sábado. 15.02.2025
El tiempo

2ª FUTGAL: O Xallas alcanza no alto ao Camariñas

Soneira-Xallas-Foto-Campana
Imaxe do choque da xornada, o Soneira-Xallas-Foto-Campaña
2ª FUTGAL: O Xallas alcanza no alto ao Camariñas

Xornada 18 da Liga da Costa e acousa volve empezar. Hai apenas 5 xornada o Camariñas sacaba 8 puntos ao Xallas e ao Monte Louro, pero unha soa vitoria nos últimos 4 partidos dos camariñáns, e as 7 vitorias consecutivas do cadro xalleiro, provocan que ambos equipos fiquen igualados no máis alto da táboa.

O Camariñas caía cun gran Ponteceso na casa, mentres que o Xallas volvía gañar, de novo pola mínima e sufrindo, ante un rival directo como é o Soneira.

Había ademais outro choque importante da parte alta, que remata cunha vitoria do Baio ante oMonte Louro que apreta moito ese segundo vagón, estando loureáns, baieses e soneiráns en apenas 2 puntos.

Por detrás chegao o Porteño, que empatou na Rocheira, e o Corme, que superou a un Mazaricos que non dá atopado a regularidade esperada. Tamén o Ponteceso trala súa brillante vitoria no Vicente Carril.

No derbi da comarcal fisterrá, o Corcubión fixo boa a diferencia da táboa e afunde ao Cee no último posto, xa a 13 puntos da salvación. A derrota do Lira nas Redondas complica tamén a permanencia dos lirachos, a 7 puntos de Coristanco e Mazaricos.

Baio - Monte Louro (2-0)

11 do Baio no Platas Reinoso

  • Baio: Rodri, Norberto, Pazos, Víctor, Lucas, Carreira, Manuel Vila, Alex Muíño, Chechi, Rubén e MC. Tamén: Bruno, John, Josiño, Mamadou e Sergio Rodri.

11 do Monte Louro en Baio

  • Monte Louro: Pedro, Manolo Chouza, Pablo, Rodri, Miguel Verán, David Lestón, Fari, Riki, Luismi, Raúl e Brais. Tamén Xaco, Rapante, Juan Lois e Fabi.
  • Goles: 1-0,m .20: Víctor; 2-0, m.93: Carreira.
Capis do Louro e Baio co colexiado Adrian Rellan
Pablo e MC co colexiado Adrián Rellán

Con ata 10 baixas chegaba ao Platas Reinoso o cadro loureán que non puido contar nin co seu míster Bibi, enfermo. Así e todo deron boa imaxe ante un Baio serio, que dominou os tempos dun partido aburrido, que se ía ao vestiario sen apenas ocasións e co solitario gol de Víctor para os de Felix.

A xogada chave chegaba aos 15 minutos da segunda, cando os loureáns protestaban unha posible agresión a Miguel Verán (tamén houbo outra do equipo muradán), pero acababan sendo expulsados Riki e Luismi. Con 9, o partido remataba, aínda con tempo para que o colexiado expulsase a Juan Lois polo Louro e a Norberto polo Baio.

Corme - Mazaricos (1-0)

  • Corme: Quique, Aitor, Brais Pailos, Borja Torrado, Eloy Villar, Mauro, Iván, Xoel, Lucas Figueroa, Yago, Teo. Tamé: Laik, Noel, Lucas, Samu Costa e Senén.
  • Mazaricos: Íker, Luis Mayán, Borja, Chumico, Matías, Sergio, Pereiro, Brais, Marcos, Bryan e Molinos. Tamén: ángel, Fabio, Kevin e Adri.
  • Gol: 1-0, m.80: Yago.

O Corme comezaba presionando a favor de vento, e meteu atrás ao Mazaricos durante os primeiros 15 minutos. Pero o Mazaricos, a través do balón, comezou a carburar, e salvo unha acción que salvou Íker (que pouco despois tiña que saír lesionado tras un choque con Aitor, que tamén saía do campo), o partido estivo igualado.

