Xoves. 16.05.2024
El tiempo

Arrinca en Difuntos o proxecto SOS Monte Pindo

Arrinca en Difuntos o proxecto SOS Monte Pindo
SOS Monte Pindo

Simbólica a data para facer público o proxecto SOS Monte Pindo. Un proxecto civil que lanza a Asociación Monte Pindo Parque Natural coa intención de devolver o Olimpo Celta ao mundo dos vivos. Un proxecto que conta con toda a veciñanza para traballar voluntariamente para recuperar das cinzas o monte costeiro.
E parece que a convocatoria está tendo éxito, pois nos 3 primeiros días a acción xa colleitou medio centenar de inscricións de voluntarios

Xa te podes apuntar para Botar unha man no proxecto, que pode ser dende traballar como voluntario, ata facer un donativo de árbores, ferramentas ou cartos e mesmo mandar as túas ideas para mellorar o proxecto.

Dende a entidade están a organizar as fases de traballos, en función das estacións e das variables metereolóxicas. Por iso se trata dun proxecto dinámico, que conta con dúas liñas claras de actuación:
- Prevención de riadas.
- Restauración ecolóxica.

Pedindo fondos europeos

Un proxecto que nace un día despois de que BNG solicite que os Fondos Europeos se usen para compensar as consecuencias da contaminación das cinzas nos bancos marisqueiros como a Berberecheira de Caldebarcos. O BNG informou que no marco dos futuros fondos de pesca, o Fondo Europeo Marítimo de Pesca (FEMP) vai permitir apoiar ao sector marisqueiro que se vexa afectado por circunstancias excepcionais, entre elas as biolóxicas, como é o caso da contaminación producida polo desprazamento das cinzas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios