2ª FUTGAL: Camariñas e Soneira aproveitan as táboas dos rivais directos

Imaxe do Monte Louro - Xallas no Agr da Filgueira -Foto-Edu Olveira

Non fallou o Camariñas ante o penúltimo clasificado, tampouco o fixo o Soneira co pechacancelas, e ambos sacan partido dos empates dos dous choques entre os rivais do segundo vagón. O Xallas, que levaba 8 vitorias consecutivas, non puido cun combativo Monte Louro, mentres que en Baio, o cadro local e o Porteño asinaban tamén un empate, que deixa por arriba, a Camariñas e Xallas con 2 puntos en favor dos primeiros; e despois, un grupo agora co Soneira na 3ª praza, con 35 puntos, polos 34 do Baio, os 32 do Monte Louro, e os 30 do Porteño.

Por detrás, moi pegado chega o Corme, que perdeu unha boa ocasión ante o Outes, igual que o Ponteceso, que caeu ante un máis necesitado Corcubión.

Mazaricos e Coristanco, na pelexa por evitar os posibles postos de arrastre, quedaron tamén empatados.

Cabana - Muros (4-1)

  • Cabana: Manu, Mario (Miki), Noé, Ferreiro, Aarón, Fernando, Moreno, Castro (Hugo), Migueliño, Simón (Leis), Manuel (Pablo).
  • Muros: Aitor; Martín, Benji, Gesto, Quin, Xaco, Peski, Javi, Ra, Jesús e Alex. Tamén: Manuva, Fastu, Dani, Flavio, e Ginki.
  • Goles: 1-0, m.1: Manu Romero; 2-0, m.41: Ferreiro á saída dun córner; 3-0, m.44: Diego Castro tras unha boa xogada de Migueliño; 4-0, m.83: Leis de penalti; 4-1, m.90: Flavio.

Saía moi ben o Cabana que sorprendería xa no primeiro minuto cun tanto fugaz. O Muros tardou en reaccionar, e despois de varias chegadas o equipo de Mingui deixaba o choque sentenciado facendo o segundo e terceiro gol antes do descanso.

Non respondía o Muros, e o Castro e Simón avisaban, pero era Leis o que transformaba un penalti cometido sobre el mismo para facer o cuarto antes de Flavio fixese o gol da honra para os de Vinto.

Baio - Porteño (0-0)

  • Baio: Rodrigo, Bruno, Norberto, Pazos, Alex Muíño, Sergio, Manuel Vila, Carreira, Chechi, Josiño e MC. Tamén: Yago, Rubén, Lucas e Mamadou.

  • Porteño: Mariolo, Rodri, Baris Mouzo, Iván, Alfredo, Nico, David, Darío, Mayor, Alan e Yuyo. Tamén: Joel, Pejo, Martín, Joseba e Pablo.
Mayor e MC con Pablo Rama. Fotos: Parker

Partido moi igualad, moi táctico, na primeira metade, cun Baio que comezaba mandando co balón. Pouco a pouco o Porteño se estiraba entrando polas bandas con Ivá e Alfredo metendo centros que sacaba ben o cadro de Félix, que remataba de novo poñendo o balón en campo contrario e obrigando a Mariolo a salvar un par de bos tiros.

Na segunda, o equipo de Pirucho tivo máis achegamentos, con bastantes córners, obrigando a Rodrigo a facer unhas boas intervencións. Alfredo entraba ben por banda, un centro de Yuyo foi rematado frouxo, outra de Alan que non chegaba a un centro de Iván e ata un gol pantasma foron as mellores para os visitantes.

Monte Louro - Xallas (1-1)

  • Monte Louro: Pedro, Pablo, Miguel CVerán, Samuel, Rodri; Manolo Chouza, Raúl, Xián, Riki, Íker e Fari. Tamén: Xacobo, David Pais, David Lestón, Rapante e Brais.
  • Xallas: Iván Couto, Joel, Fidi, Asier, Rubén Sande, García, Yago Facal, Peke, Makaraeno, Rubén Sande, Sergio Barbeira. Tamén: Steven, Julián, Dani Barbeira, Adrián Couto, Marcos Carro.
  • Goles: 0-1, m.37: Yago Facal; 1-1, m.78: Xián.
Pablo Vidal e Iván Couto co árbitro Julián Buján -Foto-Edu Olveira

Intenso partido no Agra da Filgueira, con moita xogada a balón parado, no que o cadro local fixo un gran partido ante todo un Xallas. Nada máis comezar os locais protestaron un gol anulado a Riki. O Xallas creaba perigo nos córner de Peke, e nun deses Yago Facal aproveitaba un balón que se lle escapaba a Pedro para abrir o marcador. Tivo o Monte Louro unha pena máxima pero Miguel Verán non a aproveitou. Íker e Fari chegaban por banda, pero se atopaban con Iván Couto, que xunto a Pedro foi dos mellores do campo.

A segunda metade seguía moi tamén algo trabada. Os de Bibi non permitían aos de Doriño ter profundidade, e nun tiro de falta de Íker, rexeita Iván Couto e aproveita Xián para facer o empate. No treito final o equipo local tivo dúas (un remate de Rodri dentro da área que salva Iván Couto co peito, e unha chegada de Rapante que chega coa punta e o balón sae lambendo o pau).

Camariñas - Lira (4-1)

  • Camarilñas: Pablo, Víctor, Carlos, Oliver, Pablo Suárez, Moriño, Roi, Javi (Gora), Hugo (Julián), Nazo, Mario (Caamaño).
  • Lira: Carlos, Cartamil, Carlos, Lois, Ángel Vigo, Golpes, Marcos, Xoel, Juan, Christian e Raúl. Tamén: Fran Periko, Pablo Leis e Ramón.
  • Goles: 1-0, m.8: Hugo a centro de Nazo; 1-1, m.27: Raúl; 2-1, m.30: Javi Antelo de penalti; 3-1, m.72: Mario; 4-1 ,m.92: Nazo.

Competiu ben o Lira, sobre todo na primeira metade, ante todo un líder, pero os lirachos se queixaron que o primeiro e o terceiro gol puido ser en fóra de xogo e que o cuarto puido ser falta ao porteiro.

En todo caso, o Camariñas comezou dominando territorialmente e marcando moi pronto. O Lira aguantaba ben e nunha estirada Raúl empataba, pero apenas 3 minutos despois unha xogada de Mario, acaba con centro que corta ca man un defensa, e penalti que transforma Javi para poner o 2-1.

Non empezou mal o Lira a 2ª parte, e o partido transcurría, sin que pasara muito, co cadro de Cabrejo tendo a posesión e os de Óscar Leis buscando contragolpes. Ata que se rompeu o partido nun pase de Hugo a Mario para facer o segundo a 20 do final, ante as protestas dos locais.

Corcubión - Ponteceso (3-2)

  • Corcubión: Bruno, Fuentes, Isaac, Antón, Dani, Martín, Samu Rama, Iago Lema, Luís Lojo e César Lojo. Tamén: Jon, Samu Trillo, Borja Bouzón, Juan Castreje e Barco.
  • Ponteceso: Brais, Ángel, Juan Rey, Pedro, Luca, Mendieta, Mara, Puente, Javi Souto, Eloy Álvarez e Neira. Tamén: Darío, Ures, David Castro, Rama e Martín.
  • Goles: 1-0, m.3: Dani; 1-1, m.11: Puente de penalti; 2-1, m.53: Iago Lema tras unha boa xogada de César Lojo; 2-2, m.62: Ures; 3-2, m.85: César Lojo de penalti.

Bo partido no Cubaleiro. Pronto se adiantaron os locais cun gol de Dani aproveitando un rexeite do porteiro, pero de contado os visitantes empataban despois dun penalti transformado por Martin Puente no minuto 11. O partido empezaba movido e así seguiría aínda que con menos puntería de cara o gol. Os visitantes levarian a iniciativa ante un Corcubion ben posicionado e que saía á contra ou en accións a balón parado con bastante perigo pero sen puntería igualmente.

Na segunda parte repetíase o guión da primeira, cun tanto rápido (un golazo) de Iago Lema ao que respondería Ures pouco despois cunha vaselina.

Quedaba media hora de partido aberto cos dous equipos buscando a vitoria, que caeria a prol do Corcubión tras un protestrado penalti a 5 do final. Puido conseguir o empate o equipo de Julio Vila cun remate de Mara que atallou ben Bruno no desconto, mentres que os de Ángel López pedían outra pena máxima.