A segunda metade, moi intensa, foi de dominio amarelo, que mandaba moitos tiros fóra, outros parados por Quique e ata dous tiros á cruceta de Molinos e Raúl, pero o gol dos amarelos non chegaba. Nunha chegada do Corme Yago facía un bonito gol tras unha transición, e aínda Bryan tivo o empate pero o seu remate saía por riba de portería.

Muros - Outes (1-0)

  • Muros: Aitor, Fran, Alon, Gesto, Juan, Xavi, Xaco, Javi, Benji, Jesús, Quin. Tamén: Ginki, Ra, Peski, Flavio, Dani.
  • Outes: Ryan, Stefan, Chía, Kevin, Martín, Alberto, Iván, Jura, Nico, Álvaro e Keko. Tamén: Paulo, Cristian, Veleiro, Yago Sosil e Adrián.
  • Gol: 1-0, m.51: Juan.

Igualadísimo partito no Eleuterio Balayo, entre dous equipos moi moi parellos. O equipo de Vinto foi algo superior na primeira metade, gozando de dúas ocasións tempraneiras (unha de Fran á que respondeu cun paradón co pé Ryan, e outra de Jesús tras unha moi boa combinación entre Juan e Quin). O control era local, pero tamén o Outes tivo un remate de cabeza que saía moi preto do pau.

Na segunda, o Muros aínda meteu unha marcha máis que o rival, e froito desa actitude de empuxe chegaría o seu mellor gol esta tempada, tras un balón por banda esquerda que Juan envía ao segundo pau (dende casi 30 metros) e o balón colábase tras tocar en ambos paus.

A partir de aí o equipo muradán baixou a liña de presión, tentando buscar contras con Dani e Xavi, e o equipo de Gonzalo comezou a mandar no partido, moito máis efectivos coa bola, e froito desa efectividade tiveron 2 ou 3 ocasións realmente claras de marcar. Pero aí aparecía Aitor, un dos heroes do partido, que impediu o empate con dúas intervencións espectaculares.
O cadro muradán acabaría colgado do longueiro, tras 3 expulsións nos últimos minutos (Quin, Dani e Flavio) pero soubo sufrir e manter tres puntos que lle fan subir dous postos.

Cabana - Lira (4-2)

  • Cabana: Alvarellos, Mario (David), Noé, Ferreiro, Aarón, Fernando, Moreno, Castro (Roi), Simón (Hugo), Migueliño, Manu (Pablo).
  • Lira: Raúl, Maceiras, Cartamil, Lois, Golpes, Ángel, Marcos, Ra, Migueliño, Juan, Oli. Tamén: Carlos, César, Cibrán, Christian e Cortizo.
  • Goles: 1-0, m.36: Simón; 2-0, m.45: Moreno marca un golazo de falta; 3-0, m.58: Castro; 3-1, m.67: Juan de penalti; 3-2, m.80: Cibrán; 4-2, m.88: Aarón.

Comezaba moi igualado o partido, cun Cabana que tiña máis o balón pero que estaba algo precipitado e sen claridade. O Lira aguantaba firme atrás, lanzando dúas contras, nas que Oli puido abrir o marcador. Tamén Raúl aparecía na área liracha para manter a igualada. Pero rompeuse algo o partido nos últimos 15 minutos da primeira, e Simón primeiro nunha boa xogada e un golazo de falta directa de Moreno abrían distancia a favor dos de Óscar Mingui.

Comezaba a segunda co cadro de Óscar Leis intentando dominar pero un erro na saída do balón permite a Moreno roubar e ceder para que Castro marque de tiro cruzado. Os cambios de Leis cambiaban o partido e o penalti sobre Golpes que transformaba Juan metía ao Lira de novo no choque. O equipo liracho comezaba a crer e o xuvenil Cibrán marcaba un golazo dende lonxe para facer o 3-2 e a sensación de que podían empatar. Sufría o Cabana, pero un golazo de volea de Aarón a 2 do final, mataba as esperanzas lirachas, que aínda o intentaban e vía como o colexiado anulaba un gol a Migueliño./p>

Camariñas - Ponteceso (0-1)

  • Camariñas: Pablo, Víctor, Carlos, Oliver, Pablo Suárez, Moriño (Gora), Hugo (Manuel), Javi, Martín (Borja), Roi e Mario.
  • Ponteceso: Brais, Ángel, Pedro, Souto, David, Javi Souto, Alberto Recarey, Martín Puente, Iván, Eloy Álvarez e Neira. Tamén: Juan Rey e Brais Simal.
  • Gol: 0-1, m.58: Eloy Álvarez.

Camariñas e Ponteceso víanse as caras no Vicente Carril cas dúas equipas cheas de baixas pero non de orgullo. O Camariñas saíu máis enchufado ante un Ponteceso máis preocupado de gardar a portería e esperar as súas opcións a contra. As primeiras aproximacións foron para os locais e mesmo anotaron un gol que foi anulado por fóra de xogo. O Ponteceso intentaba estirarse pero apenas chegaba a portería de Pablo. Por momentos houbo moita loita no medio do campo e pouca claridade para avanzar as áreas de finalización. Acabando a primeira parte un bo desmarque de Neira ás costas da defensa local acabou cun bo remate deste que acaba Óliver debaixo dos paos.

Xa cando se chegaba o descanso o árbitro pitou un penalti claro a prol dos locais que tirou Roi e parou Brais en dous tempos.

Esa xogada pesou no cadro de Cabrejo e Faus, que aínda saían dominadores tamén na segunda metade. Os de Julio Vila aguantaban pero ían lanzando zarpazos, e á saída dun córner ”EA10” rematou con un pouco de sorte e o balón acababa colándose na portería local.

Os locais intentaron buscar a igualada pero non encontraban o xeito de meterlle man a un serio Ponteceso, que aguantaba as embestidas metido no seu campo, con moita garra. Nos últimos minutos o Camariñas tocou a arrebato pero non foi quen de igualar e os tres puntos volaron cara Ponteceso destino Cabo Vilán cara a ría do Anllóns.

Ponteceso vencendo en Camarinas
O Ponteceso tras vencer ao Camariñas

Corcubión - Cee (3-1)

  • Corcubión: Bruno, Fuentes, Isaac, Ra, Mario, Antón, Dani, Alex, Luís Lojo, Iago Lema e César Lojo. Tamén: Samu Rama, Martín, Samu Trillo, Castreje e Ricardo Barco.
  • Cee: Iván Bouzón, Regueiro, Diouck, Dani Fontaíña, Jose, Carlos, Anxo, Víctor Agulleiro, Sergio, Eze e e Santos. Tamén: Jorge, Jonathan, Noe, Iago e Trini.
  • Goles: 0-1, m.35: en propia tras un rexeite do pau a unha falta que lanza Eze; 1-1, m.42: César Lojo; 2-1, m.60: César Lojo; 3-1, m.95: Martín remacha a pracer un pase de César Lojo.

Derbi con moitos nervios, sobre todo no bando local, durante a primeira metade. Non había moitos achegamentos ata que tras unha falta de Eze que peta no pau e o rexeite é introducido na meta pola defensa local. Pero ao pouco, e co cadro de Ángel e Isi xa máis enchufado, César Lojo consegue empatar á contra cun golazo levando a un defensa e ao porteiro ceense.

Na segunda, o Corcubión seguía facendo moito dano con balóns longos ás costas da defensa dos de Rafa, e pronto Cés, que está tremendo xa con 15 goles no seu haber, facía o segundo. Ese tanto foi un mazazo para un Cee xa tocado, pero aínda así veuse algo arriba, pero o que marcaba o terceiro era o Corcubión nunha contra de novo con César Lojo como protagonista.

Coristanco - Porteño (2-2)

O COristanco con Lucho-Foto-Parker
O Coristanco con Lucho-Foto-Parker
  • Coristanco: Rubén, Chechu, Nico, Prego, Sergio, Dani Vázquez, Jonathan Fraga, Dani Casti, Álex Iglesias Dani Loureiro e Kevin. Tamén Damián, Hugo, Javi Bermúdez, Samuel e Xoel.
11 do Porteno na Rocheira-Foto-Parker
11 do Porteño na Rocheira-Foto-Parker
  • Porteño: Mariolo, Pejo, Rodrigo, Brais Mouzo, Darío, Pablo, Joseba, Alfredo, Yuyo, David, Iván. Tamén: JOel, Cristian, Alan, Nico, Martín.
  • Goles: 0-1, m.19: Pablo a centro de Darío; 1-1, m.21: Kevin nun saque de banda; 2-1, m.29: Jonathan nun córner; 2-2, m.74: Yuyo de penalti.
Coristanco e Porteno na Rocheira-Foto-Parker
Coristanco e Porteño na Rocheira-Foto-Parker

Partido igualado na Rocheira, cun Porteño que intentaba mandar e un Coristanco que facía moito dano con balóns ás costas da defensa. Sería o Porteño que con dous bos disparios de Alfredo crearía perigro ao principio, pero se atopaba cun gran Rubén, un dos mellores do partido, baixo paus.

Aos 20 minutos adiantábase o cadro de Pirucho, pero dous minutos máis Kevin, nun saque de banda longo, empata para os de Iván Vázquez.

O Porteño tiña un par de chegadas de Yuyo e Darío, pero nun saque de esquina o Coristanco facía o segundo. Tería o Coristanco algunha que outra ocasión para poñerse con vantaxe de 2.

Na segunda metade o Coristanco atoparíase máis espeso o que faría que o Porteño dominase e tivera varias ocasións de gol (un par de Alfredo, David, Darío dende fóra, Pejo ao pau), pero se atopaba de novo con Rubén. Está fallando nas áreas o cadro da Ponte, que só puido empatar de penalti. Ao Coristanco anularíanlle un gol por fóra de xogo protestado.

Soneira - Xallas (1-2)

  • Soneira: Pity, Maikol, Iván, Gusa, Pichi, Cachi, Brais, Javi, Bieito, Richi e Vía. Tamén: Oreiro, Sergio, Carlos, Samuel e Adrián.
11 do Xallas en Vimianzo
11 do Xallas en Vimianzo
  • Xallas: Iván Couto, Iván, Ra, Fidi, Asier, Macareno, Yago Facal, Dani Barbeira, Rubén Sande, Rubén Blanco e Sergio Barbeira. Tamén: Joel, Doro, Steven, Adrián Couto e Carro.
  • Goles: 0-1, m.2: Sergio Barbeira; 1-1, m.7: Gusa nun córner; 1-3, m.26: Dani Barbeira.
Soneira e Xallas xuntos contra o cancro
Soneira e Xallas xuntos contra o cancro

Igualadísimo partido en Vimianzo (o campo qu espera xa a necesaria renovación do céspede) no que o Soneira saía dominador ante un Xallas moi agazapado atrás. E o partido se lle metía de cara aos xalleiros, cun gol de Sergio Barbeira nada máis comezar. Pouco durou a vantaxe, cun gol de Gusa de córner. Tras varios minutos de xogo igualado, Dani Barbeira metía de novo en vantaxe aos verdes nunha xogada na que os locais pedían fóra de xogo.

Estirouse o cadro de Josiño Abelenda, con varias ocasións que salvaría un gran Iván Couto.

Na segunda máis do mesmo, co Soneira empurrando e o cadro de Doriño aguantando atrás. Puido Vía empatar o encontro nun lanzamiento de penalti pero un paradón de Couto evitou o gol na segunda parte.

Soneira-Xallas Foto Campana 2
Iván Couto, un dos protagonista do partido. Foto: Campaña

 

Máis info

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL

Comentarios