Sábado. 27.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Baio frea ao San Lorenzo

Baio-San Lorenzo -Foto-Luis Gonzalez
Imaxe do Baio-San Lorenzo -Foto-Luis González
1ª Galicia: O Baio frea ao San Lorenzo

Importante vitoria do Baio na casa na visita do veciño San Lorenzo, para saír do descenso e mirar cara arriba. Os de Verdillo seguen pendentes da renovación completa trala marcha de Dani Casal, e perden algo de comba cos de arriba.

Bo empate do Dumbría en Padrón ante o que chegaba líder á xornada, demostrando que pode competir con todos, e que se pode enganchar cos de arriba en calquera momento. De feito, a pesar de estar 8º, está a apenas 9 puntos do liderato.

Por detrás métese xa a Esteirana, que sumaba unha grandísima vitoria na casa ante o Praíña e colle cómoda vantaxe co descenso.

E puido facer o mellor partido do que vai de temporada o Fisterra, pero volveu sen premio e suma xa 6 derrotas seguidas, malia sen meterse en postos de descenso.

Flavia - Dumbría (1-1)

  • Dumbría: Anxo, Samuel Quintáns, Pablo Paz, Kanario, Baba, Mario, Alex Sánchez, Miller, Mataso, Lucas Toba e Dani Chao. Tamén: Rivi, Raúl, Alex Blanco, Xián, Adrián Periscal e Carlos.
  • Goles: 1-0, m.26: Aitor Pallas; 1-1, m.70: Lucas Toba.

Partido intenso no fermoso campo do Souto de Padrón, malia que o céspede non estaba nas mellores condicións. Os primeiros 15 minutos foron de tanteo. Aínda que se xogaba máis ao que quería o Dumbría, o Flavia foi apretando e conseguiu sacar uns cantos córners, e nun deles abriu o marcador no ecuador do primeiro tempo. De aí ao final da primeira volviu ser igualado.

Na segunda, o partido non cambiaba moito, e nos primeiros compases apareceu a figura de Anxo que mantivo ao equipo no partido con 3 paradóns espectaculares. Aí deron un pasiño adiante os de Pablo Conde, e empezaron a crear máis perigo, tendo varias ocasións ademais do gol do empate de Lucas.

Volveuse tolo o partido no último cuarto de hora, cos dous equipos rotos, e con chegadas nas dúas áreas, se ben nos últimos 5 minutos foi o cadro local o que máis envorcou o campo cara a meta de Anxo, pero sen grandes ocasións.

Baio - San Lorenzo (2-0)

11 do Baio na casa-Foto-LG

  • Baio: Javi Souto, Bruno, Pablo Rod., Norberto, Sergio Rod., Sergio Antelo, Miki, Porty, Bieito, Diego Santancier e MC. Tamén: Iván Fraga, Pablo Gabín, Pazos, Josiño, Pablo Díaz, Bryan e Dani.

11 do San Lorenzo en Baio-Foto-LFG

  • San Lorenzo: Dani Fedello, Lozano, Raúl, Lucho, Pablo Garrido, Andy, Joaquín, Iago Lópex, Alex Taino, Jairo,Diego Varela. Tamén: Davidson, Mateo, Riki e Juanjo.
  • Goles: 1-0, m.6: Diego Santancier; 2-0, m.67: Sergio Antelo.
Baio-San Lorenzo -Foto-Luis Gonzalez Alex Taibo e Bieito
Alex Taibo e Bieito. Foto. Luís González

Saíu protagonista o CD Baio na primeira metade, controlando o balón, atraendo e facendo saltar a presión a xogadores rivais. O SanLo non conseguía entrar e xogo e o Baio conseguír ir xerando superioridades en zona de creacion e facendo dano o rival nos últimos metros. Froito deso chega o 1-0 tras xogada iniciada e onde participan todos os xogadores baieses, incluido porteiro (ollo que houbo 8 xogadores de Baio sobre o campo, destacando o debut do xuvenil Miki, un dos xogadores do partido). Tras o gol o SanLo comezaba a encontrarse co seu xogo e nun balón en longo de Fedello para Joaquín este é derribado forzando a vermella de Norberto ao ser o último home. O Sanlo trataría de lograr o empate con tiros lonxanos, e o partido quedava aberto para a segunda metade.

O San Lorenzo pasaba a dominar máis territorialmente, pero o Baio estaba moi seguro na zona defensiva. A expulsión de Andy nunha discusión entre xogadores ao cuarto de hora igualaba a contenda, e pouco despois o segundo de Sergio case que sentenciaba o choque. O partido continua sen apenas ocasions ata que nos últimos minutos o SanLo chega a quedar con 9.

Esteirana - Praíña (3-0)

  • Esteirana: MJ, Code, Simón, Samuel, Damián, Kevin Rial, Alex Rama, Oli, Piki, Elías e Rober Pladur. Tamén; Pablo Rama, Carajillo, Kevin Lariño, Laex Vega, Pachi, Martín Rama e Sergio.
  • Goles: 1-0, m.50: Oli; 2-0, m.65: Piki; 3-0, m.90: Kevin Lariño.

Gran vitoria da Esteirana na casa, cun bo partido, se ben na primeira metade non estiveron moi finos e foi un choque máis denso, con problemas nas transicións nos que o Praíña fixo sufrir á defensa local.

Pero na segunda o cadro blaugrana foi dominador do partido, taponando a saída do rival, entrando moito máis por bandas, que xa permitían que Oli rematase dende segunda liña para abrir o marcador. O equipo estaba máis cómodo, defensiva e ofensivamente, sen suifrir atrás, e tendo ocasións por medio de Alex, Pachi, e os goles de Piki, e o terceiro, sobre o pitido final de Kevin Lariño.

Cordeiro - Fisterra (3-2)

  • Fisterra: Marc, Piti, Colombia, Breixo, Rubén, Maikel Mouzo, Lobelos, Luís, Juan Trillo, Isaac Fábregas, Estévez. Tamén: Lois, Mario, Aarón, Moha, e Guille.
  • Goles: 1-0, m.38: Moisés; 2-0, m.44: Moisés; 2-1, m.50: Isaac Fábregas tras un pase de Diego Estévez; 2-2, m.80: Estevez; 3-2, m.88: Magariños.

Fisterra ante o Cordeiro

Primeira metade parella, sen moitas ocasións, pero que se rompe antes do descanso, cando tras unha serie de córners, nun reixeite permite que Moisés abra o marcador. E xusto na última xogada do partido, unha mala saída e un esvarón de Marc a un balón longo do porteiro permite facer o segundo.

Pero o equipo estaba convencido do bo traballo que estaban facendo. E xa saíron enchufados os de Diego Lobelos, que facían dúas ocasións antes de que Isaac Fábregas non fallase no man a man tras un pase de Diego Estévez. Dende a xornada 4 non tiñan os fisterrán a Fábregas e volta do pichichi da Liga da Costa do ano pasado vaise notar e moito. Seguiu empurrando o Fisterra, ben seguros atrás, e co partido desenvolvéndose na área visitante. Co 2-1, anularon un gol que debía ter subido ao marcado, pero o equipo non se veu abaixo ata que a 10 do final chega cun remate de Diego Estévez.

Xusto na xogada anterior Lobelos facía cambios ofensivos así que a inercia fixo que o equipo fose polo partido. Aí Diego e Isaac teñen unha xogada clara que piden penalti sobre Isaac pero o colexiado non sinala nada.

E xusto na contra, acaba en corner e aí meten o gol da vitoria, deixando con cara de onto aos fisterráns, que fixeron máis que sobra para conseguir a vitoria pero volven, outra vez, de baleiro.

”Aínda que levemos 6 derrotas, as sensacións son moi boas. Só cómpre esperar seguir así e esperar que cambie a sorte”, valora Diego Lobelos. “Coa chegada de Isaac creo que imos ver un Fisterra diferente nas próximas semanas”, avisa.

 

CRÓNICAS DA 1ª GALICIA

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios