Martes. 14.05.2024
El tiempo

Os nervios agarrotaron aos piragüistas dumbrieses en Salvaterra de Miño que aínda así volven con 5 podios

Os nervios agarrotaron aos piragüistas dumbrieses en Salvaterra de Miño que aínda así volven con 5 podios
Brais debutaba en Salvaterra e o pasou asi de ben

Moitos nervios tiveron os piragüistas dumbrieses na proba de Salvaterra do Miño. Mesmo así, o CDM Piragüismo Dumbría regresa con un ouro, unha plata e dous bronces e o terceiro posto por clubes.

O Campo de Slalom de O Cordeiro, e xunto con Dumbría, un dos mellores locais de Galicia para acoller unha competición de Slalom, e volveu a estar a altura este fin de semán, cunha preciosa competición nun día soleado, cun percorrido un punto máis complicado do habitual, pero que estaba a altura de caseque todos os participantes. Quizais un pouquiño corto e coas portas da un á seis un pouco amontonadas, pero se trataba de aprobeitar ben o río nun tramo o máis ben corto, cuns tempos que apenas superaban o minuto cando o normal é andar bén por riba do minuto e medio. A competición contaba con bastantes menos inscritos do normal, posto que o ser en plena época de exames eran muitas as baixas en todos os clubes, incluido o CDM Piragüismo Dumbría.

Así as cousas, os rapaces fixeron unha primeira manga desastrosa, non só os do noso clube, foi xeral, con muitos nervos e bastante superados polo percorrido, coa única excepción no clube de Jorge Quintáns, que se situaba primeiro no K1 Alevín, e Marcos Sanchez Cancela, que era terceiro.
Para a segunda manga tocou charla, analisis con máis calma do percorrido e dos erros, e unha pequena dois de moral para todos, e as cousas saliron bastante mellor: Kiara Martinez gañou con solutra no K1, a súa competición, con cáseque dez segundos de ventaxa sobre as súas riváis, cun tempo identico ó da primeira manga, pero sin penalizacións. Na canoa cumpliu co expediente, pero esta vez foi terceira, e aquí a podemos ver.

Jorge Quintáns apareceu máis nervioso na segunda manga que na primeira, e as cousas non sairon mellor, sendo superado polos palistas do Quixos de Monforte, Nico Díaz e Jorge Vázquez. En canto os demáis alevíns do CDM Piragüismo Dumbría, Marcos Sanchez baixou ó quinto posto, e Fran Fernandez foi sexto nunha segunda manga na que conseguiu completar todo o percorrido. Tamén nos alevíns, ainda que na categoría femenina, Lorena Costa puido gañar a súa eterna rival, que non enemiga, Yasmin Diaz, do Quixos, pero non puido ser polos nervos. Mesmo así boa competición da de Berdeogas.

Os máis pequenos, os benxamíns Brais Sanchez e Martín Fernandez tiñan unha auténtica aventura diante deles, e ben que a disfrutaron, non subiron ó posto, pero se levaron a ovación de todos, xa que eran os competidores máis novos da competición, e caseque consiguen completar todo o percorrido.

Finalmente terceiros por clubes, un bó resultado vendo como se desenrolou a competición, e xa pensando na Copa de España de Promoción de Slalom, que é a vindeira proba do calendario, e da que o CDM Piragüismo Dumbría será unha vez máis o anfitrión dos mellores clubes de España. A cita o 13 de xullo en Olveira.

Máis información

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios