2ª FUTGAL: O Camariñas non recúa ante o avance de Xallas e Baio
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.
Está moi aberta e fermosa esta Liga da Costa, que segue tendo un claro protagonista: O Camariñas de Juan Cabrejo. Os palilleiros suman 7 vitorias e 1 empate en 8 xornadas e xa sacan 5 puntos ao 2º clasificado. Ollo, un Xallas que suma 5 vitorias seguidas, as mesmas que un Baio que xa se coloca na 5ª praza empatado con Monte Louro (que parece ir de máis a menos) e Soneira, que malia sufrir moitas baixas conseguía superar a un Mazaricos que non se acaba de atopar.
Todo no marco dunha xornada solidaria cos afectados pola Dana.
Cee - Porteño (1-3)
- Cee: Iván Bouzon, Regueiro, Diouck, Munitis, Roberto, Carlos, Anxo, Josiño, Fidalgo, Eze e Trini. Tamén: Jorge, Rui, Jonathan, Noé e Fontaíña.
- Porteño: Mariolo, Rodriogo, Braos Mouzo, Alfredo, Nico, Ventoso, Pablo, Iván, Darío, David, Yuyo, Alan. Tamén: Domingo, Pejo, Martín, Ibra e Carrabete.
- Goles: 0-1, m.60: Yuyo tras pase atrás de Alfredo; 0-2, m.62: Alan; 1-2, m.68: Josiño remata un córner botado por Eze; 1-3, m.91: Pejo.
Estreábanse Pirucho e Katalán no banco do Porteño, e o cadro vermello comezaba moi forte, dispoñend de varias ocasións claras no ecuador da primeira parte. O partido igualaríase cando o Cee comezou a ter máis alma e dominar o balón, tendo algunha ocasión.
Pero a saída en tromba dos visitantes na segunda, marcando dous tantos case consecutivos, aproveitando un par de erros defensivos ceenses, rompía o partido. Aínda se metería de novo o cadro de Rafa de novo no partido. Pero só quedaba o cambio do porteiro polo que acabou Iván Bouzón ao Alexanco buscando a épica, pero non foron capaces de empatar, e xa no desconto, tamén a balón parado, Pejo sentenciaría para os seus.
Baio - Lira (3-0)
- Baio: Rodrigo, Bruno, Pablo Rod., Norberto, Pazos, Víctor, Alex Muíño, Chechi, Rubén, Carreira e Sergio. Tamén: Javi Souto, Josiño, Manu Vila, Lucas e Mamadou.
- Lira: Raúl, Isaac, César, Cartamil, Lois, Cibrán, Marcos, Christian, Ramiro, Ramón e Pablo Leis. Tamén: Amoedo, Fran Periko, Carlos, Xoel e Alexis Lago.
- Goles: 1-0, m.8: Rubén; 2-0, m.44: Chechi; 3-0, m.80: Josiño.
Con ata 7 baixas de titulares da semana chegaba o Lira ao Platas Reinoso, onde se atoparon un Baio que levou o control do partido en todo momento. Os de Amoedo, armados atrás, buscaban defender xuntos e buscar algunha contra, pero nun mal despexe se adiantaban os locais. Puido Ramón empatar na seguinte xogada pero Rodrigo salvou o empate.
De aí ao descanso o Baio seguía tendo o control do balón, tendo algunha ocasión que salvou ben Raúl, pero xusto na última xogada do primeiro tempo, chegou o segundo.
Non cambiou o guión na segunda, cun Lira que non arriscou demasiado, e o partido foi esmorecendo, cómodo para os baieses.
Corme - Xallas (1-2)
- Corme: Quique, Brais Pailos, Iván, Fran Pombo, Lucas Figueroa, Teo, Yago, Borja Seoane, Samu Costa, Lucas e Isra. Tamén: Álvaro, Davidson, Senén, Fiz e Álvaro.
- Xallas: Iván Couto, Adrián López, Erre, Asier, Ramón, Fidi, Iván García, Doro, Macareno, Rubén Blanco, e Sergio Barbeira. Tamén: Joel, Steven, Luís, Adrián Couto e Marcos Carro.
- Goles: 0-1, m.53: Ramón nunha xogada a balón parado; 0-2, m.64: Fidi noutra xogada a balón parado botada por Doro; 1-2, m.78: Lucas de penalti.
Xornada solidaria no Cairo, cunha colleita de 1.200 euros nas rifas para os afectados da Dana.
No deprotivo, moitas disputas e xogo directo nos primeiros compases nun choque moi intenso. Non había dominador claro, e se por un lado Isra entrada ben pola esquerda, os xalleiros pediron unha pena máxima.
