: O Montelouro alcanza a un Baíñas que sufría ante o Ameixenda a primeira derrota.
- 2ª Autonómica: O Sofán salva un tenso derbi e segue a estela do Outes.
- 1ª Autonómica: O Camariñas saca a cabeza a flote a costa do Ponteceso.
- Preferente: O Dumbría frea ao líder eo XSC non esperta.
- Resultados dunha fin de semana futboleira de cromos.
- Liga FS Carballo: O Macaraná alcanza o liderato.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- O libro Mar de Paixón nace percorrendo ducias de anécdotas sobre a historia do Fútbol da Costa.
- #Regateegol: Vídeoentrevista cos presidentes máis novos do Fútbol da Costa.
- Unha de seguros privados de ida e volta no fútbol base.
- Kike Paluca e Mané lideran as táboas de goleadores do Fútbol da Costa.
- Unha bufanda, a do SD Camelle, que percorre o mundo.
- Instrucións para utilizar o Seguro Privado no Fútbol da Costa.
- A Pipa de Corredoira: Cursos de adestrador para o Fútbol da Costa.
- #Regateegol: Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Dieguito.
- Entrevista de David Castro con Manu Saleta: “Temos equipo de sobra para ascender”.
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colabora o blog do Malpica de Luís. E. Porto.
Frea o Cabana a un Malpica que viña lanzado, e non perdía dende a xornada 1, e sumaba 10 vitorias e 1 empate neses 11 partidos. E o partou cunha gran primeira metade do cadro de Fernando, que aínda así deixaba o marcador en táboas para ir aos vestiarios. Cacha, moi activo, Redondo, e Alex tiveron as mellores ocasións na primeira para os locais, mentres que o Malpica apenas chegou por medio de Pitís no primeiro tempo. Iván Mato abría o partido antes do descanso pero Kevin anulaba a renda.
Pero na segunda metade cambiou o panorama. Logo duns minutos nivelados, Alex metía de novo aos cabaneses por diante. A partir de aquí os malpicáns volcaronse na portería local. O colexiado anulaba un gol de Pitis por fóra de xogo e aí perdían os nervos varios xogadores malpicáns que acaban expulsados, permitindo que Iván Mato finiquitase o choque.
Corme - Castriz (3-1)
Bo partido do Castriz que segue en clara melloría. Onte non mereceron perder así en Corme, ante un equipo ao que lle faltaban 4 puntais, pero que solventou o partido con dous mazazos rápidos e limpos. Tras unha primeira metade igualada, Sergio e Manu abría terreo entre os dous equipos en apenas un minuto. Pediron un penalti os xalleiros sobre Andy, que podería ser a expulsión do meta cormelán.
Coristanco - Baio (1-0)
Tres puntos que leva o Coristanco e 3 puntos máis que se deixa un Baio que este curso non está tendo nada de sorte. O de Pastoriza seguen ca súa aposta polo fútbol combinativo e de forte presión, pero teñen problemas na definición. Botan de menos a Cristian, xuvenil de primeiro ano que xa está sempre cos maiores.
Comezaba dominando o Baio tendo moito o balón e facendo dano. A lesión do medio centro Anxo foi clave e o Coristanco perdeu un pouco o control do balón, pero aínda así seguía marcando o tempo do partido.
Pouco a pouco o Coristanco se ía sacando o dominio e na segunda metade estiveron máis metidos no campo rival. O Baio sacou un par de contras, sendo mellor ocasión dos baieses de Santi que se levou a 3 dende o seu campo pero non definiu co porteiro.
Jorge lanzaba unha falta para o Coristanco a modo de aviso, e Jonathan tamén se achegaba á meta rival. Foi finalmente Pombo o que asinaba o gol da vitoria, un gol protestado polos baieses ao considerar que viña precedido dun fóra de xogo que o colexiado non puido ver.
Laxe - Ponteceso (4-4)
Partido tremendamente igualado no que o Ponteceso quedou sen dous puntos que poden ser vitais para meterse na loita. Quedaba con 10 o equipo de Nano na primeira, pero aínda así puido aguantarlle ao Ponteceso unha hora cun home menos.
Camariñas - Porteño (3-3)
Derbi moi igualado entre un Camariñas que estaba moi forte e un Porteño que demostrou seguir en clave de melloría. O partido tivo constantes cambios de dominio no campo e no marcador. Despos de varias ocasións do Porteño de Ordóñez na primeira parte, foi o Camariñas de Pirucho o que se adiantaba cun gol en propia de Marcos nun córner. Un Camariñas que botou de menos ao meta titular que xogou cos José Luís, xa que Chuqui non é porteiro e os rivais, e veciños, o sabía e o buscaban con tiros lonxanos cada dous por tres.
Xa o comenzo da segunda empataba o Porteño co gol de Felipe, e sen tempo a nada, o Camariñas adiantábase de novo de falta directa. Volvía responder ao golpe o cadro da Ponte cun gol de Matias e Maikel facía o 2-3. Cando faltaban 4 minutos empatou o Camariñas nun rexeite tras un córner para poñer as táboas no marcador.
Queixáronse da mala arbitraxe, sobre todo o equipo da Ponte, que pedíu unha expulsión por agresión que quedou en cartón amarelo e por dous posibles penaltis por mans na área camariñá, o segundo, no últim minuto.
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 14
Polo Sur, os 3 de arriba abren fenda. O Cee descansaba e Dumbría, XSC e Esteirana aproveitaban para escapar. O líder non tivo problemas co Soneira. Si que tivo o XSC para desfacerse do Outes e tivo que esperar ata o desconto. Mentres que o partido máis importante da xornada era o que a Esteirana disputaba en Fisterra, porque podía significar que o equipo de Nacho se metese na loita. Finalmente a Esteirana vencía en Ara Solis deixando ao Fisterra case sen opcións. Queda o Cee tamén algo descolgado, a 5 do XSC, equipo que marca a clasificación para a Liguilla Previa.
Xallas StComba - Outes (1-0)
Non foi o mellor partido do Outes ante un XSC que foi un punto superior pero que non marcou ata o desconto. Puido ter sentenciado o equipo de Rafa antes, pero o Outes, que non se amoldou ben á herba de Fontenla, tamén tivo Paulo un par de chegadas boas. Ao final, cando o partido esmorecía e os da Serra se frotaban as mans co puntiño, Torres fixo o gol da vitoria que deixan os puntos en Fontenla.
Os xalleiros puideron disfrutar dun adestramento co mesmo David Vidal esa mesma tarde.
Dumbría - Soneira (6-0)
Partido sen historia no Conco cun Dumbría moi superior e un Soneira que nada puido facer.
Muros - Lira (5-2)
Aguantou o Lira, que segue mellorando, ante un Muros que non perde comba ca zona alta. Comezou mandando o Muros pero o Lira aguantaba e respondía a cada golpe.
A xogada clave chegou co 3-2 no marcador cando Xoan marcaba o empate pero o colexiado o anulaba. Pouco despois o Muros sentenciaba.
Fisterra - Esteirana (2-4)
Partido de intensidade e choque marcado polo forte vento de Ara Solis. Comezaba o Fisterra co vento a favor e a Esteirana sufría. Adiantábse o cadro de Martín pero Abel recurtaba para os locais. E co 1-1 Abel vía como o colexiado lle anulaba un tanto.
Na segunda, o vento foi de novo clave e a Esteirana, que foi mellor no cómputo global do partido, se volcou sobre a portería fisterrá conseguindo unha vitoria vital para afianzarse na segunda praza e ter intactas as opcións de entrar na Liguilla.