Sábado. 27.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: 4 vitorias costeiras baixo a chuvia

Cruces Baio-Foto-Luis G
Imaxe do Cruces Baio-Foto-Luís González
1ª Galicia: 4 vitorias costeiras baixo a chuvia

Nótase que na Costa estamos afeitos aos partidos baixo o temporal. 4 dos 5 partidos desta xornada dominical pasada por auga acabaron con vitoria costeira. Só o San Lorenzo caeu na casa, mentres que Dumbría, Esteirana, Baio e Fisterra sumaron vitorias máis que fundamentais. A máis importante, a do Fisterra, que rompe unha serie de 6 derrotas consecutivas aproveitando a recuperación de Isaac Fábregas

San Lorenzo - Cordeiro (1-2)

  • San Lorenzo: Puyol, Davidson, Samuel, Raúl, Pablo Garrido, Joquín, Iago López, Diego Varela, David, Juanjo e Mateo. Tamén: Alberto, Riki e Altair.
  • Goles: 0-1, m.26: Moisés; 0-2, m.32: Marcos Lorenzo nunha gran xogada; 1-2, m.80: Juanjo de penalti.

Aínda non puido debutar Miguel Lapido no banco de Verdillo, por problemas coa ficha, pero si adestrou toda a semana e puido mandar dende fóra do campo. O equipo chegaba con moitas baixas, con apenas 14 xogadores na convocatoria, e sufriu nunha primeira metade, co vento en contra, dominada polo Cordeiro con vento a favor. O San Lorenzo non tivo profundidade, e o cadro visitante acertou en dúas ocasións para meterse por diante con xustiza.

Cambiaron as tornas na segunda, co vento a favor e cos retoques de Lapido o cadro carballés meteu ao Cordeiro no seu campo, pero o seu porteiro Lorenzo evitou varias ocasións claras. Juanjo, co seu 8º gol na liga, meteu ao equipo de cheo no partido a falta de 10 minutos pero o tanto do empate non daría chegado.

Dumbría - Agolada (3-0)

  • Dumbría: Sano, Samuel, Pablo Paz, Kanaro, Alex Sáchez, Baba, Miller, Lucas Toba, Mario, Rivi e Dani Chao. Tamén: Alex Sendón, Dani, Raúl, Mataso, Álex Blanco, Íker e Carlos.
  • Goles: 1-0, m.14: Kanario; 2-0, m.27: Miller; 3-0, m.90: en propia.

Partido cómodo para os de Pablo Conde, que recupera a senda da vitoria tras 4 partidos sen conseguilo. Aproveitou o vento a favor, xogando ben e marcando dous tantos na primeira metade.

Na segunda os visitantes saíron fortes, pero os locais foron capaces de resistir. Pero a partir de aí a chuvia e o vento fixo que fose unha batalla con pouco fútbol. No minuto 70 expulsáronlle a un cando Miller se plantaba só diante do porteiro e aí o partido xa esmoreceu, rematando co regalo do meta visitante para asinar o terceiro.

Esteirana - Valiño (7-0)

  • Esteirana: MJ, Simón, Code, Samuel, Damián, Tobío, Oli, Elías, Piki, Carajillo, Rober Pladur. Tamén: Kevin Rial, Martín Rama, Adrián, Pablo Rama, Kevin Lariño, Pachi e Sergio.
  • Goles: 1-0, m.4: Elías; 2-0, m.27: Rober Pladur; 3-0 m.35: Elías; 4-0, m.44: Samuel; 5-0, m.50: Rober Pladur; 6-0, m.52: Carajillo; 7-0, m.77: Rober Pladur.

Partido máis complicado do que reflexa o marcador, cun tempo moi complicado, con moita chuvia, vento, moitos charcos… pero os os locais se adaptaron moito mellor, e xa marcou Elías aos 5 minutos.
Descolocouse aí un rato o cadro local, e apretaron os visitantes, pero nas transicións eran letais os de Néstor, moito máis efectivos que outras xornadas, marcando dous tantos á contra e meténdose 3-0 á media hora. Na segunda, seguiron facendo ben as cousas na segunda metade e foron matando ao rival pouco a pouco, demostrando a boa dinámica do cadro blaugrana que suma a súa 3ª vitoria seguida e se coloca na metade da táboa con 8 puntos xa sobre os postos de descenso directo.

Fisterra - Flavia (5-3)

  • Fisterra: Joselu, Piti, Colombia, Breixo, Aarón Lobelos, Rubén Caamaño, Luis, Maikel Mouzo, Juan Trillo, Diego Estévez, Isaac Fábregas. Tamén: Paulo, Adrián Makaay,Guille, Mario, Coté, Aarón, Moha.
  • Goles: 0-1, m.4: Cristian de córner directo; 1-1, m.16: Isaac tras unha prolongación de Breixo a un saque de banda longo; 1-2, m.22: Cristian; 2-2, m.36: Diego Estévez de cabeza nun córner; 3-2, m.38: Diego Estévez define no man a man tras un pase de Rubén Caamaño; 3-3, m.62: Damián; 4-3, m.64: Isaac Fábregas de penalti; 5-3, m.70: Aarón Lobelos marca un golazo dende unha esquina da área pola escuadra.

Por fin chegou a vitoria, tras 6 derrotas consecutivas, do Fisterra. Fíxoo sobre o temporal de Ara Solis, nun campo encharcado. E iso que o partido se puxo de costas, cun gol de córner directo empurrado polo vento. Pero o equipo de Lobelos non lle perdeu a cara ao partido, foron arriba e empezaron a crear perigo a pesar de ter o vento en contra. Pronto empataba Isaac Fábregas, pero cando mellor estaba o equipo, un tiro lonxano toca en Breixo e supera a Joselu. Tocaba volver a remar, pero o equipo deu a cara, e nun córner Estévez anotaba o empate de novo, e de contado definía moi ben no man a man un gran pase de Rubén Caamaño. Pediron vermella por unha agresión os fisterráns, pero o colexiado sinalou amarela.

As que non entraban estas semanas semana pasadas estaban entrando. Estaba o partido para vencelo sen apuros, con varias ocasións, mesmo un balón ao pau, pero unha internada a trompicóns entre charco e charco propiciaba o empate.
Pero o equipo fisterrán, co vento a favor estaba chegando, e Isaac forzaba un penalti e marca (era o cuarto penalti da tempada, e os fisterráns fallaran os outros tres) non sen suspense.
Pouco despois, Aarón Lobelos facía o golazo da tarde para asinar a sentenza,

”Levábamos tempo merecéndoo, e por fin douse, creo que se fixo xustiza. Dúas veces puxéronse por diante e aínda sacamos o que é a verdadeira sangue fisterán, que si se nota ter tanta xente da casa, que se vive o club, e é certo que se sinte esa necesidade de queren defender o escudo, e sacamos o partido por ganas, e fumos capaces de facerlle 5 goles ao que chegaba de 2º”, valora un orgulloso Diego Lobelos.

Cruces - Baio (1-3)

11 do Baio en Cruces

  • Baio: Iván Fraga, Bruno, Pablo Rod., Pazos, Sergio ROd., Dani López, Pablo Díaz, Bieito, Porty, Josiño e MC. Tamén: Javi Souto, Bryan, Sergio Antelo, Guille Eiroa, Hugo, Yago Couto, e Alex Muíño.
  • Goles: 0-1, m.61: Bryan; 1-1, m.63: Dani Soto; 1-2, m.70: MC; 1-3, m.90: Sergio Antelo.

Continúa a dinámica positiva con 10 puntos dos últimos 12 en xogo para o equipod e Félix Raposo. E iso que foi unha primeira metade moi mala dos baieses, sen actitude, pero o marcador non se movería.
Na segunda, tras axustar debuxo cos cambios melloraron e consegurin adiantarse e facer dano ó rival... cos tantos de Brayan, MC e Sergio para sentenciar nunha contra.
Destacar o debut do xuvenil Alex e a boa actuación da xente de banquillo para ser revulsivos e importantes na vitoria.

 
Cruces Baio-Foto-Luis G 2
Foto-Luis Gónzález

CRÓNICAS DA 1ª GALICIA

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios