Sábado. 27.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Os poderosos baten cos equipos costeiros

Baio- Dumbria-Foto-Luis Gonzalez 2
Imaxe do Baio- Dumbría-Foto-Luís González
1ª Galicia: Os poderosos baten cos equipos costeiros

Os poderosos van tomando posesión da zona alta. O empate do San Lorenzo en Calo faille baixar un par de chanzos ao cadro de Dani Casal, vendo como o poderoso Negreira, que goleaba ao Fisterra, e o Flavia, que vencía á Esteirana, alcanzan na táboa a un Puebal que caía ante o Cordeiro, que tamén saca a cabeza. Históricos da categoría que demostran que van estar aí.

Todo nunha xornada que tiña os ollos no Platas Reinoso, onde Baio e Dumbría asinaban un empate para esquecer.

 

Baio - Dumbría (0-0)

11 do Baio ante o  Dumbria-Foto-Luis Gonzalez

  • Baio: Javi Souto, Bruno, Pablo Rod., Norberto, Aitor Vilas, Sergio Antelo, Dani, Iván Rod., Bieito, Josiño e Diego Santancier. Tamén: Iván Fraga, Pazos, MC, Guille Eiroa, Damián, Miguel e Sergio Rod.

11 do Dumbria en Baio -Foto-Luis Gonzalez

  • Dumbría: Anxo, Samuel, Pablo Paz, Dani, Mataso, Baba, Rivi, Lucas Toba, Miller, Raúl e Dani Chao. Tamén: Alex Sendón, Kanario, Mario, Alex Sácnez, Carlos e Xián.

Capis e arbitros do Baio Dumbria-Foto-Luis Gonzalez

Partido dispudado e reflexo do que significa un derbi nesta categoría. Primeira parte de tanteo, moi mala, con ritmo moi lento, tendo que cambiar varias veces o balón, e moitas interrupcións. Os dous equipos saían con presión alta e apenas houbo posesións de calidade. O partido quedou marcado no m.15 trala expulsión de Miller, tras unha disputa co veterano Norberto. Pero o Baio non foi quen de impoñer o seu ritmo, nin chegar máis á meta visitante.

A segunda metade foi algo máis animada, pero só en accións a balón parado había ocasións. Tivo o Dumbría varios córners perigosos mentres que a única ocasión do Baio chegou a 5 do final, cun remate de Diego Uruguaio, que pedía un posible penalti.

 
Baio- Dumbria-Foto-Luis Gonzalez
Foto-Luís González

Calo - San Lorenzo (1-1)

  • San Lorenzo: Dani Fedello, Davidson, David Lorenzo, Samuel, Raúl, Pablo Garrido, Iago, Alex Taibo, Diego Varela, Jairo, e Mateo Canedo. Tamén: Puyol, Lucho, Joaquín, Ricardo e Altair.
  • Goles: 1-0, m.62: en propia; 1-1, m.72: en propia.

San LOrenzo en Calo

Partido moi igualado, cunha primeira metade na que os de Dani Casal foron mellores, levando o peso do balón e probando con tiros lexanos pero sen crear claras ocasións. Dani Fedello apenas tivo que intervir unha vez nos primeiros 45 minutos.

Na segunda parte os dous equipos foron a polo partido. Chegarían no ecuador, case seguidos e ambos en propia meta, os tantos. Pero a expulsión de Pablo Garrido, algo rigorosa para os de Verdilllo, deixaba aos carballeses con 10 no m.80. Aínda tiveron un 4 para dous nunha contra os visitantes pero os locais tamén obrigaron a Dani a facer unha boa parada para salvar un puntiño.

Despois poidemos poñernos por diante en un 4 para 2, en unha internada por banda, que acerta moi ben o porteiro. Pero despois precipitariamonos bastante con un home menos, e eles poideron levar o partido, con unha parada Dani e un balón ao pao. E con esto chegariamos ao final.  

Flavia - Esteirana (3-1)

  • Esteirana: Alex Vega, Simón, Code, Kevin Rial, Tobío, Pachi, Adrián, Pablo Rama, Piki, Oli e Elías. Tamén: Damián, Álex Rama, Roberto Pladur, Carajillo, Kevin Lariño, Alex Louro e Sergio.
  • Goles: 0-1, m.10: Elías; 1-1, m.20: Pedro Giménez de penalti; 2-1, m.50: Damián Otero; 3-1, m.81: Martín.

Partido moi intenso, co equipo esteirán moi ben plantado e sacando contras perigosas, como a que lles permitía meterse por diante co tanto de Elías. Pero un penalti, algo dubidoso para os costeiros, permitía aos locais empatar, para marchar co empate ao descanso.

Na segunda, os locais sairían máis mandóns, e pronto facían o segundo. Intentouno o cadro dirixido este mes por Teira, pero non eran quen de superar as liñas dos padroneses, que acabaron sentenciando no treito final.

 

Negreira - Fisterra (5-1)

  • Fisterra: Marc, Lobelos, Piti, Maikel Mouzo, Rubén, Mario, Luisete, Coté, Juan, Marcote e Estévez. Tamén: Joselu, Lois, Aarón, Adam, Guille.
  • Goles: 1-0, m.11: Joel; 2-0, m.19: Alberto Freire; 3-0, m.43: Gonzalo; 4-0, m.46: Joel; 5-0, m.67: Brais; 5-1, m.79: Estévez.

Negreira-Fisterra

Partido moi serio dos fisterráns, a pesar do resultado. Chegaban moi mermados os de Diego Lobelos, e saían ben colocados sen deixar de apretar arriba. De feito, a primeira ocasión era dos verdes, pero fallaron e na xogada seguinte, primeiro gol en contra. 10 minutos chegaba o segundo, e malia que os fisterráns estaban defendendo ben, a pólvora dos nicrarienses permitiulles facer o terceiro antes do descanso, e o cuarto nada máis saír. No treito final estévez fixo o gol da honra e puido marcar algún máis.

 

CRÓNICAS DA 1ª GALICIA

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios