sábado. 15.03.2025
El tiempo

2ª FUTGAL: Xallas e Camariñas manteñen a pelexa

Mariolo sae de punos no Porteno-Corcubion-Foto-Campana
Mariolo sae de punos no Porteño-Corcubión-Foto-Campana
2ª FUTGAL: Xallas e Camariñas manteñen a pelexa

Difíciles vitorias fóra da casa as que sacaron nesta xornada 19 Camariñas e Xallas para manter a loita no alto da táboa. O Camariñas sufría nun dos campos máis difíciles da categoría como é o Pedra de Ouro, ante un Mazaricos ao que este ano non lle sae nada. Mentres, o Xallas sumaba a súa 8ª vitoria seguida nun sufrido partido ante un bo Muros.

Por detrás, o Soneira superaba ao Monte Louro no Agra da Filgueira, adiantándoo tamén na clasificación, e aputando a un Baio que non fallou ante o pechacancelas, na loita pola 3ª praza de promoción. Con todo, os 3 están nun pano de 2 puntos, tendo por detrás xa moi moi preto a Porteño, Corme e Ponteceso.

Mazaricos - Camariñas (2-3)

  • Mazaricos: Ángel, Luís Mayán, Fabio, Borja, Chumiko, Pereiro, Matías, Bryan, Sergio, Marcos e Molinos. Tamén: Íker, Kevin, Adruán e Alex Calvo.
  • Camariñas: Jorge, Borja (Pablo), Carlos, Oliver, Pablo Suárez, Moriño, Roi, Javi, Martín (Hugo), Mario (Manuel) e Víctor.
  • Goles: 0-1, m.4: Javi de falta; 1-1, m.15: Bryan aproveita un rexeite de Jorge; 1-2, m.45: Nazo a centro de Víctor; 2-2, m.64: Molinos; 2-3, m.85: Hugo a pase de Mario nunha contra.
Partido con neboa en Mazaricos-Campo de futbol Pedra do Ouro
Partido con néboa no Pedra do Ouro

Partidazo, a pesar da néboa do Pino do Val. Comezaba, coma sempre, o cadro de Marcos dominando e tentando chegar co balón á área contraria, pero o Camariñas atopábase cun gol de Javi de falta moi tempraneiro, coa axuda do meta mazaricán. Non cedeu o cadro local, e pronto empata Bryan, tendo momentos de dominio, ante un equipo de Cabrejo que se ía estirando ata conseguir meterse por diante xusto ao fío do descanso.

Comeza a segunda metade, e o cadro amarelo apreta e apreta, pero vaise rompendo, tendo o Camariñas varias chegadas á contra. Corría o minuto 20 da segunda cando nunha xogada marca Molinos, e as protestas do meta Jorge por un posible fóra de xogo cóstanlle a expulsión.

Quedaba media hora e o Camariñas amárrase ben, co Mazaricos demasiado aberto, deixando espazos nas transicións. Foi aí cando Mario fai unha arrancada se pranta diante de Ángel e cede para que Hugo faga o gol da vitoria.

Cee - Baio (1-6)

  • Cee: Iván Bouzón, Jonathan, Diouck, Iago, Roberto, Carlos, Víctor Agulleiro, Fidalgo, Mauro Canosa, Dani Fontaíña, Eze. Tamén: Jorge, Oscar, Álex Muíño, Minutis, e Juan Oreiro.
  • Baio: Rodri, Bruno, Pazos, Sergio Rod. Lucas, Mamadou, Carreira, Alex Muíño, Chechi, MC e Josiño. Tamén: Yago Pazos, Cereijo, Rubén.
  • Goles: 0-1, m, m.3: Josiño; 0-2, m.15: MC; 0-3, m.47: Josiño; 0-4, m.54: Josiño; 0-5, m.62: MC; 1-5, m.86: Eze; 1-6, m.89: Chechi.

Con 5 sénior no 11 titular chegaba de novo o Cee a outro partido ante un Baio moi serio, ao que ademais xa se lle puña de cara aos 3 minutos co tanto de Josiño e aos 15 co de MC (os dous protagonistas da xornada), tras roubar na precaraia saída de balón local.

Arrincaba a segunda parte cun vendaval ofensivo do Baio que marcaría 4 goles máis, ante un Cee que apenas puido responder cun fermoso tanto de Eze.

Outes - Cabana (5-4)

  • Outes: Ryan, Stefan, Chía, Kevin, Veleiro, Chúa, Keko, Xavi, Iván, Jura, e Sanchiño. Tamén: Dani, Cristian, Yago Dosil, Alberto e Aarón.
  • Cabana: Manu, Noé, David (Leis), Ferreiro, Aarón, Nando, Miki (Hugo), Moreno (Cristian), Simón, Castro (Pablo), Manu.
  • Goles: 1-0, m.1: Keko; 1-1, m.5: Manu Romero; 2-1, m.10: Kevin; 2-2, m.30: Manu Romero; 2-3, m.37: Simón; 3-3, m.48: Sanchiño; 4-3, m.50: Kevin; 4-4, m.66: Castro; 5-4, m.94: Xabi Romarís.

Fermoso e tolo partido, con goles, alternancias no marcador e emoción ata o pitido final. Comezaron durmidos os cabaneses e aos 20 minutos xa recibían o primeiro. Manu Romero empataba de contado, pero Kevin facía o segundo. As defensas quedaran na casa.

Puido ampliar o equipo de Gonzalo aí, pero pouco a pouco o Cabana foise metendo no partido e conseguiron ir ao descanso ganando 3-2 con goles de Manuel e Simón.

Repítese o guión na segunda e os locais marcan en 5 minutos dous tantos, envocardo de novo o marcador. Rompíase o partido abriuse, aínda con media hora por diante, con ocasións nas dúas áreas. Conseguía empatar Castro e aí Simón e Pablo tiveron ocasións para meterse por diante, pero co partido roto e puidendo caer para calquera lado, no 94, nun rexeite nuin córner Xabi facía o quinto e definitivo, conseguindo 3 puntos que saben ben na Serra para deixar de mirar cara abaixo.

Ponteceso - Coristanco (2-1)

11 do Ponteceso en febreiro 2025
11 do Ponteceso 
  • Ponteceso: Brais, Juan Rey, Pedro, Luca, Hugo, Iván Rod., David Castro, Alberto Recarey, Mara, Neira e Eloy Álvarez. Tamén: Santiso, Ures, Brais Simal, Camilo e Mario.
  • Coristanco: Rubén, Chechu, Jonathan, Prego, Sergio, Dani Vázquez, Javi, Kevin, Álex, Dani Lou e Dani Casti. Tamén Castro, Hugo Fraga, Prego, Berlarmino e Damián.
  • Goles: 0-1, m.64: Alex; 1-1, m.68: Eloy Álvarez; 2-1, m.72: Mara de penalti.

O Pinguel foi escenario de un partido bastante frouxo por parte de dos dous conxuntos. Comezaba apretando o equipo de Iván Vázquez, con balóns largos ás costas dos centrais e tamén mediante cambios de orientación xa que un Ponteceso ben plantado non deixaba crear xogo en mediocampo. Demasiado respecto no campo sen apenas ocasións, con moito balón no medio e pouca profundidade.

Na volta de vestiarios o Ponteceso intentaba presionar un pouquiño máis. A expulsión do porteiro visitante Rubén nun corte sendo o último home condicionaría o partido, tendo que poñerse o xogador de campo Jonathan Fraga baixo paus. Aínda con 10 sería o Coristanco por medio de Álex Iglesias o que pondría o 0-1. O partido estaba roto, nun ida e volta, que se xogaba no campo visitante, pero con boas chegadas tamén. Non tardou Eloy en empatar despois dunha boa internada do xuvenil Simal. E 5 minutos despois Mara ponheria o 2-1 dende o punto de penalti.

Quedaban 20 minutos no que partido non se calmou, con idas e voltas, protestas, faltas, erros… e ata unha boa ocasión do Coristanco nunha falta na que Chechu remata de cabeza e o meta local Brais sacaríaa a córner despois dunha boa estirada.

Porteño - Corcubión (3-2)

11 do Porteno na Grixa-Foto-Parker
11 do Porteño na Grixa-Foto-Parker
  • Porteño: Mariolo, Pejo, Rodri, Brais Mouzo, Pablo, Alfredo, Darío, Nico, Mayor, David e Yuyo. Tamén: Joel, Alan, Nico Pérez, Martín e Iván.
11 do UD Corcubion na Grixa-Foto-Parker
11 do UD Corcubión na Grixa-Foto-Parker
  • Corcubión: Bruno, Fuentes, Isaac, Jose, Castreje, Marcos, Mario, Martín, Alex Díaz, Luís Lojo e César Lojo. Taméwn: Jon, Íker, Samuel e Barco.
  • Goles: 1-0, m.22: Pablo nun córner; 1-1, m.26: César Lojo; 2-1, m.55: Mayor de falta non sen polémica; 3-1 m.65: Darío nuun córner; 3-2, m.95: César Lojo de penalti.
Porteno e Corcubion unidos polo cancro
Porteño e Corcubión unidos polo cancro

Pelexou o Corcubión no sempre complicado cando dun Porteño que se vai metendo na zona noble tras un inicio dubitativo. Comezaba o choque igualado, cun par de chegadas dos de Pirucho, que mandaban pronto unha falta á madeira, e que se adiantaban aos 20 minutos cun gol de Pablo nun córner. Non tardou en responder o equipo de Ángel Ventanas, cun roubo a un saque de porta errático e definindo por baixo.

