1ª FUTGAL: O Fisterra saca a cabeza a costa dunha afundida Esteirana nunha xornada fatídica
Fermoso derbi o vivido no Xosé Luís Vara, que deixa vivo ao Fisterra pero afunde case que definitivamente a unha Esteirana que queda xa a 12 puntos da salvación.
Foi nunha xornada mala para os nosos, na que o Muxía, que se colocaba a semana pasada colíder, non estivo ao nivel necesario para estar nos postos de cabeza, e baixan á 3ª praza.
Ademais, o Camariñas e Castriz tamén caeron en sendos partidos na casa e non poden deixar de mirar para atrás.
Castriz - Cacheiras (0-2)
- Castriz: Coke, Fabián, Fabio Blanco, Brais, Saúl, Anxo, Marcos Mouro, Alemán, Óscar Feal, Alberto Mata, Carlos Rieiro. Tamén: Íker, Samu Castro, Jose, Fabio Barbeira, Rodo.
- Goles: 0-1, m.13: Manuel Vaamonde; 0-2, m.50: Manu Fdez.
Primeira derrota de Barca á fronte do Castriz tras 3 vitorias e 2 empates. O Cacheiras, un dos de arriba, levou os puntos de San Pedro con dous goles ao comezo de cada tempo.
Chegaban os de Barca con varias baixas arriba (sobre todo as de Josiño e Juanjo por sanción, e a de Chapela, que non afortunadamente non ten rotura). Comezaron os visitantes cunha marcha máis e se adiantaban nunha xogada en fóra de xogo tras varios rexeites a paradas de Coke. Aí igualouse o partido tendo algunha ocasión pero sen acerto.
Non estaban finos nin intensos os xalleiros, e comezaba cun cambio de sistema, pero nada máis comezar, chegaba o segundo e de seguido, segunda amarela para Mata. Aínda así tiveron algunha ocasión para recurtar o xalleiro, cando se expulsou un xogador visitante, e foi un nun querer e non poder, como un pau e un tiro de Samu ao longueiro.
Queixas - Muxía (3-1)
- Muxía: Iván Bouzón, Mateo, Michael, Brais, Carlos Costa, Iago, Isma, Mauro, Manu Martínez, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Joel, Alex, Róber, Víctor Alcaina, Julián, Fabián, Carlos Antelo.
- Goles: 1-0, m.46: Kevin; 1-1, m.68: Fran Moreira; 2-1, m.71: Gonzalo Rivas; 3-1, m.97: Gonzalo Rivas.
Custoulle adaptarse ao xogo directo e á potencia a balón parado (incluídos os saques de banda) dos locais ao cadro muxián. Así e todo tiveron dúas boas ocasións na primeira metade os de Pataca, pero as deixaron escapar.
Nada máis saír na segunda metade, un erro permitía aos locais meterse por diante. Os muxiáns, sen presa baixaron o balón e conseguiron ocasións ata empatar, pero dúas xogadas a balón parado, unha a 20 do final e outra no descontísimo, permitiron aos locais levar os puntos. “Este golpe espero nos sirva para aprender que nesta liga si se quere gañar hai que estar o 100% todolos partidos”, reflexiona o míster.
Esteirana - Fisterra (0-2)
- Esteirana: Guille, Kevin Rial, Aitor, Godo, Adrián Louro, Pachi, Pablo Rama, Antón, Oli, Toni, Pablo Val. Tamén: Raúl, Cristian, Samu León, Anxo.
- Fisterra: Joselu, Piti, Colombia, Ángel, Dani, Rui, Maikel Mouzo, Guille, Eze, Juan e Isaac Fábregas. Tamén: Guille, Isma, Lois, Martín, Noé, Quintela.
- Goles: 0-1, m.16: Eze; 0-2, m.80: Isaac Fábregas.
Derbi de emerxencia en Esteiro, que non impediu que se vise un partido intesante. Había tensión e se notaba que era unha finalísima. Tivo ao principio un par de ocasións o cadro de Adán, pero na primeira chegada dos fisterráns, Eze, que debutaba en Liga, abría o marcador. Era o dono do partido o xogador fisterrán, facendo xogar aos seus compañeiros.
Co paso dos minutos a Esteirana estirouse e foi collendo o balón, tendo un balón á madeira nun remate de córner. Na segunda o Fisterra comezou ben pero os esteiráns foron empurrando co paso dos minutos, tendo un balón ao au e outro ao longueiro. Non estaban acertados e xa co equipo envorcado nunha contra Isaac sentenciou o partido, e practicamente deixa sentenciada a unha Esteirana que ademais perde e Guillermes, o meta, cun dedo roto.
Camariñas - Boimorto (1-2)
- Camariñas: Jorge, Víctor, Borja, Oliver (Pablo Carril), Pablo Suárez, Roi, Joseba (Saúl), Javi, Brais (Iago), Mario e Djibril.
- Goles: 1-0, m.24: en propia; 1-1, m.29: Borja Casal; 1-2, m.51: Alexandre Villaravid.
Comezou moi ben o cadro de Juan Cabrejo e Faus, dominando e levando perigo con Javi e Mario. Así, nun centro con perigo marcan en propia meta para poñer o 1-0. Pronto vñian como lle anulaban o segundo a Javi por un protestado fóra de xogo tras un bo pase de Mario. Aínda tivo Pablo, outro remate tras outro pase de Mario que salva un defensa baixo paus, e de seguido os visitantes empatan nun córner mal defendido.
Ao pouco de comezar a segunda, unha mala saída do meta local permtía ao Boimorto meterse por diante. Quedaba moito tempo e o cadro camariñán foi envorcando o campo, buscando o empate, tendo varias ocasións como un balón de Brais ao longueiro, pero o balón non quixo entrar.
Todas crónicas da 1ª FUTGAL
- X.22: O Muxía ponse colíder e Castriz e Camariñas alonxan o descenso.
- X.21 O Muxía fai soñar á parroquia corviña á costa do Camariñas.
- X.20: Esteirana e Fisterra reaccionan e o Muxía colócase a 1 punto do liderato.
- X.19: O Muxía afunde máis ao Fisterra e soña con todo.
- X.18: Fisterra e Esteirana quedan descolgados nunha boa xornada para Muxía, Camariñas e Castriz.
- X.17: O ano comeza tan mal como acabou para os equipos costeiros.
- X.16: Xornada fatal para confirmar un mal comezo de curso.
- X.15: Sufrindo fóra de casa.
- X.14: O Castriz invade Esteiro e o Muxía cólase na zona noble.
- X.13: A Esteirana reacciona en Caión.
- X.12: Sacando rédito sobre a bocina.
- X.11: O Castriz supera ao Fisterra nunha xornada máis positiva.
- X.10: O Muxía vence o derbi e escapa do pozo.
- X.9: Esteirana e Castriz respiran.
- X.8: Só suma o Camariñas e os outros 4 equipos costeiros pechan a táboa.
- X.7: Pleno de derrotas que afunde aos 5 equipos costeiros na táboa.
- X.6: Muxía e Fisterra poñen os goles.
- X.5: Dous fermosos derbis.
- X.4: Empate de respecto.
- X.3: Probando o duro sabor da 1ª.
- X.2: O Camariñas pon pé na 1ª cunha remontada espectacular.
- X.1: Sensacións dispares nun comezo bronco.
Máis info
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.