venres. 07.02.2025
El tiempo

2ª FUTGAL: O Monte Louro tamén frea ao Camariñas e o Xallas apreta por detrás

Cabana e Ponteno nas Redondas-Foto-Parker
Cabana e Ponteño nas Redondas-Foto-Parker
2ª FUTGAL: O Monte Louro tamén frea ao Camariñas e o Xallas apreta por detrás

Moito máis apretada que hai 2 xornadas queda táboa da Liga da Costa tralo remate da primeira volta. Este brillante Monte Louro, asentado na 3ª praza, conseguía quitarlle un empate ao Camariñas (con baixas) no Hermanas Patiño, nun choque intenso e igualado. Brais Noceda adiantaba aos de Bibi ao final da primeira e Nazo empataba a comezo da segunda para os de Cabrejo, quedando unha segunda metade na que o Camariñas dominaba territorialmente pero na que as ocasións chegaron nas dúas áreas, sendo a máis clara un tiro ao longueiro de Brais.

Os camariñáns rematan líderes a primeira volta pero só con 3 puntos de vantaxe sobre o Xallas (e 5 sobre os loureáns). Un Xallas que vén envalentonado sumando a súa 5ª vitoria seguida ante un Lira apretón, que lle puxo as cousas difíciles ata que o “Tiburón” Rubén Blanco sentenciaba xa no desconto. Ra abrira o marcador aos 2 minutos de partido, deixando a incerteza do marcador durante todo o partido, a pesar do maioritario dominio xalleiro. Aínda así, tivo varias o Lira para empatar pero Iván Couto foi protagonista.

Moi preto xa do liderato está o Soneira, que paseniño paseniño se vai metendo arriba. Os de Josiño Abelenda vencían ao Coristanco por 0-3 cos tantos de David LP e Richi, que segue demostrando estar un paso por riba da categoría.

Anda nese segundo vagón tamén o Baio, que onte non puido co Corcubión. César Lojo daría conta da súa velocidade na primeira con dous goles á carreira. O Baio intentouno na segunda, e o gol de picardía de MC aproveitando un erro de Bruno no saque, deulle esperanzas ata o final, pero os de Ángel e Isidro conseguiron aguantar, sumando puntos importantes para saír da zona perigosa.

Porque do 9º ao 16º, a cousa está igualada. Á excepción do Cee, que necesita unha milagre para saír do pozo (remata con 5 puntos o cadro de Rafa), hai 7 equipos en 6 puntos, dando conta de todo o que pode pasar na loita por evitar os dous postos de descenso directo e os posibles arrastres.

Tamén venceron o Porteño nas Redondas, cos tantos de Yuyo, Iván e Ibra; e o Mazaricos, que parece espertar, cunha importante vitoria en Outes, nun choque de tolos. Os de Marcos se colocaban 0-2 cos goles de Marquiños e Kevin, pero no 81 e no 89, Nico e Veleiro conseguían empatar. No desconto, volveu percutir o cadro amarelo e foi o xuvenil Adrián o que marcou, no primeiro balón que toocou, un importante golazo da vitoria para os amarelos.

Ademais, Muros e Ponteceso selaron as táboas nun partido soso (goles de Recarey primeiro e Pelos de penalti pouco despois); e o Corme vencía ao pechacancelas por 2-0, cos tantos de Xoel, e Teo xa no desconto.

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL

Máis info

Comentarios