Luns. 23.09.2019
El tiempo

Lucky e Gordita buscan fogar en Salvacadelos

Lucky e Gordita buscan fogar en Salvacadelos

Dúas historias fermosas cegan hoxe a Salvacadelos. E comezamos en Sardiñeiro, onde polo de agora vive Gordita. Cristina atopouna preñada e quedou temporalmente con ela. Axudoulle a parir e a gora que os cachorros xa teñen 2 meses e pico xa se está a independizar.
Cristina xa lle atopou casa a 4, pero aínda quedan por colocar esta cachorrita e 3 machos máis. Ademais da protagonista Gordita, que segundo a propia Cristina "é moi obediente e moi agradecida. Ten que aprender a non tirar da correa, pero é tan lista que aprenderá rápido. A casa ideal para ela será unha na que teña campo para correr."

E ademais, temos a Lucky, este fermoso can, que foi acollido temporalmente pero xa precisa un fogar estable.

Máis información de Salvacadelos

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Historias Bonitas de Salvacadelos

Fonte

Comentarios