Nótase o impulso físico do cadro xalleiro nas últimas semanas, pois acaban as segundas metades moito máis enteiros e gañando duelos. Así, a base de intensidade, colocábanse 0-2 en dúas xogadas a balón parado. Pero un penalti permitía a Lucas recurtar e meterse no partido de novo.
A partir de aí, a base de xogo directo e balóns colgados, o Corme fixo sufrir a todo un Xallas, que contou cun Iván Couto moi firme por arriba. Puido sentenciar o Xallas tamén á contra pero Quique facía unha triple parada tremenda, permitindo que o seu equipo estivese vivo ata o pitido final.
O cadro xalleiro cumpliu o primeiro obxectivo da temporada e tócalle a Doriño soltar a cateira par invitar a un chiquito.
Corcubión - Outes (2-1)
- Corcubión: Bruno, Juan Fuentes, Isaac, Gorka, Jose, Nando Lago, Antón, Martín, César Lojo e Iago Lema. Tamén: Samuel Rama, Leo, Luís Lojo, Samu Trillo e Mario.
- Outes: Ryan, Jura, Adri, Babu, Xavbi, Martín, Álvaro, Keko, Veleiro, Aarón e Nico. Tamén: Stefan, Paulo, Yago Dosil, Cristian, e Iván.
- Goles: 1-0, m.28: César Lojo tras un pase de Iago Lema; 1-1, m.75: Keko nunha xogada a balón parado; 2-1, m.81: en propia.
Gran primeira metade do Corcubión de Ángel e Isidro, buscando un fútbol máis combinativo, desbordando e chegando á área rival. Adiantábanse os locais cun tanto da dupla diabólica branquiazul.
Na segunda mellorou o Outes de Manuel Sieira e o partido igualaríase. Tivo varias para empatar, pero tamén tivo un penalti Juan Fuentes para ampliar a renda, pero fallaría. Empataba o Outes finalmente nunha xogada de estratexia. O choque estaba tolo, e puido caer de calquera lado.
O Corcubión volveu empurrar e nun balón colgado, remataba Fuentes e un defensa a colaba en propia intentando despexar. Houbo ocasións en ambas áreas pero a vitoria quedou no bando local.
Monte Louro - Ponteceso (2-2)
- Monte Louro: Pedro, Verán, Samu, David, Pablo, Riki, Abel Rey, Raúl, Xián, Fari e íker. Tamén: Chouza, Rapante, Luismi, Brais e Martín.
- Ponteceso: Brais, Ures, Luís, Javino, Luca, Pedro, David Castro, Mendieta, Iván Rod. Camilo, Neira. Tamén: Darío, Ángel, Alberto Recarey, Brais, Martín Puente.
- Goles: 1-0, m.50: Xián de penalti; 1-1, m.66: Luca; 2-1, m.79: Luísmi aproveita o rexeite de Brais tras un tiro de Íker tras un pase maxistral de Xián; 2-2, m.83: Martín Puente
Fermoso partido o vivido en Agra da Filgueira que demostra o aberta que está esta Liga da Costa. Comezaba igualado o partido, un cadro pontecesán que intentou levar a iniciativa. Así e todo as mellores ocasións foron dos locais como un par de tiros de Íker ao longueiro e outro lambendo ao poste, e unha internada de Xián. O Ponteceso pola contra poido tamén adiantarse con un bo remate de cabeza que sacaron debaixo dos paos. Asi chegouse o descanso.
Na segunda parte o Monte Louro adiantouse cun penalti inexistente por unhas mans de Javino que ao protestar foi expulsado. A pesar de quedar con 10, os visitantes viñéronse arriba facendo de tripas corazón e dominaron a un Monte Louro aturdido e apresurado con balón. O Ponteceso conseguiu o empate por medio de Luca e seguía percutindo na busca da vitoria. Mentras o Louro refíxose e volveu a poñerse por diante 2-1 nun partido xogado a cara de can nesta segunda parte onde os dous conxuntos non querían perder pero cun Ponteceso inconmensurable... Puente puxo o 2-2 despois dunha gran xogada individual e mesmo poideron ir os tres puntos para a Vila de Pondal con outro remate o pao xa nos minutos finais.
Reparto de puntos que lle sabe a pouco o Ponteceso e tamén o Louro que tendos nas mans non eran capaces de tremar deles ante un rival que se revelada a derrota.
Camariñas - Cabana (3-1)
- Camariñas: Pablo, Víctor, Caamaño (Carlos), Borja (Asier), Martín, (Iago), Moriño (Manuel), Hugo,(Brais), Javi, Mario e Djibril.
- Cabana: Manu, Leis (Noé), David (Hugo), Ferreiro, Aarón, Nando (Samuel), Moreno, Simón, Migueliño, Manu (Castro), Pablo.
- Goles: 1-0, m.20: Djibril; 1-1, m.44: Pablo; 2-1, m.51: Djibril; 3-1, m.88: Djibril.
Comezou o Camariñas como un furacán, aproveitando que o Cabana non estaba enchufado. Os duelos eran sempre dos locais e pronto, tras un roubo de Mario, Djibril abría o marcador. A partir de aí ata o descanso o Cabana de Óscar Mingui foi mellorando con ocasións de Manu e Migueliño pero foi Pablo antes do descanso o que conseguiría o gol do empate.
Nada máis saír, un erro cabanés permitía a Djibril facer o segundo, e co marcador a favor os líderes estiveron máis cómodos, con Mario e Djibril levando perigo en cada contra. Tivo que arriscar o cadro cabanés, tendo ocasións nos pés de Aarón, Castro e Migueliño. Pero non estiveron acertados, e no treito final, a unha contra supuxo o 3-1 definitivo de novo da man de Djibril, pichichi destacado da Liga da Costa con 12 goles.
Coristanco - Muros (0-2)
- Coristanco: Rubén, Chechu, Sergio, Damián, Javi Bermúdez, Diego Ferreiro, Dani Vázquez, Hugo Fraga, Dani Castiñeiras e Kevin. Tamén: Iago Lavandeira, Prego, Dani Lou, Jonathan Fraga e Álex Iglesias.
- Muros: Aitor; Martín, Ra, Alon, Juan, Peski, Dani, Xaco, Benji, Jesús, Xavi. Tamén: Alex, Xandre, Flavio, Ángel e Manuva.
- Goles: 0-1, m.65: Xaco; 0-2, m.71: Alon nun córner.
Partido moi igualado na Rocheira, co cadro local dominando ante un Muros tremenda serio. Intentábao o cadro de Iván Vázquez, pero sen ter a suficiente claridade para crear ocasións de perigro claras. O Muros saía á contra cos extremos moi profundos creando un par de ocasións claras.
Na segunda metade tivo o Coristanco unha gran ocasión clara para meter, aproveitando que o equipo de Vinto saía algo despistado. Pero pronto puxeron de novo o mono de traballo, defendendo moi ben e sacando perigosas contras. Nunha desas chegou o primeiro gol de Xaco, tras un fenomenal pase de Xavi. Pouco despois, nun córner os visitantes ampliarán a vantaxe co gol de Alonso tras bater nun rival.
O Coristanco arriscou e tivo dúas boas ocasións para meterse no partido pero unha bateu no pau despois dun remate de Dani Lou e a outro rozouno despois dunha falta tirada por Jonathan Fraga.
Soneira - Mazaricos (2-0)
- Soneira: Pity, Iván Blanco, Héctor, Gusa, Brais Pereira, Sergio, Carlos, Oreiro, Bieito, David LP, Riki. Tamén: Dono, Cachi, Samuel Quintáns e Jose Antonio.
- Mazaricos: Íker, Luis Mayan, Borja, Chumiko, Bryan, David, Matías, Brais, Iago, Molinos e Sergio. Tamén: Fabbio, Álex Calvo e Sertgio Lois.
- Goles: 1-0, m.65: David LP; 2-0, m.94: Brais Pereira.
Partido máis frouxo do esperado entre dous dos equipos que parecía que ían estar arriba. Pero as baixas están apretando aos dous equipos (por exemplo, Sandelo, Marquiños e Kevin no bando mazaricán, ou os Vía, David Villaverde, Maikol, Canosa e Pichi nos locais). Ademais, o estado do céspede do Municipal de Vimianzo, que parece unha pista.
O Soneira tivo máis o balón nunha primeira metade sen oportunidades, na que os dous equipos pediron un penalti en cada área.
Melloraban na segunda os amarelos, tendo unha ocasión moi clara de Molinos nunha contra. Pero eran os de Josiño Abelenda os que, tras o saque dun córner e en segunda xogada, se adiantavan por medio de David LP. O Mazaricos intentaba apretar, tendo un bo tiro de Brian e un xogadón de Chiki por banda que cede atrás e Rodri manda arriba. Sufrían os de Marcos a expulsión do meta Íker por unha mans fóra da área, e xa casi contra o final Brais culminaría unha contra para poñer o definitivo 2-0.
Máis novas
Todas as crónicas da 2ª FUTGAL
- X.7: Todos os equipos xa coñecen o sabor da vitoria.
- X.6: Camariñas e Soneira manteñen o pulso.
- X.5: Os favoritos van collendo sitio.
- X.4: O Camariñas presenta candidatura.
- X.3: O babySoneira ponse de líder nunha Liga da Costa igualadísima.
- X.2: Finde de derbis.
- X.1: A Liga da Costa arrincou coa máxima emoción.