Corme - Outes (0-2)

  • Corme: Quique, Brais Pailos, Aitor, Xoel, Eloy Villar, Mauro, Borja Torrado, Lucas Figueroa, Yago, Samu Costa e Teo. Tamén: Noel, Isra, Lucas, Álvaro e Laik.
  • Outes: Dani, Stefan, Chúa, Kevin, Jura, Alberto, Iván, Chía, Xabi, Keko, Sanchiño. Tamén: Cristian, Veleiro, Yago Dosil, Adrián e Aarón.
  • Goles: 0-1, m.52: Sanchiño dende fóra; 0-2, m.55: Xabi tras varios rexeites.

Gran partido do Outes ante un Corme que fixo o seu peor da temporada, sen ritmo, sen acerto. Así e todo, aguantaba na primeira metade o equipo de Adrián Lema, ante un dominador Outes, que puido abrir o marcador por medio de Keko e Kevin.

Na segunda, un tempraneiro gol de Sanchiño dende fóra sorprendía a Kike, gol que fixo dano nos de Adrián Lema, pois apenas 3 minutos despois encaixaban o segundo tras unha xogada por banda e unha serie de rexeites non despexados.
Intentouno o cadro local no último treito pero sen grandes ocasións.

 

Coristanco - Mazaricos (2-2)

  • Coristanco: Damián, Chechu, Jonathan, Nico, Sergio, Dani Vázquez, Javi, Kevin, Álex, Prego e Dani Casti. Tamén Castro, Hugo Fraga, Dani Lou, Samuel e Xoel.
  • Mazaricos: Íker, Luís Mayán, Fabio, Borja, Chumiko, Matías, Pereiro, Bryan, Sandelo e Molinos. Tamén: Ángel, Kevin, Alex Calvo e Rodri.
  • Goles: 1-0, m.14: Jonathan; 1-1, m.33: Bryan a centro de ; 2-1, m.43: Casti; 2-2, m.75: Rodri.

Novo partido que lle escapa ao Mazaricos, que paga moito os seus propios erros. O Coristanco estivo máis espeso, incapaz de crear xogadas combinadas nen chegar con perigro á área dun Mazaricos moito mellor con balón e buscando crear perigro con balóns ás costtas da defensa coristanquesa. Pero non estiveron finos na toma de decisións, unha semana máis, os amarelos.

Así e todo adiatábanse os locais nun remate de Jonathan despois dun saque de esquina. Empataría o Mazaricos á media hora. Os de Marcos entraban pero a liña adiantada dos locais provocaba moitos fóras de xogo. Piden aí unha pena máxima os visitantes a Marquiños que cae dentro da área pequena, pouco antes de Dani Casti marcara o segundo para os de Iván Vázquez nun man a man co porteiro despois dun roubo e un gran pase entre liñas dos medios coristanqueses.

Na segunda o Mazaricos foi superior ante un Coristanco que deu un pase atrás. Tivo Pereiro un balón ao poste tras unha boa xogada de Molinos, antes de que Rodri empatase. Pero aí o partido tamén puido caer de calquera lado, tendo que aparecer Íker para salvar, cando menos, un punto.

Soneira - Cee (7-1)

  • Soneira: Pity, Maikol, Oreiro, Adrián, Héctor, Brais, Cachi, Pichi, Richi e Vía. Tamén: Jairo, Sergio, Sergio, Carlos e Bieito.
  • Cee: Iván Bouzón, Jonathan, Diouck, Dani Fontaíña, Juan Oreiro, Carlos, Anxo, Jose, Sergio, Trini e Eze. Tamén: Jorge, Alex Muíño, Iago e Joel.
  • Goles: Vía (2), Richi, Pichi (2), e Sergio (2) para o Soneira. Anxo para o Cee.

Partido sen historia onde o Soneira foi moi superior a un Cee que aguantou ata encaixar o 1° gol, qcastigo duro para un equipo valente que pese ao resultado sempre deu a cara. Inauguraba Vía no min 15 o marcador e no 35 Richi faría o 2°, para pouco despois e antes do tempo de lecer Pichi en menos dun minuto sacudíase o gafe de encima e demostraría o goleador que é con dous goles, un de penalti no 3-0.

Unha segunda parte onde se farían varios cambios pero no que o Soneria non baixaría o acelerador e así Richi faría o segundo gol da súa conta e o 5° do partido. O xuvenil Sergio estreábase como goleador co primeiro equipo marcando 2 tantos máis, o último de bella factura cun tiro que collía adiantado ao porteiro ceense. Anxo faría o gol da honra para o pechacancelas.

Máis info

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL