venres. 24.01.2025
El tiempo

1ª FUTGAL: Dumbría e Muxía manteñen a loita ben arriba

San Lorenzo-Dumbria en Verdillo-Foto-Luis Gonzalez
Imaxe do San Lorenzo-Dumbría en Verdillo-Foto-Luís González
1ª FUTGAL: Dumbría e Muxía manteñen a loita ben arriba

A vitoria do Dumbría no derbi desta xornada 13 ante o San Lorenzo deixa aos de Pablo Conde na 2ª praza, cun Muxía tremendo este curso a só 1 punto dos dumbrieses. Os empates de Castriz, Fisterra e Esteirana deixan aos 3 equipos en posición cómoda.

San Lorenzo - Dumbría (1-4)

11 do San Lorenzo en Verdillo ante o Dumbria-Foto-Luis Gonzalez

  • San Lorenzo: Benja, Pablo Garrido, Hugo Rey, Isma, Javi, Baldo, Alex Costa, Alex Vázquez, Alex Taibo, Riki e Iago. Tamén: Areosa, Pablo Rod., Alberto Campos, Arantón, Hugo Pereiro, Ragusa e Rubén.

11 do Dumbria en Verdillo-Foto-Luis Gonzalez

  • Dumbría: Isma, Kanario, Mataso, Brais, Dani Chao, Antón, Toni, Alex Marcote, Baba, Xabi Castro e Raúl. Tamén: Anxo, Breixo, Quique, Iago, Martín e Adrián Trasmonte.
  • Goles: 1-0, m.30: Javi; 1-1, m.44: Dani Chao nun córner; 1-2, m.58: Mataso; 1-3, m.62: Kanario; 1-4, m.81: Xabi Castro.

San Lorenzo e Dumbria en Verdillo-Foto-Luis gOnzale

Comezaba o partido co Sanlo de Padín (esta semana a directiva dará o nome do novo adestrador) esperando atrás, intentando roubar e sacar algunha contra perigosa. O control era dumbriés, pero os de Pablo Conde non atopaban espazos nin a calidade no último pase. Así, á media hora os locais conseguía meterse por diante na primeira ocasión que xera por medio de Javi e despois dun bo pase Garrido.

O Dumbría non estaba cómodo e non sabía como atacar o bloque baixo do Sanlo ata que nun córner xa no desconto da primeira parte, consegue o que foi un gol psicolóxico de libro. Porque o tanto xdrou dúbidas no cadro local que xa saíu pensando na derrota na segunda, e tamén no Dumbría, que saíu máis confiado e cunha mellor toma de decisións. Unha vez que se puxo por diante o Dumbría o partido xa cambiou, xa que o San Lorenzo tivo que arriscar un pouco, e aí o Dumbría foi letal.

San Lorenzo-Dumbria en Verdillo-Foto-Luis Gonzalez 2

Muxía - Praíña (5-3)

  • Muxía: Adrián, Rober, Anxo, Manu Martínez, Congui, Carlos Costa, Iago, Julián, Adan, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Mateo, Víctor Alcaina, Darío e Mauro.
  • Goles: 1-0, m.5: Fran Moreira; 1-1, m.11: Torrente; 2-1, m.26: Rober dende 35 metros; 2-2, m.38: Álvaro Máquez; 2-3, m.53: Soto; 3-3, m.65: Iago Muíño; 4-3, m.74: Adam; 5-3, m.90: Manu Nogueira.

Muxia-Praina en Arlina

Partido errático do Muxía, sobre todo na fase defensiva, que permitiu que os visitantes complicasen moito a vitoria. Os de Pataca non se atopaban cómodos, moi apresurados e con moitos erros e a pesar diso conseguían meterse por dúas veces por diante. Pero os visitantes respondían a cada golpe.

Na segunda saían frouxos os locais e bunha xogada mal defendida metíase o Praiña por diante. Reaccionou ben o cadro muxián con 3 cambios, e a intensidade aumentou. Pronto empataba Iago, pero antes de poñer o 4º Adam, o Praíña tivo dúas boas ocasións para adiantarse pero non estiveron atinados. Xa na ultima do partido os locais sentenciaron co gol de Nogueira.

Esteirana - Castriz (3-3)

  • Esteirana: MJ, Kevin Rial, Simón, Code, Antón, Pablo Rama, Adrián, Oli, Elías, Piki, Adán. Tamén: Luaces, Rober Pladur, Miguel, Pachi, Godo.
  • Castriz: Coke, Fabián, Saúl, Samu Castro, Marcos Mouro, Adrián García, Borja Gándara, Alberto Mata, Iván Pastoriza, Miller, Noli. Tamén. Iván Fraga, Gesto e Rodo.
  • Goles: 0-1, m.1: Miller tras centro de Noli; 0-2, m.33: Noli tras roubar un balón nun mal pase atrás da defensa local; 1-2, m.60: Piki; 1-3, m.62: Borja Gándara a pase de Noli; 2-3, m.63: Elías; 3-3, m.65: Piki nun córner.

Partidazo na Salina, moi disputado, con alternativas, chuvia, tensión, afeccións e goles. Dos que fan afección. Xa na primeira xogada Miller colleu descolocada á defensa local e abría o marcador. O equipo de Iván González (mal expulsado na primeita metade) intentaba ter o balón e saír dende atrás pero a presión do Castriz estaba moi forte, máis intenso, sempre cunha marcha máis. Así, nun roubo Noli facía o segundo para os de Miguel Chouza. Nos últimos 15 minutos o partido igualaríase.

Na segunda os locais saíron moito máis fortes arriba, adiantando liñas, buscando algo máis o xogo directo. E por empuxe igualaron a intensidade disputando o partido en campo contraro. Elías avisaba, Adán ve como lle un gol anulad e Piki recorta. Pero un minuto despois, abrindo 5 minutos tolos, Borja Gándara fai o 1-3, e parecía que sentenciaba o choque.

Pero non. A Esteirana non decaeu, e xa co partido roto, con chegadas nas dúas áreas, e en dúas xogadas practicamente consecutivas, Elías e Piki conseguían o empate, con protestas polos locais.

Aínda, no treito final, puido caer o partido de calquera lado, con chegadas nas dúas áreas.

Fisterra - Agolada (2-2)

  • Fisterra: Joselu, Isma, Dani, Colombia, Piti, Rubén, Lobelos, Juan Trillo, Jano, Bruno, Isaac. Tamén: Guille, Aarón, Jose, Miguel e Ángel.
  • Goles: 0-1, m.18: Víctor Vilariño; 1-1, m.56: Jano remata un saque de banda directo de Isma; 1-2, m.57: Currás; 2-2, m.81: Isaac Fábregas.
Minuto de silencio en Ara Solis
O Fisterra estreaba camisetas novas

Saíu moi ben o cadro de Diego Lobelos, tendo ocasións con xogo directo e a balón parado. Pero no primeiro achegamento visitante, nun balón longo do porteiro, un mal despexe deixaba o dianteiro local co balón botando dentro da área para abrir o marcador. O Fisterra acabou o primeiro tempo apretando na área visitante, pedindo mesmo unha pena máxima.

Seguía o mesmo guión na segunda metade, e pronto Jano empata. Pero na xogada seguinte, o propio Jano perde un balón e Currás marca no man a man. O Fisterra volveu meter ao Agolada no seu campo, pide outro penalti sobre Bruno, e colgando balóns e balóns ata o final. Si que cazou unha Isaac para conseguir o empate para manter a distancia sobre o descenso.

Fisterra ante Agolada

Todas as crónicas da 1ª FUTGAL

Máis info

Comentarios