sábado. 18.01.2025
El tiempo

2ª FUTGAL: O Camariñas tamén pode co Baio

Camarinas-Baio-Foto-Camapana
Imaxe do Camariñas-Baio-Foto-Campaña
2ª FUTGAL: O Camariñas tamén pode co Baio

13º terceira xornada da Liga da Costa e o Camariñas segue invicto e espectacular. Este domingo superaba a un dos aspirantes, un Baio que viña tras 9 xornadas sen perder, pero que acabou probando a mediciña do cadro camariñán.

Por detrás, o Xallas afiánzase como candidato principal a facer fronte ao líder, tras vencer a un Mazaricos que, outra vez, volveu merecer algo máis.

Tampouco perde comba este impresionante Monte Louro, igualado co Xallas na 2ª praza.

Xallas - Mazaricos (1-0)

  • Xallas: Iván Couto, García, Ramón, Asier, Peke, Makareno, Yago Facal, Fidi, Doro, Erre e Sergio Barbeira. Tamén: Joel, Rubén Sande, Dani Barbeira, Rubén Blanco, Adrián Couto.
  • Mazaricos: Íker, Luis Mayán, Fabio, Brja, Chumiko, Bryan, David, Brais, Sergio, Sandelo e Molinos. Tamén: Kevin, Adrián, Iago, Pereiro, Alex Calvo.
  • Gol: 1-0, m.92: Peke marca un golazo de falta.

Derbi de alta voltaxe en Fontenla, cun Mazaricos máis entonado, con máis posesión de balón e tendo algunha chegada por banda da man dun activo Fabio, como un centro ao que non chegaba Bryan. O Xallas buscaban a Sergio Barbeira para esperar segundas xogadas, pero o Mazaricos estaba moi firme en defensa, se ben o Xallas pedía un penalti sobre Erre.

O cadro de Marcos, que está facendo un gran xogo, pero que non está tendo sorte cos resultados, afianzaba o seu dominio na segunda, se ben a presión xalleira algo máis alta provocaban que tivesen que lanzar alog máis en longo. As mellores ocasións foron un tiro de Raúl que parou Iván Couto, unha de Bryan e unha de Rodri ao que se lle escapa o control de peito.

Xa co cadro de Doriño, máis metido atrás ante o empurre do cadro amarelo, a 15 do final o Xallas quedaba con 10 por unha vermella de Ramón. O Xallas aguantaba, e sobre o 90, unha falta ao borde da área, Peke marca un golazo de falta.

Marcos puxo o seu posto á disposición da directiva.

Outes - Porteño (3-0)

  • Outes: Ryan, Stefan, Babu, Martín, Jura, Iván, Alberto, Xabi, Rober, Sanchiño, Keko. Tamén: Adrián, Veleiro, Cristian, Aarón e Nico.
  • Porteño: Mariolo, Pejo, Rodri, Brais Mouzo, Iván, Alfredo, Joseba, Darío, Mayor, Alan e Yuyo. Tamén: Manoliño, Nico, Miguel, David Pasantes e Carrabete.
  • Goles: 1-0, m.47: Babu de penalti; 2-0, m.50: Róber; 3-0, m.74: Nico.

Xusta vitoria do Outes no Cunchido. Na primeira metade, tras 20 minutos sen dominador claro, foron superiores os de Gonzalo, mellor plantados, dominando o medio campo, pero sen demasiadas ocasións, máis que un par de Róner

Na segunda, un penalti nada máis saír abría o camiño para os locais. Os de Pirucho intentaron irse arriba, e tiveron algunha ocasión con tiros de Alan e Mayor, e unha internada de Alfredo. Pero á contra mataron os locais por medio de Róber e Nico. Pouco despois, xa coa expulsión de Mayor, a cousa foi imposible para os da Ponte, que si probaron a Ryan nunha xogada no treito final.

Camariñas - Baio (2-0)

  • Camariñas Pablo, Víctor, Carlos, Borja (Manuel), Olive (Pablo Carril), Moriño, Hugo (Brais), Javi (Iago), Roi, Mario e Djibril.
  • Baio: Rodri, Norberto, Bruno, Pazos, Carreira, Sergio, Aitor Vilas, Víctor, Chechi, MC e Josiño. Tamén: Yago Pazos, Alex Muíño, Álvaro, Lucas e Mamadou.
  • Goles: 1-0, m.40: Djibril de penalti; 2-0, m.80: Javi Antelo a pase de Mario.

Partidazo o xogado en Camariñas, entre dous dos mellores equipos da categoría. Chegaba o Baio ao Vicente Carril na 2ª praza, a 8 do invicto Camariñas. O cadro de Félix saía dominador, intentando chegar combinando, ante un Camariñas que buscaba roubar e saír rápido con Mario e Djibril. Mario tiña a primeira ocasión tras un centro de Javi que salva Rodri, e no lance, choca con Norberto, que leva un golpe no poste tendo que ir ao Hospital cunha boa brecha na cabeza.

Non decaía a pesar do cambio o Baio, que seguía dominando pero sen claridade. A partir da media hora, o Camariñas comezou a ter máis presenza, con Mario á cabeza facendo dano por banda. Nunha das súas internadas é derribado e provoca un penalti a 5 do descanso que non falla Djibril, que xa leva 17 goles (polos 9 de MC, o segundo máximo goleador da categoría).

A segunda metade foi máis de cor local. Tivo Mario o segundo tras un xogadón, pero o seu lanzamento tras regatear a dous defensas é rexeitado nunha gran parada por Rodri. MC intentaba consegir á igualada, pero atopouse cun gran partido de Víctor en defensa.

Xa no treito final, nunha arrancada de Mario dende o seu campo, prántase ante Rodrigo e cede para que Javi Antelo bata a porta baleira. Aínda tivo o Baio arrestos para intentar recurtar, como un remate de cabeza ao que responde ben Pablo.

O cadro de Cabrejo perde para as vindeiras semanas a Soule que marchou a semana pasada a Senegal a ver á familia, e a Djibril, que fará o propio estirando a estancia na súa casa.

Camarinas FC lider da Liga da Costa
O Camariñas FC segue líder destacado da Liga da Costa

Corme - Soneira (2-1)

  • Corme: Quique, Yago, Aitor, Senén, Xoel, Eloy, Lucas Figueroa, Lucas, Borja Torrado, Isra e Teo. Tamén: Noel, Brais Pailos, Samu Costa, Mauro e Joshua.
  • Sonera: Pity, Maikol, Iván, Gusa, Pichi, Bieito, Josiño, Cachi, David LP, Richi e Vía. Tamén: Oreiro, Sergio, Carlos, Adrian e David.
  • Goles: 1-0, m.4: Isra; 11, m.15: Richi; 2-1, m.87: Lucas.

Bo partido o vivido no Cairo entre dous moi bos equipos. Igualado choque, que se decidiu polo acerto do Corme car gol. Comezaban pegando os de Adrián Lema cun tanto de Isra que aproveitaba un erro da defensa soneirá. Non tardaban os irmáns Vía Rápida en deixar a súa pegada e nun córner botado por Vía, Richi cabeceaba para facer o empate.

Na segunda o partido estivo máis tolo, con intercambio de golpes, e ocasións nas dúas áreas. Os de Josiño Abelenda mandarían dous balóns á madeira, e xa no treito final, aparecería a calidade de Lucas para marcar un golazo á saída dun córner.

Cabana - Monte Louro (2-3)

  • Cabana: Manu, Noé, David, Ferreiro, Aarón (Cristian), Nando (Leis), Miki (Pablo), Moreno, Miguel, Simón (Manu), Castro.
  • Monte Louro: Pedro, Pablo, Miguel, Samuel, Rodri, Raúl, Martín, Xián, Álvaro Fary, Íker e Brais. Tamén: David, Fabio, Xacobo, Rapante, e Riki.
  • Goles: 0-1, m.11: Íker anota un golazo tras superar a varios rivais; 0-2, m.22: Xián á saída dun córner; 1-2, m.62: Diego de penalti; 1-3, m.88: Riki de forte disparo; 2-3, m.93: Pablo Pose.

Cabana-Monte Louro

Saía o Monte Louro como motos na primeira metade, con Brais e Martín do Camarón ao mando, facendo moito dano. Pronto marcaba Íker tras facer un xogadón e Xián ampliaba a renda nun córner. A primeira acababa máis igualada, tendo os de Óscar Mingui unha doble ocasión de Aarón e Castro pero o longueiro evitou o tanto.

Monte Louro celebrando un gol nas Redondas

Saíron mellor os cabaneses na segunda, buscando recurtar pronto, tendo moi bos minutos, con varias ocasións nos pés de Migueliño e Castro pero Pedro estivo moi acertado nesa fase de partido. Si que recortarían de penalti e aínda con 1-2, un defensa loureán tivo que sacar o balón baixo paus, pero xa no treito fial Riki de forte disparo sentenciaría a vitoria para os de Babi, facendo inútil o gol final de Pablo.

Cabana-Monte Louro-Pedro-Foto-Edu Olveira

Muros - Cee (4-2)

  • Muros: Aitor, Fran, Gesto, Alon, Juan, Xaco, Peski, Ra, Flavio, Quin, Dani Jurjo e Xaco. Tamén: Alex, Juanchi, Flavio, Maresca, Fastu, Jesús e Ángel.
  • Cee: Iván Bouzón, Regueiro, Minitis, Dani, Rober, Carlos, Anxo, Jose, Keko, Eze e Mauro. Tamén: Jorge, Carlos, Jonathan, Alex Bujeiro e Víctor Agulleiro.
  • Goles: 1-0, m.6: Dani Jurjo; 2-0, m.35: Dani Jurjo; 3-0, m.47: Dani Jurjo; 3-1, m.60: Eze de penalto; 3-2, m.86: Josiño, 4-2, m.94: Jesús.

Por oficio mantiveron os puntos os muradáns no Eleuteiro Balayo nun partido no que o Cee mereceu máis. O Cee comezaba mandando ante un Muros que presionaba arriba, pero Eze conseguía conectar cos seus puntos con balóns ás costas da defensa obrigando a Aitor a facer varias paradas de mérito. Pero na outra área, un erro na saída de balón provocaba o primeiro gol de Dani. Tivo Keko unha ocasión para empatar antes de que Dani fixese o segundo, pero Aitor volveu aparecer demostrando a súa calidade baixo os paus. Dani Jurjo, espléndido todo o partido, facía o segundo aproveitando que a defensa do Cee estaba moi adiantada.

Saía de novo o Cee potente, cunha ocasión de Anxo para recurtar, pero na seguinte xogada Dani Jurjo faría o terceiro. O cadro visitante non decaeu e seguíu buscando a remontada. Recurtaba Eze pero xusto despois vivía un altercado con Quin, acabando os dous nos vestarios con cartón vermello directo. Tamén Bujeiro era expulsado, pero aínda o Cee seguía xogando a tumba aberta e Josiño conseguía recurtar ante un Muros desaparecido. Quedaba pouco e aínda tivo o Cee o empate peroi foi Jesús a pase de Alex o que acadaría a sentenza xa no desconto.

Coristanco - Corcubión (2-0)

  • Coristanco: Rubén, Chechu, Hugo, Damián, Prego, Dani Vázquez, Diego Ferreiro, Jonathan Fraga, Álex Iglesias, Kevin Rodríguez, Dani Castiñeiras. Tamén Alberto, Samuel, Nico Abelenda, Dani Loureiro e Sergio Lorenzo.
  • Corcubión: Bruno, Isaac, Gorka, Jose, Castreje, Luís Lojo, Mario, Antón, Nando, Iago Lema, César Lojo. Tamén: Ricardo, Samu Rama, Alex Díz, Martín e Samu Trillo.
  • Goles: 1-0, m.23: Casti; 2-0, m.31: Jonathan Fraga.

Partido estrano para o Corcubión que comezaba coa lesión do porteiro titular Ricardo, no quecemento, e coa de Bruno pouco despois da primeira media hora, téndose que poñer Mario baixo paus durante unha hora de xogo. Xa antes o Coristanco, que estaba dominando máis, se adiantaría tras unha xogada na que Casti se lle adianta a Bruno, que pide falta. Pouco despois chegaba o segundo dos de Iván Vázquez, cun disparo desde fóra da área de Jonathan Fraga ao que nada podía facer un xa lesionado Bruno. O Corcubión tería algunha ocasión que desviaría un espectacular Rubén García.

Na segunda metade o partido volvíase tolo cun cadro de Ventanas e Isidro máis atrevido, que se atopaba unha e outra vez con Rubén García, que conseguía manter a porta a cero.

Lira - Ponteceso (0-1)

  • Lira: Carlos, Isaac, César, Cartamil, Golpes, Angeliño, Lois, Juan, Migueliño, Pablo Leis e Fran Periko. Tamén: Ramón, Aron, Christian, Carlos Ramiro.
  • Ponteceso: Dario, Ángel, Pedro, Luca, Mendieta, Alberto Recarey, Iván Rod., Luis, Camilo e Eloy Álvarez. Tamén: Bris, Cotelo, Juan Rey, Neira e Mara.
  • Gol: 0-1, m.48: Luca.

Levou o peso do xogo o cadro de Julio Vila durante case todo o partido. ante un Lira posicionado en intermedio a replegado buscando as súas opcións á contra. O Ponteceso dispuxo de varias ocasións destacando un remate de Alberto Recarey ao longueiro e que botou na liña de gol e dun cruzamento que Nando non foi quen de rematar no segundo pao. Co 0-0 chegouse o descanso pero coa sensación de que o gol visitante estaba por chegar.

Na segunda parte nada máis empezar Luca puxo o 0-1 co que se adiantaban os visitantes e que seria definitivo. O gol deixou tocado os locais e os da Ponte poideron aumentala ventaxa con outras boas chegadas os pés de Luca e Eloy Álvarez, pero o meta Carlos apareceu un ha e outra vez. Así o partido entrou no último cuarto de hora ca incerteza do resultado, e mesmo os de Óscar Leis puideron empatar cunha acción de Pablo Leis.

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL

Máis info

Comentarios