Na segunda, o cadro local saía forte e Cristian marca pronto nunha falta que lanzaba Cristian, e o balón cólase pola rede lateral saíndo fóra do arco, coa polémica correspondente. Eran bos minutos dos locais que pronto fan o segundo noutra xogada a balón parado.
Intentouno o Corcubión, co algunha chegada, tamén a tivo Yuyo e Alan pero salvou Bruno,. E xa no desconto, César recurtaba dende os 11 metros sen tempo a chegar ao empate.

Monte Louro - Soneira (0-1)

  • Monte Louro: Pedro, Pablo, Miguel Verán, Ropdri, Manolo Chouza, Raúl, Samuel, Brais, Fari, Xián e Íker. Tamén: Xaco, David Pais, David Lestón, Fabio e Rapante.
  • Soneira: Pity, Maikol, Iván Blanco, Gusa, Oreiro, Cachi, Pichi, Brais, Adrián Canosa, Vía e Richi. Tamén: David LP, Sergio, Bieito, Carlos.
  • Gol: 0-1, m.45: Richi nun córner.

Pescou o Soneira a un Monte Louro que non está no mellor momento despois dun comezo de temporada espectacular. Os de Bibi non están cómodos co balón e se viron superados por un Soneira que vén de menos a máis, recuperando ademais aos seus lesionados pouco a pouco.

De feito foi Pedro o mellor do partido, con varios paradóns que salvou ao cadro local dun resultado máis amplo, ante un equipo de Josiño moi serio e afiado. Tiveron para os locais un tiro Fari que parou mou ben Pity, e unha ocasión de Iker a un erro de Pity. Pero os visitantes tiveron moitas ocasións na segunda, pero os soneiráns, sobre todo Pichi, non estiveron acertados cara gol.

Lira - Corme (0-2)

  • Lira: Carlos, Isaac, Cortizo, Ángel, Golpes, Marcos, Lois, Migueliño, Juan, Raúl e Pablo Leis. Tamén: César, Cibrán, Christian, Oli e Xoel.
  • Corme: Quique, Aitor, Eloy Villar, Senén, Mauro, Xoel, Borja Torrado, Lucas Figueroa, Yago, Teo e Samu Costa. Tamén: Noel, Pailos, Lucas e Joshua.
  • Goles: 0-1, m.4: Lucas Figueroa aproveita un balón morto nun córner; 0-2, m.11: Samu Costa centra e remata a gol sen querer un defensa en propia.

Comezaba o partido e antes de decatarse os lirachos xa recibiran dous tantos moi rápidos, un de córner e outro en propia. A partir de aí o Corme levaba algo a iniciativa, pero sen demasiados riscos, tendo iso un par de chegadas por medio de Yago e Figueroa, ante un Lira que competiu ben, tendo algunha ocasión. Aínda mellorou na segunda o cadro de Óscar Leis, subindo liñas e metendo ao Corme no seu campo, pero tampouco fixo sufrir demasiado a Quique.

Xallas - Muros (2-1)

  • Xallas: Iván Couto, Iván García, Carro, Asier, Fidi, Steven, Dani Barbeira, Makareno, Rubén Sande, Rubén Blanco e Sergio Barbeira. Tamén: Iván, Joel, Yago Facal, Adrián e Adrián Couto.
  • Muros: Ginki, Fran, Alon, Gesto, Juan, Peski, Javi, Benji, Ra, Quin e Jesús. Tamén: Aitor, Alon, Ángel, Maresca, Alex, Martín.
  • Goles: 0-1, m.10: Alon nunha falta lateral; 1-1, m.70: Yago nun córner; 2-1, m.85: Makareno tras un rexeite noutra xogada a balón parado.

Sabía o Xallas que vencera o Camariñas o sábado, e saían algo tensos, sen ritmo, sen ideas. E pronto se colocaban os de Vinto (a pesar de baixas tan importantes como as de Xavi, Xaco, Dani ou Flavio) por diante cun gol a balón parado.

O equipo de Doriño dominaba pero o Muros esperaba replegados esperando as súas ocións, como unha de Jesús que non chegaba a golpear só diante do porteiro un balón peinado por Javi. Era tempo de xogo directo no que o Xallas non conseguía combinar cómodos.

Cambiou Doriño varias pezas sobre o céspede, colocando aos extremos na súa perna natural, e comezaron a chegar con perigo por banda. A entrada de Yago Facal, un dos xogadores máis importantes do equipo por arriba, foi chave, pois conseguía empatar nun córner, no que os visitantes pedían falta previa en ataque.

As forzas dos muradáns ían baixando, e os nervios subindo, e os locais ían chegando pero atopándose sempre a Ginki. Tamén tivo aí o Muros un par, unha por medio de Pelos nun balón colgado e outra nun balón longo a Alex. Pero Nnun erro da defensa visitantes permitíalle a Makareno facer o segundo para deixar os puntos na Fontenla, e permitirlle ao Xallas sumar a súa 8ª vitoria consecutiva e 10 sen perder.

Máis info

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL

Comentarios