sábado. 07.12.2024
El tiempo

2ª FUTGAL: O Xallas empata no Vicente Carril

camarinas - xallas-Campana copia
Foto do Camariñas - Xallas de Campaña
2ª FUTGAL: O Xallas empata no Vicente Carril

O partido do Vicente Carril entre o intratable líder, o Camariñas, e o aspirante a todo, o Xallas, foi adiantado ao sábado, e serviu para ver un auténtico partidazo do Fútbol da Costa. Goles e emoción ata o final, para deixar un empate que lle permite aos camariñáns manter a súa condicións de único equipo invicto da categoría, con 4 puntos de vantaxe sobre Baio e Monte Louro, e 8 sobre os propios xalleiros.

Ollo a baieses e loureáns. Os primeiros levan 7 vitorias seguidas e os loureáns 5 sen perder.

Polo demais, destacar a vitoria do Porteño ao Ponteceso (ambos quedan na 6ª e 7ª praza, situados para alcanzar a zona de promoción), mentres por abaixo o que saca a cabeza é o Outes, sumando a súa segunda vitoria ante todo un Soneira.

Camariñas - Xallas (2-2)

  • Camariñas: Jorge, Víctor, Carlos, Borja (Oliver), Pablo Suárez, Moriño, Hugo, Javi, Roi (Manuel), Marío e Djibril.
  • Xallas: Iván Couto, Iván García, Erre, Peque, Adrián Couto, Yago Facal, Asier, Macareno, Fidi, Rubén Blanco, Sergio Barbeira.
  • Goles: 0-1, m.44: Peque de falta; 1-1, m.55: Roi de penalti; 2-1, m.75: Mario tras unha xogada de Hugo e Roi; 2-2, m.80: Rubén Blanco remata a porta baleira un pase de Doro.
camarinas - xallas-Campana copia
Foto: Campaña

Partidazo por todo o alto en Camariñas, que comezaba co cadro de Cabrejo e Faus moi arriba ante un equipo de Doriño que esperaba atrás e buscaba ás contras. Avisaba primeiro o cadro local, cun man a man de Mario que salva Iván Couto, e un par de chegadas de Djibril e Hugo. Pouco a pouco, o Xallas roubaba no medio gracias a unha boa presión, e buscaba a Sergio Barbeira que aguantaba de costas e creaba xogadas por banda. Acababa o primeiro tempo cunha falta ben botada por Peque aproveitando os ocos na barreira.

Na segunda, o Camariñas comezou algo mellor, con Mario facendo dano e obrigando a Couto a volver aparecer. Empataban os locais tras un penalti por mans que forzaba Mario, e pouco despois se metían por diante nunha xogada na que os xalleiros pedían fóra de xogo.

Púxose algo bronco o partido, pero o Xallas non lle perdeu a cara e conseguía empatar tras unha boa xogada de Doro que cede para que Rubén Blanco marque a pracer para acadar un empate que sabe máis sabroso en Santa Comba que en Camariñas.

Cee - Mazaricos (3-3)

  • Cee: Iván Bouzón, Regueiro, Fontaíña, Munitis, Roberto, Carlos, Anxo, Jose, Fidalgo, Eze e Mauro. Tamén: Isaías, Diouck, Iago, Oreiro e Jorge.
  • Mazaricos: Íker, Luís Mayán, Fabio, Borja, Chumiko, Marcos, Kevin, Sandelo, Brais, Sergio e Molinos. Tamén: Bryan, David, Matías, Iago e Pereiro.
  • Goles: 1-0, m.4: Josiño remata un córner botado por Eze; 1-1, m.10: Chumiko dende o medio campo; 2-1, m.12: Eze nunha fermosa xogada individual; 3-1, m.33: Eze; 3-2, m.80: Chumiko de penalti; 3-3, m.93: Pereiro marca un golazo de tacón.

Tamén adiantado ao sábado, partido tolo no San Paio de Refoxos. Non atopa Marcos a tecla para recuperar o fútbol que lle gusta, e que debería vir ben a un cadro amarelo con moita calidade. Pero os amarelos seguen sufrindo e o sábado non puideron co pechacancelas, e mesmo tiveron que estar cun home máis para poder remontar. Os xogadores mazaricáns seguen demasiado tensos, sen a tranquilidade nin os automatismos que os levaron o ano pasado a facer un dos mellores fútbol da categoría e meterse en promoción.

En fronte estaba un Cee que comezaba moi serio, creando moito perigo en balóns longos e aproveitando, dende o comezo, os balóns parado. Chumiko empataba aos 10 minutos dende 40 metros aproveitando que Bouzón estaba adiantado, pero é que o meta ceense fartouse de cortar contras gracias á súa posición avanzada.

Eze metía de novo ao Cee por diante un par de minutos despois tras un pase longo do propio Bouzón e antes do descanso o propio Eze marcaba outro fermoso gol tras un gran control e un recorte ao porteiro.

Na segunda o Mazaricos propoñía pero o cadro de Rafa Suárez estaba cómodo atrás sen sufrir demasiado. Foi chave a expulsión de Eze, con dous cartóns en apenas 2 minutos, e que permitiu ao Mazaricos vir con todo arriba. Empataba Chumiko dende os 11 metros, e co equipo envorcado, Pereiro marcaba o empate xa no desconto cun fermoso tanto de tacón.

Baio - Muros (7-2)

11 do CD Baio no Platas Reinoso-Foto-CD
11 do CD Baio no Platas Reinoso-Foto-CD
  • Baio: Rodrigo, Bruno, Norberto, Carreira, Sergio, Alex Muíño, Chechi, Mamadou, Víctor, Pazos, MC. Tamén: Javi Souto, Lucas, Rubén, Josiño e Manuel Vila.
11 do CD Muros en Baio-Foto-CD Baio
11 do CD Muros en Baio-Foto-CD Baio
  • Muros: Álvaro, Pelos, Manuva, Alonso, Juan, Ra, Peski, Dani, Martín, Jesús, Benji. Tamén: Aitor, Fran, Flavio, Miguel Quin.
  • Goles: 1-0, m.1: en propia; 1-1, m.11: Alonso; 2-1, m.20: MC; 2-2, m.20: Pelos ve ao porteiro adiantado e marca no saque de centro; 3-2, m.38: Mamadou; 4-2, m.44: Alex Muíño; 5-2, m.52: MC; 6-2, m.53: Chechi; 7-2, m.77: Mamadou.
Javi Pelos e MC co colexiado Luis Insua-Foto-CD
Javi Pelos e MC co colexiado Luis Insua-Foto-CD

Como unha máquina vén este Baio de Félix que se aproveitou dun Muros moi frouxo por segunda semana consecutiva. E iso que responderon ven ao gol en propia nada máis comezar, nun balón longo sen perigo que era enviado por Juan ao fondo da súa portería tras non escoitar os berros do porteiro para que a deixase. Alonso empataba, MC volvía marcar e Pelos empata de novo. Todo en apenas 20 minutos de tolemia.

Calmouse o partido e o cadro de Vinto aínda tivo unha de Dani para poñerse por diante, pero nos últimos 5 minutos o Baio aproveitaría varias xogadas de perigo pola banda esquerda para facer dous goles que deixaban o 4-2 no marcador.

Dous goles que mataron aos visitantes, que case que non apareceron nunha segunda metade na que o Baio foi moi superior e matou moi ben o choque demostrando ademais unha gran pegada, como podedes comprobar na retransmisión que nos permite o gran Santi Soneira.

Corcubión - Cabana (1-3)

  • Corcubión: Bruno, Juan Fuentes, Isaac, Gorka, Samu Rama, Alex Díaz, Juan Castreje, Martín, Luis Lojo, Antñon e César Lojo. Tamén: Íker, Samuel Trillo e David Lojo.
  • Cabana: Alvarellos (Manu), Noé (Leis), Ferreiro, David, Aarón, Fernando, Moreno, Hugo, Simón (Cristian), Migueliño (Roi), Pablo (Castro).

Goles: 0-1, m.11: Pablo rematando un bo centro a bote pronto de Moreno tras un bo cambio de orientación de Aarón; 0-2, m.55: Moreno rematando un balón solto no área; 1-2, m.83: Samu Trillo nunha boa xogada combinativa do Corcubion; 1-3, m.93: Castro rematando un córner botado por Moreno.

Segunda vitoria consecutiva do Cabana ante un Corcubión que viña de sumar 4 partidos sen perder, pero que chegaba con ata 7 baixas a este partido. Comezou o Cabana mellor asentado, con máis intensidade e gañando cada duelo, conseguindo poñerse por diante moi pronto. Foi igualando a contenda e o Corcubión tivo algunha ocasión para empatar pero se atopou cun gran Alvarellos na meta visitante.

Comezaba a segunda pero o Corcubión de Ángel Ventanas e Isi estaba errático, permitindo que as mellores ocasións fosen do bando dos de Óscar Mingui, que avisaban cun gol pantasma de Nando nunha xogada de balón parado, e cun gol que subía ao marcador de Moreno. Con máis corazón que xogo, os locais viñéronse arriba. A 10 do final recurtaba a vantaxe Samu Trillo, e o Corcubión seguía empurrando pero o Cabana soubo aguantar e mesmo facer o terceiro no desconto.

Soneira - Outes (1-4)

  • Soneira: Pity, Iván Blanco, Gusa, Héctor, Brais Pereira, Cachi, Adrián Canosa, Bieito, Oreiro, Vía e Richi. Tamén: Dono, David LP, Javi Lema, Sergio e Carlos.
  • Outes: Ryan, Stefan, Chía, Alberto, Jura, Álvaro, Iván, NIco, Martín, Veleiro, e Keko. Tamén: Kevin Lariño, Yago Dosil, Adri e Marcos.
  • Goles: 0-1, m.24: Nico a pase de Keko; 0-2, m.51: Álvaro; 0-3, m.52: Keko; 0-4, m.55: Nico; 1-4, m.68: Vía; 2-4 m.79: Richi.

Partido que se decidiu nos 10 primeiros minutos do segundo tempo con tres golazos dos de Sieira. Os da Serra xa se adiantaban nunha xogada por banda no ecuador dunha igualada primeira metade, sen demasiadas ocasións. Pero os tantos de Álvaro, Keko e Nico e apenas 10 minutos despois dos vestarios, deixaban o partido visto para sentenza. Quedaba con 10 o cadro visitante e os de Josiño Abelenda maquillaron o marcador nos últimos minutos.

Monte Louro - Lira (1-0)

Monte Louro-Lira-Foto-Edu Olveira 2

  • Monte Louro: Pedro, Pablo, Miguel Verán, Rodri, Juan Lois, Raúl, Abel, Riki, Xián, Iker e Álvaro Fari. Tamén: Rbais, Martín, Luismi, Manolo Chouza e Rapante.
  • Lira: Carlos, Isaac, César, Cartamil, Lois, Xoel, Ramón, Marcos, Ángel Sestayo, Juan e Fran Periko. Tamén: Raúl, Migueliño, Pablo Leis, Amoedo e Oli.
  • Gol: 1-0, m.60: Álvaro Faro tras unha combinación con Xián e Riki.

Monte Louro-Lira-Foto-Edu Olveira

Segue este Louro moi arriba, sumando de 3 en 3 mesmo neste derbi pouco vistoso, a pesar do gran ambiente vivido no Agra da Figueira. Primeira metade para esquecer dos dous equipos, sen chegadas nin xogadas destacables. O Lira de Amoedo estaba ben defensivamente pero moi precipitados co balón.

Na segunda o Louro (a pesar das baixas Bibi conta cun plantel moi completo e enchufado) dou un pasiño adiante, sen dominar demasiado, pero con algo máis de sensación de perigo. Así tras unha boa combinación, Álvaro Fari marcaba celebrando ademais o seu aniversario. Rompíase lixeiramente o choque, con algo máis de ida e volta, pero sen que os dous porteiros tiveran que aparecer mais alá dalgón tiro lonxano algún córner.

Porteño - Ponteceso (4-0)

11 do Porteno na Grixa-foto-Parker
11 do Porteño na Grixa-foto-Parker
  • Porteño: Mariolo, Pejo, Rodrigo, Brais Mouzo, Iván, Martín, Darío, Nico, Yuyo, David e Alan. Tamén: Manoliño, Cristian, Joseba, Ibra e Carrabete.
11 do Ponteceso SD na Grixa-foto-Parker
11 do Ponteceso SD na Grixa-Foto-Parker
  • Ponteceso: Darío, Ures, Juan rey, Pedro, Luica, Leo, David, Iván Rod, Luís, Neira e Eloy Álvarez. Tamén: Mara, Puente, Ángel, Brais, Dani.
  • Goles: 1-0, m.18: Pejo tras un saque de banda; 2-0, m.22: Pejo tras outro saque de banda; 3-0, m.44: Martín tras unha combinación con Darío e Alan; 4-0, m.56: David.
Ponteceso SD e Porteno CF na Grixa-Foto-Parker
Ponteceso SD e Porteño CF na Grixa-Foto-Parker

Chegaba con moitas baixas Julio Vila á Grixa e ao Porteño se lle puxo moi de cara o partido con dous tantos aproveitando dous saques de banda longos botados por Alan que rematou Pejo. Osd e Pirucho, cun fútbol directo e agresivo apenas lle deron opcións os visitantes, e co 3-0 ao fío do descanso sentenciaban definitivamente o partido.
A segunda parte foi un trámite que habia que cumplir.

Porteno - Ponteceso na Grixa-Foto-Campana
Porteño - Ponteceso na Grixa-Foto-Campaña

Coristanco - Corme (3-3)

  • Coristanco: Rubén, Damián, Nico, Sergio, Chechu, Belar, Dani Vázquez, Jonathan Fraga, Kevin, Dani Casti e Rodrigo. Tamén Diego Ferreiro, Rodrigo Prego, Álex Iglesias e Dani Loureiro.
  • Corme: Quique, Brais Pailos, Davidson, Álvaro, Aitor, Senén, Fran Pombo, Lucas Figueroa, Lucas, Yago e Isra. Tamén: Borja Torrado, Teo, Xoel e Mauro.
  • Goles: 1-0, m.1: Casti; 1-1, m.5: Yago Fuentes; 1-2, m.56: Yago Fuentes; 2-2, m.60: Casti; 3-2, m.92: Alex Iglesias; 3-3, m.95: Lucas Figueroa.

Partido de tolos, con emoción ata o pitido final. O Coristanco saía con moita intensidade e viase xa que se adianta antes do primeiro minuto cun gol de Dani Castiñeiras. O Corme, con balóns diagonais a bandas, crearía tamén moito perigro e tamén a balón parado, e empataría moi pronto. O Coristanco, moi ordenado e coas ideas moi claras, conseguía fluir máis con balón ca nos partidos anteriores o que lle faría crear varias ocasións de gol.

Poríase o Corme por diante con 2-1 ao comezo da segunda pero igualaría moi rápido Dani Castiñeiras de novo. Quedaría o Coristanco con 10 no terreo de xogo por expulsión de Dani Lou, nunha media hora final de ida e volta, que podería caer o partido de calquera lado. Non foi ata o desconto cando Alex Iglesias facía o 3-2 dende fóra da área. Pero a piques do final, un córner faría que o Corme puxera o 3-3 no marcador final.

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL

Máis info

Comentarios